3ª Galicia: Rematou a primeira volta da mellor 3ª en anos

”Estou moi moi sorprendido co nivel dos equipos de 3ª da Costa e cos xogadores. Esta liga non parece unha 3ª Autonómica”. Así reflexiona Rubén Forján, o míster do Zas, tras varias semanas á fronte do equipo e despois de levar varios anos adestrando aos conxuntos da zona de Santiago.
Demóstrase así o bo nivel do noso fútbol, e o fermosa que está esta 3ª este ano, cun Xallas desbocado, un Sofán B que remata a primeira volta tamén invicto (os dous únicos equipos que non coñecen a derrota de todo o fútbol da Costa), pero ademais con 6 equipos que teñen opcións intactas de meterse no playoff. De feito, do Oza ao Cerqueda hai apenas 6 puntos de diferencia, tendo aínda equipos como Buño, Laxe ou Seaia, e mesmo o Zas, opcións de meterse na pelexa se encadean unha serie de boas vitorias.
Na xornada, na que descansaba o filial do Sofán, cómpre destacar a vitoria do Soneira ao Oza, así como a do Malpica ao Cerqueda nun dos dous derbis malpicáns. pero o partido máis destacado, o de San Andrés, unha auténtica feira de goles.
Laxe - Nantón (1-0)
- Goles: 1-0, m.8: Samuel de cabeza nun córner.
Partido postvacacional, con pouco ritmo e poucas ocasións para ambos equipos. Adiantouse pronto o cadro de local da man de Samuel á saída dun córner mal defendido polos cabaneses. Pouco a pouco o Nantói foise estirando tendo dous balóns ao longueiro, como un de Sevlllano. Tamén o Laxe puido sentenciar no treito final cunha acción de Carrabete que regatea ao meta Jose, pero Cigariño salvou baixo paus.
Lira - Ameixenda (4-0)

- Lira: Alexis, Isaac, Maceiras, Manuel Cartamil, Marcos, Aron, Christian Gonzalez, Ramón, Ángel Golpez, Roberto Amoedo e Oli. Tamén: Rui, Alexis Cambeiro, Miguel, Pablo Leis e Juan.
- Ameixenda: Costa, Evaristo, Louzán, Cristensen, Barreiro (Rois), Torices, Juan Lagoa, Kampy (Santi), Óscar (Maldonado), David e Dani (Pikita).
- Goles: 1-0, m.12: Ángel Golpes; 2-0, m.51: Ramón; 3-0, m.71: Pablo; 4-0, m.90: Alexis.

Partido mais igualado do que indica o resultado final, aínda que sí é certo que as mellores ocasións foron para o Lira. Empezou moi ben o Ameixenda, tendo o balón e non deixando que o Lira se acercara a portería de Costa. Pero a falta de contundencia ao momento de rexeitar o balón logo dun córner permitiulle Ángel Golpes abrir pronto o marcacor. Dispuxo o Lira dalgunha ocasión para o 2-0 e tamén o Ameixenda acercábase a área local con certo perigo á meta de Alexis, xogador de campo que se tivo que meter baixo paus polas lesións de Raúl e Balayo.
No segundo tempo o Lira saiu apretando algo mais e así marcou o 2-0 no m.51. A partir dese momento o Lira empezou a xogar a contra deixándolle a posesión aos xogadores do Ameixenda, que chegaban ben as inmediacións da área pero non acertaban co último pase e os disparos saían desviados.
Un dos protagonistas da tarde foi Oli, ao que na segunda parte lle anularon tres goles por fóra de xogo.
Malpica - Cerqueda (4-2)
- Malpica: Lamas, Eloy,Villar (Periscal, m.27) Garcí, Jorge Parga, Aday, Cristian, Lou, Fran (Moussa, m.78), Ibra, Alberto Hombre (Chicha, m.61).
- Cerqueda: Mario, Adrián Verdes, Marcos Pensado, Dani Reixía, Samuel, Joel, Gus, Suso, Dai Varela, Pedro e Martín Añón. Tamén: Alex Pazos, Christian Velo, Julián, Martín Gómez e Hugo Fraga.
- Goles: 1-0, m.25: Alberto Hombre; 1-1, m.50: Suso; 2-1, m.52: Ibra; 2-2, m.70: Suso de vaselina; 3-2, m.83: Ibra; 4-2, m.89: Ibra.
Vistoso derbi en Pedra Queimada de novo cun nome propio: Ibra e outro triplete para o seu peto. O punt senegalés volveu ser clave neste caso no debut de David Baña no banco malpicán. En fronte o Cerqueda de Uzal chegaba con moitas baixas, pero competiu moi ben, sendo quen de empatar ata en duas ocasións os goles de Alberto Hombre e de Ibra. Mario, excelebnte baixo paus, mantiña ao Cerqueda no partido.
Pero no treito final, as individualidades malpicás foron demasiado para os visitantes. Marcou Ibra o terceiro e aínda tivo outra vez o empate o cadro visitante pero apareceu Lamas na liña de gol. Na xogada seguinte, sentencuaron os locais nunha contra por medio de Ibra.
Pereiriña - Xallas (0-4)
- Pereiriña: Isma Antelo, Eloy, Fabián, Adri Ozón, Estebo, Carhli, David, Pablo Trillo, Tito, Martín, e Esteban.
- Xallas: Iván Couto, Iván García, Ramón, Pensado, Adrián, Doro, Aiser, Jose, Manu Cuns, Sergio Barbeira e Rubén Sande.
- Goles: 0-1, m.20: Rubén Sande; 0-2, m.44: Sergio Barbeira aproveita, estando en fóra de xogo, un mal despexe da defensa local; 0-3, m.66: Rubén Sande; 0-4, m.77: Rubén Sande.
Comezou moi ben o Pereiriña, con moitas gañas ante o Xallas, cun ritmo moi alto incomodando ao cadro verde. Non era un choque fácil para os visitantes, que se adiantaban cun tanto pouco ortodoxo de Rubén Sande, o “Tiburón”. Seguiron apretando os ceenses, tendo boas ocasións para chegar ao empate. Ao fío do descanso o Xallas aproveitou un mal despexe dun defensa local que habilita a un Sergio Barbeira que estaba en fóra de xogo, e marca ante as protestas locais.
Estiráronse os locais na segunda, deixando espazos que foron aproveitados polo Tiburón, do que esperan moito en Santa Comba, que completou outro triplete.
Buño - Seaia (2-1)
- Goles: 0-1, m.5: Mara; 1-1, m.37: Breo; 2-1, m.47: Breo.
Entrou mellor o Sporting Seaia ca un Buño que comezou o encontro un tanto dubitativo e froito disto, os de Óscar Moscoso adiantaríanse no marcador logo de que Mara aproveitase un erro de bulto da defensa local.
O gol activou a un conxunto oleiro que co paso dos minutos iríase facendo co control do encontro e achegando a portería rival, pero non sería ata o minuto 37 cando nunha acción a balón parado, Breo poñería as táboas no marcador, chegando ao descanso co empate a un gol.
Tralo paso por vestiarios, Breo aproveitaría un erro visitante para facer o 2-1 que acabaría sendo definitivo. Puido aumentar a súa renta o conxunto local pero Elías Suárez non materializaría unha boa acción individual e Brais atoparíase co longueiro. No treito final, o Seaia apretaría a un Buño que soubo aguantar as embestidas dos visitantes para acabar a primeira volta sumando uns necesarios tres puntos.
Zas - Corcubión (4-5)

- Zas: Pereiras, Anxo, Eloi Moreira, Rubén Forján, Peke, Darío, Brais, Andrés, Fariña e Javi Suárez. Tamén: Iván, Alvite e Pablo Fuentes.

- Corcubión: Bruno, Mario, Goche, Díaz, Antu, Alán, Nando, Javi, Borjita, César e Iago Lema. Tamén: Iván, Jon, Samu, Asier e Íker.
- Goles: 0-1, m.2: César Lojo; 0-2, m.7: en propia; 1-2, m.11: Javi Suárez; 2-2, m.30: Álvaro Fariña; 3-2, m.31: Peke; 3-3, m.44: César Lojo; 3-4, m.64: César Lojo; 4-4, m.80: Javi Suárez; 4-5, m.88: Iago Lema de penalti.

Partido de tolos e emocionante o vivido en San Andrés, con dous equipazos e un Zas errático en defensa. Adiantábase o Corcubión nada máis comezar o partido, cun gol de César e outro en propia meta. César e Iago facían estragos. O que parecía un partido sinxelo rápido se puxo cara arriba, con 2 novos goles do Zas e a expulsión dun dos centrais visitantes por protestas. Co 3-2 e un home menos, o Corcubión non se veu abaixo, e conseguía empatar por medio de César antes do descanso.
Tralo paso por vestiarios, os visitantes axustaron liñas e, de novo César, dáballe a volta o marcador. O partido non estaba rematado e o equipo local conseguía pechar atrás ao Corcubión e de novo empatar por medio de Javi Suárez. Cando parecía que o resultado ía ser de empate, unha contra do Corcubión acaba en penalti para o equipo visitante que Iago Lema transformou en 3 puntos.
Soneira - Oza (4-2)
- Soneira: Martín, Lema, Ángel Senra, Javi García, Alberto Mouzo, Adrián Sendón, Riki, Brais Pereira, Iago, Basti, Vía. Tamén: Brais Dono, Dani Costa, De Vera, Adrián Pereira e David.
- Oza: Brais Vázquez, Alex Vázquez, Alberto, Casais, Isaac, Dani Iglesias, Alex Freire, Iago Lavandeira, Nacho Pose, Hugo Fraga e Iván Mato. Tamén Abib, Aron, Vilariño e Pace.
- Goles: 1-0, m.36: Basti; 2-0, m.54: Richi; 3-0, m.57: Basti; 3-1, m.62: Iago Lavandeira; 3-2, m.75: Hugo Fraga; 4-2, m.80: David.
Partido con duas metades diferenciadas onde o Soneira na primeira parte foi dono do balón e creou numerosas oportunidades de gol pero a primeira tívoa o Oza pero un acertadisimo Martín ganoulle a partida a Hugo. Xa na parte final da primeira Basti adiantaba aos soneiráns. Empataba o Oza pero o colexiado anulou o tanto.
Chegaba así o tempo de descanso. Na reanudación o Soneira saeu moi centrado e en 10 min primero cun pase a rede de Richi e logo con una fermosa xogada colectiva que Basti culminaba con acerto poñiase 3 a 0. Reaccionou o Oza que mediante dous balóns parados, un que tras un rexeite quedaba para que o xogador do Oza conectase un potente tiro, que acabaría nas redes de Martin e outro que supera a Martín polo primeiro pao. Fixo sufrir aí o Oza ao Soneira, ata que na última xogada David sentenciaba.
CRÓNICAS DA 3ª GALICIA
- X.14: Xallas e Sofán B rematan o ano sen coñecer a derrota.
- X.13: Doble empate nos partidos da xornada.
- X.12: O choque da primeira volta acabou nun partido de waterpolo.
- X.11: A pelexa pola segunda praza de ascenso directo.
- X.10: 3ª Galicia: Malpica e Soneira asinaron táboas mentres o Oza golpea a reacción do Zas.
- X.9 Escapa o Xallas.
- X.8: O Xallas frea ao Malpica.
- X.7: Xallas e Malpica desmárcanse.
- X.6: Este Malpica vai en serio.
- X.5: Un par de goleadas inesperadas.
- X.4: Moitas espadas afiadas.
- X.3: Xallas e Buño quedan sós no alto da táboa.
- X.2: 3ª Galicia: Zas e Cerqueda avisan a Xallas e Soneira.
- X.1: 3ª Galicia: Xallas e Zas presentan credenciais e o Sofán B avisa ao Soneira.