Domingo. 28.04.2024
El tiempo

3ª Galicia: O Soneira pega na mesa

11 do Soneira 2024
O Soneira fixo valer a súa pegada ante o Sofán B
3ª Galicia: O Soneira pega na mesa

Puxo o Soneira o pé enriba da mesa endosando a primeira derrota do curso ao Sofán B, quedando a só 2 puntos dos carballeses e deixando ao Xallas como único equipo de todo o Fútbol da Costa sénior invicto, xunto co Corme da Liga da Costa feminina.

A sorpresa da xornada chegou en Pedra Queimada onde o Seaia venceu o derbi ante o Malpica no que foi o debuto de Dani Calvete no banco do Seaia trala marcha de Moscoso.

A loita pola promoción segue moi aberta con ata 10 equipos en apenas 9 puntos para loitar pola 6ª praza.

Ameixenda - Xallas (1-9)

  • Ameixenda: Pikita , Maldonado, Rois (Santi), Christensen, Evaristo, Juan Lagoa, Barreiro, Álex, Óscar, Dani (Xesús) e David.
  • Xallas: Couto, Michu (Nando), Juli, García, Chasqui (Picallo), Couto, Doro (Roi); Manu Cuns (Peke), Sande, Rubén Forján (Rabelo) e Rubén Blanco.
  • Goles: 0-1, m.7: Rubén Forján; 0-2, m.12: Rubén Blanco; 0-3, m.19: Rubén Forján; 0-4, m.35: Rubén Forján; 1-4, m.55: Óscar; 1-5, m.59: Doro; 1-6, m.60: Rubén Blanco; 1-7, m.65: Nando a centro de Peke; 1-8, m.67: Rubén Sande; 1-9, m.75: Rabelo.
WhatsApp Image 2024-01-21 at 20.27.16
O capi do Ameixenda Juan Lagoa e o capi do Xallas Doro, con Rai Reborido

O marcador xa di todo. Gran superioridade do Xallas que xa encarrilou o partido aos 7 minutos. Sen moitas dificultades marcou tres máis para chegar ao descanso con 0-4 no marcador. No segundo tempo o Ameixenda empezou defendendo mellor e saindo ben a contra, e así chegaba o golazo de volea de Óscar dende fora da área. Éste gol fixo reaccionar ao Xallas ata chegar ao 1-9 definitivo.

Soneira - Sofán B (2-0)

  • Soneira: Martín, Javi, Ángel Senra, Lavandeira, Adrián Sendón, Brais Pereira, Iago, Alberto Mouzo, Richi, Vía e Basti. Tamén: Dani Costa, Lemus, Pereira, Fernando de Vera e David.
  • Sofán B: Mario, Iván Fdez., Manu Cancela, Pablo Sabucedo, Borja Viaño, Alex Iglesias, Roi Canedo, Nacho Eirís, Rubén Ceide, Villajos, Adrián Vázquez. Tamén: Pablo Pose, Lucas, Eloy Cabeza, Dani Calvete e Brais Calvo.
  • Goles: 1-0, m.10: Richi; 2-0, m.37: Vía.

Tal vez o partido máis completo do Soneira no que vai de liga sobre todo na faceta defensiva. Saíron con dúas marchas máis e da man dos 4 de arriba, Iago, Vía, Basti e Richi foron un vendabal. A presión soneirá provocaban erros da defensa carballesa; pronto marcaba Richi e Vía facía o segundo antes do descanso.

No comenzo da Segunda parte un Sofán que no se ia rendir tan fácil comenzou a colgar balóns sobre a área do Soneira pero a defensa moi sería evitou cualquier sorpresa. Os primeiros 20 minutos deste segundo tempo foron un continuo alubión de balóns colgados tanto a balón parado, como con saques de banda moi longos sobre a área ou golpeos directos. A partir de aí o balón volveu ser dos de Vimianzo quen dispusieron de varias oportunidades claras nos pés de Iago e David, pero o marcador non se movería partido moi completo do equipo local sobre todo a nivel defensivo e de concentración en todo momento.

Laxe - Corcubión (1-3)

  • Laxe: Diego, Guzmán, Eloy Liñarez, Sergio, Pedro, Roi Santos, Samuel, Rbén, Bieito, Íker e Carrabete. Tamén: Manu e Eliseo.
  • Corcubión: Mario, Isaac, Díaz, Rama, Samuel, Antu, Borjita, Alan, Jon, César Lojo e Iago Lema.. Tamén: Gorka, Asier, Iván e Íker.
  • Goles: 0-1, m.4: Iago Lema a pase e Rama; 1-1, m.67: Carrabete; 1-2, m.70: Iago Lema; 1-3, m.88: César Lojo.

17 e 16 goles levan César e Iago Lema (faltan na táboa federativa por sumarlle os tantos asinados no choque ante o Soneira, aínda sen actualizar) xa esta campaña para este Corcubión xa afianzado na zona de promoción e alonxando ao Laxe da posibilidade de colarse entre os 6 primeiros. O cadro corcubionés non sufriu o vento, e dedicouse a aproveitar os erros provocados por Eolo. Adiantouse moi pronto o equipo de Nito, que tivo varias ocasións gracias a un César Lojo moi incisivo. Tamén o Laxe puido empatar na primeira pero non estiveron acertados.
Na segunda, nunha falta lateral dende o banco laxense, puxérono no fondo e Carrabete facía un bo gol de cabeza. Pero de contado o capi Iago Lema facía un gol de falta dende a frontal. Comezou a bombardear o Laxe pero aguantou como puido a defensa do cadro visitante, que sentenciou contra o final por medio de César Lojo.

Malpica - Seaia (0-2)

11 do Malpica en Pedra Queimada
11 do Malpica en Pedra Queimada
  • Malpica: Lamas, Periscal, Eloy, García, Jorge Parga, Lou, Aday ,Cristian, Moussa, Alberto Hombre e Ibra. Tamen: Gaby, Lucomi.
11 do Seaia en Pedra Queimada
11 do Seaia en Pedra Queimada
  • Seaia: Senén, Baston, Carrumba, Atu, Martín, Dimaga, Mario, Mara, Camilo, Luis e Charro. Tamén: Anxo, Juni, Joel, Sergio e Samu.
  • Goles: 0-1, m.37: Charro; 0-2, m.90: Luís.

Merecida vitoria do Sporting Seaia no partido disputado na Pedra Queimada ante unha gran afluencia de publico. O Malpica, algo mermado polas baixas de Fran, Villar, Paco, Chicha e Rafael Hombre, saía dominador, pero sen demasiada profundidade. Charro marcaba pero o colexiado pitáballe unha man previa, e na outra área Ibra facía o propio pero tamén anulado por fóra de xogo. Eran minutos de constantes faltas e sen dominador claro. O Seaia, malia estar algo precipitado con balón, metíase por diante cun gol de Charro que definiou con tranquilidade despois dun bo regate.

Na segunda parte saíu mais enchufado o Malpica que intentaba continuamente buscar a Ibra, que tivo unha moi clara rematando por encima da porteria un centro lateral. 5 cornes en pouco tempo presaxiaban o empate local que tivo ocasións como un balón ao longueiro de Aday ou un man a man de Aberto Hombre. Pero os visitantes eran fortes defensivamente, e unha falta rigurosa cerca da área visitante, cáelle o rexeite a Luís que conduce 70 metros regatea a Lamas e marca o gol da sentenza xa co tempo cumplido.

Lira - Oza (1-1)

  • Lira: Roberto Amoedo, Cesar, Cartamil, Rui, Pablo Leus, Juan, Christian, Ángel Sestayo, Miguel, Ángel Golpes, Oli. Tamén: Alexis, Aron e Ramón.
  • Oza: Brais, Alberto, Diego, Casais, Iago Rodríguez, Alex Freire, Lavandeira, Pace (Aron), Nacho, Hugo Fraga e Edu (Abib).
  • Goles: 0-1, m.20: Hugo Fraga; 1-1, m.67: Pablo Leis.

Xusto empate o vivido en Lombáns. O Lira chegaba con moitas baixas e o propio Robero Amoedo en portería. Tivo tres boas ocasións ao comezo o Lira, dúas de Pablo e unha de Juan que saca a defensa baixo paus, pero era o Oza o que se adiantaba cun bo gol de Hugo tras unha indecisión entre Cartamil e Rui. Reaccionou o Lira pero non tivo acerto. Ao pouco de empezar a segunda parte o Lira conseguia o empate tras un bo córner, e pasaban os minutos con moita igualdade e poucas ocasións. Apenas Alexinhos tivo unha para os locais.

Zas - Pereiriña (4-2)

11 do Zas con Peke-Foto-Noe
11 do Zas con Peke-Foto-Noe Touriñán
  • Zas: Pereiras, Anxo, Eloy Moreira, Adrián Rama, Rubén Forján, Brais, Andrés, Álvaro, Javi Suárez, Iván. Tamén: Ronny, Darío, Pablo Fuentes e Rodri.
11 do Pereirina en San Andres-FotoNoe
11 do Pereiriña en San Andrés-Foto: Noe
  • Pereiriña: Isma, Eloy, Christian, Ozón, Fabián Agulleiro, David, Isma Graíño, Saulo, Estebo, Martín e Charli. Tamén: Xacobe, e Rodri.
  • Goles: 0-1, m.6: Martín; 1-1, m.37: Iván Caamaño; 2-1, m.41: Javi Suárez de penalti cometido sobre Andrés; 3-1, m.73: Iván Caamaño; 3-2, m.85: Martín; 4-2, m.90: Javi Suárez.
Zas-pereirina-foto-Noe 3
Foto: Noe

Partido moi igualado que comezaba co tanto de Martín para adiantar aos de Joaquín Quintáns. O Zas, con baixas como as de Peke (o equipo saíu cunha camiseta de homenaxe), Dani Mato, Manu, Juan, Marcos... tardou en meterse no partido, pero pouco a pouco foi tomando o mando, pero sen perigo, ata que a final da primeira metade acelerou e marcou dous tantos (o segundo cunha pena máxima protestada polos visitantes), e marchar con vantaxe aos vestiarios.

O partido arrincaba a segunda meta con moito medio do campo, pero pasados o ecuador os equipos foron abríndose deixando paso a numerosas ocasións. Iván ampliaba a renda, pero Martín metía aos ceenses de novo no patido con 5 por diante. Tivo aí o Pereiriña un par de chegadas antes de que o Zas sentenciase cunha contra finalizada por Javi Suárez.

Zas-pereirina-foto-Noe
Foto: Noe Touriñán

Buño - Nantón (3-1)

  • Buño: Darío, Elías López, Alan, Fran, Eloy Santos, Andrés, Elías Suárez, Isaac Piña, Jose Catro, Javi Facal, Alex Fraga. Tamén: Fran, Brais, Martín, Hugo e Miguel Mallo.
  • Nantón: Jose, Xoel, Adrián, Miguel, David, Santi Moreira, Carlos Vidal, Sevillano, Muiño, Redondo e Alberto Fuentes. Tamén: Dani Andrade e Tato.
  • Goles: 0-1, m.33: Redondo; 1-1, m.45: Elías Suárez; 2-1, m.80: Brais; 3-1, m.90: Fran Souto.

Partido de dominio dun Buño que non tivo moita profundade e que tardou en materializar as ocasións coas que contou ante un Nantón, moi mermado polas baixas, que tivo varias ocasións por medio de Andrés e Jose, antes de que Redondo marcase o primeiro.

O Buño seguía levando a voz cantante pero non sería ata o fío do descanso cando poñería as táboas no marcador cun gol de falta de Elías Suárez. Tralo paso por vestiarios, mema tónica, pero os locais seguían sen acertar e o Nantón tería a súa nos pés de Javi pero Darío evitaría o gol dos cabaneses cunha gran intervención.
E non sería ata o minuto 80, na que quizáis foi a ocasión menos claro do partido cando Brais poñería por diante aos oleiros. Pouco despois, houbo unha acción polémica na que o Nantón reclamaría un penalti por man dun xogador local que o árbitro non sinalaría. E no minuto 96, Paco poñería a sentenza co 3-1 dende os 11 metros ao transformar un penalti cometido sobre Elías Suárez.

 

CRÓNICAS DA 3ª GALICIA

MÁIS INFO

Comentarios