Luns. 29.04.2024
El tiempo

2ª Galicia: Os 4 primeiros fan fenda

Porteno-Muxia na Grixa.Foto-Parker
Imaxe do Porteño-Muxóa na Grixa.Foto-Parker
2ª Galicia: Os 4 primeiros fan fenda

Cuádruple enfrontamento directo entre os 8 de arriba vivía esta xornada 16 da Liga da Costa. E a cousa estivo ben interesante. Ao que mellor lle veu foi ao Castriz, que superaba gracias á súa pegada a un gran Outes, e aproveitou o empate entre Porteño e Muxía para quedar con 3 puntos de vantaxe.
O Mazaricos venceu ao Camariñas e se coloca 3º a 1 punto do Muxía e cun punto de vantaxe sobre o Porteño.

Rómpese agora a táboa aí nesa 4ª praza, xa que o Corme, despois do partidazo de tolos acontecido no derbi pontecesán, fica 5 puntos por debaixo do cadro da Ponte.

Por debaixo, a meirande nova foi a segunda vitoria do Volantes, desta volta ademais ante un rival directo como o Cee, e xa caza a un Baíñas que sucumbiu no duelo ante o Camelle. Muros sumou un puntiño pero Monte Louro caeu ante un Cabana que respira profundamente tras esta importante vitoria.

Mazaricos - Camariñas (5-2)

  • Mazaricos: Ángel, Raúl Chumiko, Fran Pose, Luís Mayán, David, Ricardo, Brais, Marcos, Rachón, Molinos e Kevin. Tamén: Sanchiño, Raúl Castelo e Iago.
  • Camariñas: Jorge, Brais, Oliver, Caamaño, Pablo Suárez, David (Manuel), Carlos (Julián), Hugo (Víctor), Moriño, Roi e Mario.
  • Goles: 1-0, m.31: Fran Pose remata unha falta lateral; 2-0, m.43: Rachón de chilena,; 3-0, m.47: Kevin; 3-1, m.55: Roi dende fóra da área; 3-2, m.73: Roi aproveita o rexeite tras unha xogada de Mario; 4-2, m.85: Raú Chumiko de falta lateral directa; 5-2, m.86: Rachón.

Empezou o partido dominando o Mazaricos, e tendo algunha xogada de perigo, ante un Camariñas ao que lle custaba moito saír. Ese dominio traduciuse nun tanto de Pose a unha falta lateral. Tivo tamén unha Kevin a pase de Marquiños, antes de que Rachón fixese o 2-0 cun golado de chilena.

Arrrincaba a segunda co terceiro de Kevin para os de Marcos, e cando o partido parecía que estaba sentenciado, o Camariñas metíase de cheo no partido con dous tantos de Roi. Eran os mellores momentos do cadro de Cabrejo e Faus, que pediron un penaltir por mans tras unha xogada de Mario. Un Mario que se lesionaba a falta de 15 minutos, e cos cambios feitos o equipo quedaba con 10 no enorme campo do Pino do Val, o que aproveitaba o cadro local para sentenciar.

Así foi o primeiro:

Outes - Castriz (1-2)

  • Outes: Dani; Jura, Babu, Martín, Estefan (Adrián), Iván (Aarón Insua); Veleiro, Ryan, Pablo, Keko e Aarón Gómez (Yago Dosil).
  • Castriz: David Gerpe, Fabián, Elvis, Jairo, Anxo, Alberto Mata, Iván Facal, Adrián García, Sebas, Noli, Iván Pastoriza. Tamén: Coke, Álvaro Pose e Martín.
  • Goles: 0-1, m.2: Noli tras un córner; 0-2, m.51: Elvis nun córner de Iván Facal; 1-2, m.53: Veleiro nun córner coa axuda do meta.

Partido igualadísimo no Cunchido, cun gran Outes ante un Castriz que volvía da crúa derrota da Grixa. Un bo arranque do Castriz permiteulle coller vantaxe no marcador moi axiña a través dun rexeite tras executar un córner. O gol despistou aos locais, que tardaron en coller o pulso do encontro. pero a partir do cuarto de hora competiron moi ben, quitáronlle o balón a todo un Castriz e puideron igualar o partido. Había ocasións nas dúas áreas pero os porteiros eran protagonistas.

O comezo da segunda foi un calco do inicio do encontro. Un córner nada mais arrincar permite ampliar a vantaxe o cadro visitante. Pero moi pronto, tamén nun saque de curruncho, recurtaba o Outes e a cousa volvía poñerse quente. O Outes estirouse, deixando espazos para que o cadro de Miguel Chouza puidese sentenciar á contra. Pero non o fixo e nos últimos 10 minutos tocoulle sufrir, cos balóns colgados á área do cadro local.
A pegada xalleira foi chave.

Camelle - Baíñas (1-0)

  • Camelle: David C.; Martín, Ruso, Dido, Makareno; Pablo (Ángel), Estiben, Chans, David V., Gabi (Pastelero) e Adrián (Mariño).
  • Baíñas: Joel, Raúl, Maikol, Dylan, Héctor, Carlos, Fabián, Edu, Adrián, Cristian e Ruli. Tamén: Manuel, Pedro e Rodrigo.
  • Gol: 1-0, m.50: Makareno.

Partido condicionado polo aire e polo estado do fermoso campo do Rodeiro. Os xogadores visitantes sempre deron a cara a pesar de non estar acostumados a estas lindes, mentres que o Camelle salvou unha “bola de partido” e superou a un rival directo.

Foi unha parte para cada un, coincidindo co vento. O Baíñas dominaba na primeira, empurrando pero sen grandes ocasións. O Camelle buscaba algunha contra, pero sen perigo claro.

Na segunda, o choque comezaba co tanto de Makareno, cun centro chut que se cola pola indecisión entre a defensa e o porteiro. O Baíñas apretou máis a partir de aí, pero non chegou a ter ocasions claras, ademais de un remate de córner que se vai alto.

Se cadra un empate tería sido máis xusto, pero o cadro vimiancés suma a 8ª derrota pola mímina da temporada.

Porteño - Muxía (2-2)

11 do Porteno na Grixa-Foto-Parker

  • Porteño: José, Nico, Pejo, Brais, Rodrigo, Mayor (Miguel), Saviola (Nico), Pablo, Joseba (Vicente), Darío e Alan (Jairo).

11 do Malpica na Grixa-Foto-Parker

  • Muxía: Domingo, Anxo, Michael, Gusa, Congui, Iago Muíño, Mauro, Julián, Isma Márquez, Fran Moreira e Manu Nogueira. Tamén: Ángel, Mateo, Víctor Alcaina, Mario, e Darío.
  • Goles: 1-0, m.61: Alan; 1-1, m.81: Manu Nogueira; 1-2, m.85: Manu Nogueira; 2-2, m.90: en propia.

 Porteno-Muxia na Grixa.Foto-Parker 3

Porteño e Muxía fixeron un gran partido entre dous equipos que queren disputar a liga, se as baixas nos respectan, os dous equipos deberían estar aí arriba ata o final. Foi un empate que seguiu o mesmo guión que na primeira volta. O Porteño dominaba algo máis na primeira metade, pero o choque quedou marcado por unha fea tangana entre xogadores antes do descanso, na que o Porteño quedaba con 10 pola expulsión de Pejo. “A min doume vergonza. Non sei como en pleno 2024 pasan estas cousas nun partido de fútbol”, lamenta Cousillas, un tocado adestrador da Ponte.

A partir de aí o equipo local armouse ben atrás, con Alan só arriba, e nunha contra Alan marcou. Tivo unha máis pouco despois pero saíu lambendo o pau. O Muxía foi apretando e as forzas dos locais ían baixando. Cando faltaban 10 minutos Manu Nogueira marcaba e de contado facía o segundo, pero o Porteño agarrouse ao partido, e na última xogada, centro Jose un balón e un defensa colouse o balón na súa meta.

Corme - Ponteceso (5-4)

11 do Corme no derbi do Cairo-Foto-Fin Lema
11 do Corme no derbi do Cairo-Foto-Fin Lema
  • Corme: Adrián, Brais Pailos, Martín, Laik, Eloy Villar, Miguel, Borja Torrado, Rubén, Yago, Lucas e Isra. Tamén: Quique, Noel, Hugo, Teo e Dani Reixía.
11 do Ponteceso SD np Cairo-Foto-Fin Lema
11 do Ponteceso SD no Cairo-Foto-Fin Lema
  • Ponteceso: Samuel, Eloy Trigo, Iván Rod., David Castro, Pedro, Sergio, Luca, Alberto Recarey, Eloy Álvarez, Martín Puente e Neira. Tamén: Álvaro, Ures, Jose, Raúl e Ángel.
  • Goles: 1-0, m.10: Eloy; 1-1, m.15: Eloy Álvarez; 2-1, m.29: en propia; 2-2, m.33: Martín Puente de penalti; 3-2, m.34: Isra; 4-2, m.43: Brais Pailos; 5-2, m.44: Hugo; 5-3, m.58: Ángel de penalti; 5-4, m.87: Eloy Álvarez.
Laik con Alberto Recarei-Foto-Fin Lema
Laik cubrindo a Alberto Recarei-Foto-Fin Lema

Derbi de tolos o visto no Cairo, co vento, e os goles, como grandes protagonistas, nun choque no se palpou o relevo xeracional que viven este ano os dous clubs. Moita brega e pouco fútbol, que comezaba cun tanto dos locais nunha acción na que Samuel poido facer máis nun desprazamento directo cara a sua portería que peinou a defensa e el non foi quen de enviar fóra.
Reaccionou ben o Ponteceso establecendo o empate por medio de Eloy Álvarez ao pouco tempo. O partido transcurría con un Corme en campo contrarío que non daba un respiro ao Ponteceso co aire en contra.
Volvéronse a adiantar os locais e volveron a empatar os da Ponte por medio dun penalti.
Os últimos 15 minutos da primeira parte foron definitivos no transcurso do partido con tres goles locais que deixaron tocados os visitantes.

Pero quedaba unha segunda parte na que o Ponteceso intentaria facer o mesmo co Corme na primeira parte e abofé que case o consigue. Reduciu distancias nada máis saír do descanso e puxo cerco ña meta local con oportunidades, tiros o pao e outro gol que ponhia o 5-4 no marcador pero que non lle alcanzaba para un empate.

Cabana - Monte Louro (3-0)

  • Cabana: Roberto, Mario, Miguel, David, Diego Méndez, Micky Pose, Simón, Ferreiro, Aarón Casas e Manuel Romero. Tamén: Nantón, Roi, Pablo Pose, Iván Rey e Christian.
  • Monte Louro: Pedro, Pablo, Oscar, Chouza, Rodri, Yerai, Raúl, Chano, Javi, Álvaro e Verán. Tamén: Luismo, Íker, Fabio, David Lestón e Pardelo.
  • Goles: 1-0, m.8: Miguel; 2-0, m.63: Manuel Romero; 3-0, m.88 Christian.

Primeira metade moi frouxa do Monte Louro, superados en todo momento polo Cabana en intesidade ritmo, pero só acertou nunha ocasión de Miguel. Na segunda melloraron os loureáns, sobre todo cos cambios. Íker tivo o empate en varias ocasións, e os visitantes mandaron varios balóns á madeira. Pero era Manuel Romero o que facía o segundo, pegando un duro pau ás aspiracións dos de Bibi, e sumando unha vitoria importantísima para escapar da zona de perigo.

Volantes - Cee (3-2)

  • Volantes: Barreiro, Manu Teijo, Andrew, Oladapo, Antonio Rama, Adrián Abeijón, Manu García, Pesco, Kevin Rajoy, Carajillo e Manu de Yi. Tamén: Cerbán, Fran Rama, Ángel, Javi Romero e Borja.
  • Cee: Yago Pazos, Jonhi, Iago, Jose, Bujeiro, Anxo, Gabri, Bruno, Eze, Adam e Isma. Tamén: Isaías, Borja, Noe e Enrique.
  • Goles: 0-1, m.10: Eze dende fóra da área; 0-2, m.17: Bruno define no man a man; 1-2, m.32: Adri Abeijón; 2-2, m.66: Pesco; 3-2, m.71: Carajillo.

Equipo renovadísimo o Volantes de Gus (que onte non tiña porteiro…) que suma a súa segunda vitoria consecutiva, segunda en toda a tempada, e sae do pozo. E volveu ser Carajillo, no seu segundo partido, o que meteu o gol da vitoria!

Así e todo empezaba ben o Cee, tendo o balón e colocándose antes do minuto 20 con 0-2 gracias aos tantos dos “zipizape fisterráns. Pero aí o o Volantes deu un paso adiante, pasou a dominar o choque e comezou a crear perigo, ante un Cee indefenso. Só Yago mantiña ao Cee por diante, pero o Volantes recurtaba antes do descanso.

Na segunda, a presión alta dos locais maniatou aos visitantes, e soubo superar liñas o cadro de Gus para darlle a volta ao marcador por medio de Pesco, e de novo, de Carajillo, que suma dous goles, de vitoria, en dous partidos co cadro laranxa.

Coristanco - Muros (3-3)

  • Coristanco: Rubén, Jonathan Fraga, Belar, Sergio Lorenzo, Loureiro, Dani Vázauez, Regueira, Erre, Damián e Casti. Tamén: David LP, Kevin, Álvaro, Alex e Randy.
  • Muros: Álvaro, Martin, Samuel, Quin, Pelos, Gesto, Xaco, Alon, Kiko, Xavi, Jesús. Tamén: Flavio, Tajes, Alex, Santi e Carnota.
  • Goles: 1-0, m.2: Dani Vázquez; 1-1, m.44: Jesús; 2-1, m.46: Jonathan Fraga; 2-1, m.83: Gesto; 2-3, m.86: Xaco; 3-3, m.88: David LP.

Partido igualado na Rocheira cun Muros que pareceu cambiar a súa mala dinámica e saíu cunha actitude e intesidade necesaria. Así e todo comezaba pegando o cadro de Cali, coa axuda do porteiro celeste. Pero o Muros non se decaeu, aguantou ben as embestidas locais e ao fío do descanso conseguía empatar, nunha boa xogada e gol de Jesús.

Arrincaba a segunda co mesmo guión e o Coristanco marcaba practicamente na primeira xogada. Estirouse o Muros e conseguía darlle a volta ao marcador case que co tempo cumplido. No longo desconto, o Coristanco envorcado conseguía empatar nun saque de banda longo.

 

CRÓNICAS DA 2ª GALICIA

MÁIS INFO

Comentarios