Luns. 29.04.2024
El tiempo

2ª Galicia: O Muxía calma a euforia do Mazaricos e o Castriz pecha o ano como campión de inverno

Muxia-Mazaricos en Arlina-Foto-Jose Campana 1
Muxiía-Mazaricos en Arliña-Foto-Jose Campaña
2ª Galicia: O Muxía calma a euforia do Mazaricos e o Castriz pecha o ano como campión de inverno

Rematou o ano, queda unha xornada para o remate da primeira volta, e o fixo con Castriz e Muxía como grandes protagonistas. O cadro xalleiro, despois de sufrir a primeira derrota do curso en Mazaricos a semana pasada, repúxose cunha goleada a todo un Corme (5º) asegurando así o campionato de inverno.

O choque da xornada dábase en Arliña, coa segunda praza en xogo, e foi o Muxía o que venceu ao cadro amarelo, sumando a súa 6ª vitoria seguida e rematando o ano na 2ª praza. 3º é o Porteño, que non fallou en Muros, e que se confirmou como a gran revelación desta primeira parte da temporada nun ano histórico para eles.

Por abaixo, novas derrotas dos 3 de abaixo, destacando a vitoria do Cee en Vimianzo ante o Baíñas, que lle permite aos ceenses respirar tras un comezo de curso complicado.

Monte Louro - Coristanco (1-1)

  • Monte Louro: Pedro, Pablo, Mnaolo Chouza, Rodri, Óscar Fari, Chano, David Pais, Álvaro, Miguel Verán, Íker e Raúl. Tamén: Luismi, Antón, Pardelo, e Javi e Iago.
  • Coristanco: Rubén, Joni, Kevin, Belar, Regueira, Lorenzo, Dani, Erre, Casti, Raúl e Adrián Pazos. Tamén: Alex, Rodri, Loureiro e Ángel.
  • Goles: 1-0, m.3: Raúl; 1-1, m.32: Joni de penalti.

Monte Louro-Coristanco-Foto-Edu Olveira

Puntiño que sabe a pouco por Louro, tras un bo partido ante un serio Coristanco, que tivo problemas en ataque, e que non inquedou demasiado a Pedro. Si que tivo fases de dominio o cadro de Cali, pero os loureáns estiveron máis incisivos vara gol, cun tiro ao longueiro de Luismi, e algunha interanada Miguel Verán e Álvaro Fari. Abriu o eterno Raúl o choque, pero á media hora empataba o Coristanco. Na segunda, pouco fútbol.

Monte Louro-Coristanco-Foto-Edu Olveira 2
Monte Louro-Coristanco-Foto-Edu Olveira

Cabana - Outes (3-3)

  • Cabana: Roberto, Roi, Mario, Miguel, David Rey, Nando, Miky Pose, Aarón, Simón e Raul Corzón. Tamén: Manu Nantón, Diego, Pablo Pose, Iván rey e Christian.
  • Outes: Dani, Abraham (Nico), Chía, Martín, Estefan (Marcos), Babu, Adrián (Ramiro), Ryan, Iván (Mangelo), Pablo e Yago Dosil (Óscar).
  • Goles: 0-1, m.13: Pablo; 1-1, m.49: Miguel; 2-1, m.67: Ferreiro; 2-2, m.70: Iván; 2-3, m.71: Chía; 3-3, m.72: Simón.

Partido igualado, con alternativas no xogo e no marcador, no que o Cabana estivo case sempre un paso por diante. Así e tdoo o comezo do partido foi do cadro de Alex Romero, que conseguía superar a liña defensiva do Cabana e adiantarse no marcador, e mesmo algunha opción de ampliar a renda. Pero o cadro local foi medrando, e comezaba a dominar, facendo méritos para ter empatado antes do descanso, pero se atopaba unha e outra vez co meta Dani, un dos mellores neste treito final de ano.

No comezo da segunda o Cabana empurraba e o Outes non podía parar as embestidas, empatabdo por medio de Miguel e meténdose por diante da man de Ferreiro. Pero aí, os da Serra responderon a cada golpe e en dous zarpazos dábanlle de novo a volta ao marcador cos tantos de Iván e Chía. Pero a alegría pouco durou poos Simón empataba de novo un choque tolo.

Muxía - Mazaricos (3-1)

  • Muxía: Domingo, Anxo, Michael Vilela, Manu Martínez, Darío, Mauro, Isma Márquez, Iago Muíño, Julián, Manu Nogueira e Fran Moreira. Tamén: Ángel, Mateo, Víctor Alcaina, Mario, e Xan Nogueira.
  • Mazaricos: Ángel, Raúl, Carreira, Fran Pose, Luís Mayán, Pereiro, David, Marcos, Rachón, Kevin e Molinos. Tamén: Ricardo, Iago, Rodri e Diego Maneiro.
  • Goles: 0-1, m.11: Rachón; 1-1, m.19: Fran Moreira; 2-1, m.44: Manu Nogueira; 3-1, m.54: Manu Nogueira.
Muxia-Mazaricos en Arlina-Foto-Jose Campana hor
Foto-Jose Campaña

Fermoso partido vivido en Arliña entre dous dos mellores equipos da Liga da Costa. O Muxía de Nando e Fran estivo un pouco máis intenso dun Mazaricos ao que lle faltaban pezas tan importantes como Borja, Brais ou Sandelo. Así e todo, non saían mal os de Marcos, que se adiantaban con Rachón, a pesar de non estar finos co balón. De feito, a presión alta do Muxía incomodaba a un Mazaricos que non saía ben co balón.
A raíz dunha falta colgada dende o medio campo, tras varios rexeites, Fran Moreira cola o empate. De aí ao final da primeira, o partido puido caer para os dous lados, tendo unha o cadro amarelo á que responde Marcos cunha gran doble parada Domingo.

A clave chega a un minuto do descanso, nunha saída de balón na se lía a defensa amarela e Manu Nogueira rouba e marca.

Ao comezo da segunda, Manu fai o terceiro (protestaron os amarelos posible fóra de xogo) e aí o partido ponse de cara para os locais. Si que tiveron un bo tiro de Raúl os visitantes, pero ao final, vitoria dos muxiáns.

Muxia-Mazaricos en Arlina-Foto-Jose Campana
Foto-Jose Campaña

Ponteceso - Camelle (6-0)

  • Ponteceso: Samuel, Ures, Cotelo, Eloy Trigo, Juan Rey, Iván Rod., Alberto Recarey, Raúl, Luca, Pedro e Neira. Tamén: Álvaro, Eloy Álvarez, Suárez, David Castro e Ángel.
  • Camelle: Dido; Martín, Ruso, Makareno, Pablo; Estiben, Chans, Crejo, Chori (Pastelero), Ángel (Mariño) e Óscar.
  • Goles: 1-0, m.4: Neira; 2-0, m.15: Neira; 3-0, m.25: Luca; 4-0, m.65: Eloy Álvarez; 5-0, m.72: Eloy Álvarez; 6-0,m .78: Eloy Álvarez.

Partido con pouca historia. Un Ponteceso con unha boa racha desfíxose do Camelle pola vía rápida, ante un Camelle que volvía estar con moitas baixas, e sen porteiros (que non puideron acodir por motivos laborais). Empezou moi forte o cadro de Julio Vila, que aos 15 minutos xa marcaba por dúas veces por medio de Neira. Pouco despois Luca deixaba o choque sentenciado, para cando o Camelle íase situando no partido.
A segunda, con máis gañas, os camelláns tiveron ata algunha ocasión, pero a boa nova chegaba tamén de bando local, que recuperaba a Eloy Álvarez, que levaba tempo lesionado, e voltou facendo un triplete.

Baíñas - Cee (3-4)

  • Baíñas: Maikel, Raúl, Rodrigo, Manuel, Héctor, Charlie, Adrián, Dylan, Cristian, Kevin e Fabián. Tamen xogharon Ruli, Santi e Marcos.
  • Cee: Yago Pazos, Oreiro, Irago Trillo, Jose, Bujeiro, Anxo, Isma, Pazos, Jose Fraga, Eze e Bruno. Tamén: Isaías, Carlos Suárez, Jonathan e Carlos Trinidad.
  • Goles: 1-0, m.44: Ruli; 1-1, m.53: Bruno; 1-2, m.58: Eze; 2-2, m.73: Héctor; 3-2, m.78: Dylan; 3-3, m.86: Iago Trillo; 3-4, m.92: Bruno.

Partido tolo vivido en Vimianzo, entre dous equipos moi necesitados, que se puido decantar de calquera lado e que levou o que mellor sorte leva tendo nas últimas xornadas. Primeira metade tensa, cun Baíñas máis incisivo, levando o control territorial, e impedindo que o Cee combinase. Antes do descanso Ruli, que saltara ao campo por Kevin, abria o marcador para os de Roski.

No comezo da segunda aparecía a parella diabólica do Cee: Bruno empataba tras un córner botado por Pazos e apenas 5 minutos despois Eze marcaba de falta. Pero o Baíñas repúñase e tamén en 5 minutos lle daba a volta ao marcador cun golazo de Héctor e unha falta de Dyylan que contou coa colaboración do meta ceense. Quedaban 10 minutos pero moito por xogar, nos que o Cee, case que á desesperada, foi quen de darlle a volta o resultado e conseguiu levar os tres puntos, cun tanto de Iago Trillo tras un córner botado por Eze e un gol xa no desconto entre Bruyno e a defensa local tras varios rexeites.

Escapa o Cee da zona de descenso directo, da que non sae o equipo de Roski a pesar do esforzo tremendo do cadro vimiancés, que espera cambiar a dinámica no comezo de ano, conscientes de que 6-8 puntos máis merecían levar neste 2023.

Camariñas - Volantes (5-3)

  • Camariñas: Pablo, Carlos, Caamaño (Manuel), Oliver, Pablo Suárez, David (Brais), Moriño, Julián (Hugo), Nazo, Mario e Djibril.
  • Volantes: Álex de Yi, Cerbán, Fran Rama, Ángel, Manu Teijo, Antonio Rama, Manu de Yi, Javi Romero, Kevin Rajoy Pesco e Borja. Tamén: Anxo Gómez, Bruno, Anxo Caamaño e Manu García.
  • Goles: 1-0, m.12: Djibril de penalti; 1-1, m.18: Pesco de gol olímpico; 2-1, m.24: Djibril a pase de Mario; 3-1, m.31: Djibril; 4-1, m.42: Djibril; 4-2, m.63: Kevin Rajoy de falta dende o medio campo; 4-3, m.81: Manu de Yi; 5-3, m.85: Mario.

Partido vibrante no Hermanas Patiño que demostra a melloría do Volantes neste treito final da temporada, e o potencial ofensivo dos camariñáns. Comezaron os de Gus máis incisivos, con dúas chegadas de Borja e Manu de Yi. Pero un penalti permitía a Djbril abrir o marcador. Empataba Pesco o choque cun dos seus destellos de calidade nun córner directo. Pero pouco durou no bando laranxa, porque aparecía o vendabal camariñán con 3 tantos de Djibril, que facía diabluras con Mario de compañeiro de fazañas.

Deu un paso adiante o Volantes no comezo da segunda, chegando máis á portería local, pero deixando tamén algúns espazos para contratacar, cun Pablo entrando ben por banda. Pero non sentenciou e o cadro de Gus conseguía meterse de cheo no partido con outro golazo de Kevin Rajoy dende o medio campo, e o terceiro de Manu de Yi. Entrou o nerviosismo na bancada do Vicente Carril, pero non nas botas de Mario, que recibçia dentro da área, desfacíase do seu par e marcaba de tiro cruzado para darlle tranquilidade, e os 3 puntos, ao seu equipo.

Muros - Porteño (1-2)

  • Muros: Xandre; Dubert, Pelos, Samu, Juanchi; Gesto, Javi Pugil, Jesus da Meca, Xavi, Alonso e Sani Jurjo. Tamén xogaron: Edu Pachanga, Peski, Kin Fénix e Fran Chuvasco.
  • Porteño: José, Pejo, Brais, Pablo, Rodri, Saviola (Manoliño), Joseba (Miguel), Nico, Alan, Darío, Chipi (Jairo).
  • Goles: 0-1, m.69: Darío; 1-1, m.75 Edu Pachanga nunha falta; 1-2, m.90: Jairo tras varios rexeites, a porta baleira dende fóra da área.
Muros-Porteno-Foto-Tino
Muros-Porteño-Foto-Tino

Partido moi aberto en todo momento, de bastante xogo directo, onde o Porteño tiña máis a bola pero os 2 equipos chegaban con perigo. Pero tiñan a poóvora mollada os dianteiros dos dous conxuntos, e mandaban as defensas.

Na segunda foi mellor o Muros que gozou de boas ocasións, sobre todo en 2 testarazos de Samu á saída de córner que sacan os defensas de baixo da liña de gol. Precipitábase o Porteño, ao que lle entraban as presas, pero era Darío o que abría o marcador. Aí, a lesión de Xandre obrigaba a Fran Chuvasco, xogador de campo, meterse baixo paus, pero aínda así o cadro de Ángel non se rendía e respondía co empate ao saque dunha falta. Co Muros intentando levar a victoria, unha contra casi no minuto final serviríalle ao Porteño para facer o segundo e levar os puntos do Eleuterio.

Con 29 puntos pecha este ano histórico o Porteño nesta volta á Liga da Costa. Cousillas, que agora xa non mira sós os 36 puntos da permanencia senón que buscará quedar o máis arriba posible. Ademais quere agradecer publicamente ao Laxe que lle deixa medio campo ao Porteño, mentres resembra o campo da Grixa.

Castriz - Corme (4-0)

  • Castriz: David Gerpe, Fabián, Elvis, Samuel, Piñeiro, Jairo, Iván Facal, Adrián García, Senas, Noli, Pastoriza. Tamén; Rodo e Álvaro.
  • Corme: Adrián, Brais Pailos, Aitor, Borja Torrado, Eloy Villar, Dani Reigía, Mauro, Hugo Paredes, Martín, Lucas e Isra. Tamén: Quique, Yago, Miguel, Noel e Laik.
  • Goles: 1-0, m.29: Sebas tras un córner; 2-0, m.38: Sebas tras unha deixada de Noli; 3-0, m.55: Noli de vaselina; 4-0, m.66: Adrián García cun golazo dende fóra da área.

Recuperou a esencia o Castriz tras dous choques regulares como Seaia na Copa e o do Mazaricos. Volveron xogar os de Miguel Chouza con presión alta, moita intensidade, moita verticalidade… e se viu no campo, sendo superiores a un Corme que fixo un mal partido en San Pedro. Si que tiveron un par de tiros lonxanos aos que respondíu moi ben David, pero o Castriz xogou, e goleou, demostrando ser o mellor equipo da primeira volta.

Castriz pecha 2023 como lider da Liga da Costa
Castriz pecha 2023 como lider da Liga da Costa

CRÓNICAS DA 2ª GALICIA

MÁIS INFO

Comentarios