Luns. 29.04.2024
El tiempo

3ª Galicia: Xallas e Sofán B rematan o ano sen coñecer a derrota

Sofan B remata 2023 invicto
O Sofan B remata o 2023 e a primeira volta invicto
3ª Galicia: Xallas e Sofán B rematan o ano sen coñecer a derrota

Xallas e Sofán B (que descansa na última xornada) rematan o 2023 como únicos equipos invictos do Fútbol costeiro masculino (ademais de Dumbría e Corme na Liga da Costa feminina). O cadro xalleiro superou a un bo Lira e o Sofán B sufriu do lindo para superar a un gran Malpica (sen Ibra).
Abren os dous unha fenda co 3º, o Oza, a 4 puntos pero cun partido menos que os carballeses, mentres que o Soneira xa se cola en postos de promoción, e supera ao Malpica. O Cerqueda e o Corcubión dan pasos para adiante e pelexarán co Lira por meterse na promoción, co permiso de Seaia, Zas, Buño ou Laxe, que saben que un arreón os colocaría en posición de pelexar.

Corcubión - Pereiriña (4-1)

  • Corcubión: Bruno, Iván, Díaz, Antu, Isaac, Gorka, Alán, Nando, César, Rama e Iago Lema. Tamén Goche, Samu Trillo, Javi e Íker.
  • Pereiriña: Xacobe, Fabián Aguilleiro, Adrián Ozón, Christian, Esteban, Miguel, Charlli, Estebo, Saulo, e Tito. Tamén: Isma, Chiru, Maelo, Eloy e David.
  • Goles: 1-0, m.5: Iago Lema; 2.0, m.27: Isaac; 3-0, m.47: Isaac; 3-1, m.53: Miguel; 4-1, m.81: Samu Trillo.

Púxoselle de cara moi pronto o partido ao Corcubión, que antes do minuto 5 xa ía por diante no marcador con un man a man de Iago Lema. César pudo facer o segundo, pero finalmente sería Isaac nunha subida por banda e potente disparo.

Na segunda, repetíase o guión e nada máis empezar Isaac de novo de cabeza faría o terceiro. Parecía reaccionar o Pereiriña que recurtaba distancias cun balón morto no área, pero finalmente sería Samu Trillo desde a frontal do área que faría o cuarto e definitivo.

Nantón - Zas (0-1)

11 do CD Nanton nas Fontinas-Foto-Noe
11 do CD Nantón nas Fontinas-Foto-Noe Touriñán
  • Nantón: Guille, Xoel, Adrián Abelenda, Miguel, Fariña, Carlos Vidal, Santi Moreira, Iván Moreira, Redondo, Márquez e Muíño. Tamén: Jose Vidal, Alberto Fuentes, Fran e Roi Fachal.
11 do Sporting Zas en Fontinas-Foto-Noe
11 do Sporting Zas en Fontinas-Foto-Noe Touriñán
  • Zas: Pereiras, Anxo, Adri Rama, Manu Fuenres, Darío, Juan Touriñán, Andrés, Ronny, Eloy Moreira, Javi Suarez e Rubén Forján. Tamén: Álvaro Fariña, Iván, Alvite, Lucas e Marcos.
  • Goles: 0-1, m.89: Rubén Forján.
Nanton-Zas-Foto-Noe
Rubén Forján, á dereita, marcou o gol da vitoria-Foto-Noe Touriñán

Cun tanto do “player-manager” Rubén Forján no desconto sacou os puntos o Zas do case derbi celebrado nas Fontiñas. Foi un choque moi igualado, comezou o Nantón ben posto, pero o Zas comezaba a facer dano por bandas, con varias ocasións de Andrés ás que respondía moi ben Guille. Pouco a pouco, o Nantón foise estirando e meténdose no partido e foron chegando as ocasións á portería de Pereiras, como unha de Santi que sae lambendo o pau tras unha típica creación de Redondo con Iván Moreira. Eran minutos de ida e volta e se o Zas tamén tiña ocasións en área contraria, o Nantón protestaba unha xogada anulada por fóra de xogo na área de Pereiras.

Trala volta dos vestiarios os dous equipos continuaban co mesmo plan de partido e Javi Suárez tiña a máis clara do partido ao que respondía Guille, o mellor do partido. E cando parecía que o partido marchaba en empate, un córner innecesario no desconto, permite a Rubén Forján celebrar de novo o sabor do gol.

O cadro zaseido dedicoulle a vitoria a Peke, que finalmente ten unha lesión no xeonllo máis grave do que esperaban (cruzado e menisco) e terá que pasar por quirófano.

Xallas - Lira (3-1)

  • Xallas: Iván Couto, Ramón, Chaski, Iván garcía, Adrián López, Adrián Forján, Asier, Steven, Doro, Doro, Rubén Sande e Sergio Barbeira. Tamén: Fabián, Sergio Rod., Manu Cuns, Rubén Blanco e Adrián Couto.
  • Lira: Alberto Balayo, Isaac Maceiras, César, Manuel Cartamil, Roberto Amoedo, Migueliño, Pablo Leis, Ángel, Ramón, Juan, Ángel. Tamén: Alexis Cambeiro, Alexis Lago, Aron, Macos e Christian.
  • Goles: 1-0, m.34: Rubén Sande, aproveita uns rexeites; 2-0, m.36: Sergio Barbeira de penalti sobre Rubén Sande; 2-1, m.45: Roberto Amoedo; 3-1, m.57: Sergio Barbeira.

Bo partido en Fontenla, que comezaba cuns 15 minutos dos mellores que xogaron na Liga os de Dori e Churián, con boas internadas de Chaski dende o lateral esquerdo. Pero non eran quen de abrir o marcador ata que o Tiburón pescaba un rexeite na área liracha para abrir o marcador. Un par de minutos despois Sergio Barbeira facía o segundo de penalti, forzado por Sande.
Non se rendeu o Lira que cada balón parado facía moito dano coas súas torres, e antes do desconto recurtaban por medio de Amoedo.

Na segunda intentouno o Lira, pero ao cuarto de hora Sergio Barbeira deixaba o choque sentenciado pois ao Lira íanlle faltando as forzas para a remontada.

O Xallas remata o 2023 o mércores ante o Sofán para pechar os Dezaseisavos da Copa da Costa.

Cerqueda - Buño (3-3)

  • Cerqueda: Mario, Adrián Verdes, Marcos Pensado, Dani Reixía, Samuel, Andrés, Eloy, Martín Añón, Cristian Méndez, Íker, Suso. Tamén: Alex Pazos, Christian Velo, Joel, Julián e Dani Varela.
  • Buño: Paco, Elías López (Álex m.46), Javi (Isaac, m.75), Alán, José, Fran, Miguel Dourado (Miguel Mallo, m.55), Eloy, Breo, Elías Suárez, Brais (Andrés, m.65).
  • Goles: 1-0, m.7: Suso; 1-1, m.13: Eloy; 1-2, m.18: Fran; 2-2, m.48: Andrés; 3-2, m.40: Eloy Suárez; 3-3, m.73: Alan.

Derbi intenso e igualado con numerosas alternativas. Entrou mellor o Cerqueda e xa nos primeiros minutos tivo duas chegadas de perigo, unha delas ao pau, antes de que Suso marcara un tanto que os visitantes consideraron pantasma. Pero o gol desperezaría aos oleiros, que comezaron entrar pouco a pouco no partido e acadaría o empate logo dun balón longo, que Eloy Santos definiu de tiro cruzado fronte a Mario. Pouco despois, os de David Castro daríanlle a volta ao marcador cun remate de Fran á saída dunha xogada a balón parado.

As perdas de balón sucedíanse de parte a parte e tamén as interrupcións, polo que a continuidade do xogo era escasa. O Buño puido aumentar a súa renta tras unha boa xogada de Eloy que non atoparía rematador e que se pasearía por diante da portería, polo que se chegaría co 1-2 no marcador.

Á volta dos vestiarios, repetiríase o guión da primeira metade e unha páxara inicial do Buño sería aproveitada polo cadro de Emilio Uzal para darlle a volta ao marcador cun tanto de Andrés á saída dunha falta tras un erro de bulto dos locais, e cun bonito gol de Eloy a balón parado. Tras isto, os visitantes darían un paso á fronte e pouquiño a pouco irían metendo ao rival en campo propio e achegándose con certo perigo á área rival, que sufrían a baixa de Eloy por lesión, pero non sería ata o minuto 77, cando Alán poñería o empate que acabaría sendo definitivo.

Tras isto, o partido volveríase un pouco tolo e no tempo de desconto chegaría a ocasión máis clara para que os tres puntos caesen para un dos dous lados, pero Eloy non chegaría a conectar un potente pase de Breo cando xa se cantaba o 3-4 en Xaviña, polo que o derbi finalizaría con reparto de puntos.

Seaia - Laxe (2-2)

  • Goles: 0-1, m.16: Bieito; 0-2, m.60: Saleta; 1-2, m.86: Martín Souto; 2-2, m.90: Juni.

Partido dominado polo Laxe que se prantou con 0-2 a falta de 5 minutos. Pero tiraron de garra os malpicáns e á desesperada foron quen de empatar nos últimos 5 minutos.

Ameixenda - Soneira (1-10)

11 do Ameixenda
11 do Ameixenda
  • Ameixenda: Pikita, Maldonado, Louzán, Lagoa, Kampy, Álex, Ocho (Santi, m.50), Óscar, Torices, Barreiro e Dani.
  • Soneira: Martín, Lema, Senra, Lavandeira, Quilmes, David, Adrián Sendón, Brais, Iago, Vía. Tamén: Basti, Brais Dono, Héctor, Nando de Vera e Lemus.
  • Goles: Quilmes (2), Brais, Iago, David Villaverde (2), Nando de Vera (2), Lemus (2) polo Soneira; e Óscar polo Ameixenda.

Despois de varios partidos competindo ben, o Ameixenda volveu ser un desastre. As baixas impediron ao cadro de Chucho competir ante un Soneira doutra categoría, pero con xente moi nova. Xa aos 3 minutos abría o marcador o equipo de José Abelenda, aos 17 levaban 3 e aos 30, 5. O Ameixenda, coma sempre, un equipo exemplar.

Sofán B - Malpica (3-2)

  • Sofán B: Pablo Pose, Lucas, Iván, Manu Cancela, Eloy Cabeza, Borja Viaño, Brais Calvo, Salah, Roi Canedo, Dani Calvete e Adrián Vázquez.
  • Malpica: Lamas, Periscal, Villar, Jorge Parga, Diego García, Aday, Cristian, Fran, Alberto Hombre (Gabi, m.73), Lou (Raúl, m.65) e Chicha.
  • Goles: 1-0, m.1: Adrián de cabeza tras unha xogada a balón parado; 1-1, m.14: Chicha; 1-2, m.27: Chicha de cabeza; 2-2, m.44: Adrián de volea pola escuadra; 3-2, m.54: Adrián de cabeza.

Fermoso partido con gran ambiente nas bancadas e moi bo choque dos dous equipos. Comezou o choque demostrando o poderío de Adrián Vázquez, un dos xogadores da primeira volta que remata como pichichi. Pero o Malpica era mellor, presionando arriba sen deixar respirar aos carballeses, cun inmenso Diego García, con chegadas constantes e conseguindo empatar pronto por medio de Chicha. A inercia facía que o Malpica empurrase ata facer o segundo, de novo Chicha. Pero antes do descanso volvía aparecer o pichichi para facer o empate.

Na segunda metade, había ocasións para os dous equipos, cun Malpica moi poderoso no xogo aéreo e moi ambicioso buscando adiantarse de novo. Pero aí aparecía o omnipresente Adrián para, doutro remate de cabeza, marcar o terceiro. De aí ao final, o Malpica envorcou o campo e meteu na súa área a unha xeración que parece saber sufrir moito mellor, e conseguíu aguantar as embestidas malpicás.

 

CRÓNICAS DA 3ª GALICIA

MÁIS INFO

Comentarios