Mércores. 09.10.2024
El tiempo

FSF: O Amarelle Santa Comba colócase líder en solitario

amarellestacomba-vilalbaB_17
As laranxas do Amarelle Santa Comba celebrando un tanto no partido contra o Vilalba B
FSF: O Amarelle Santa Comba colócase líder en solitario

Tremenda vitoria do Amarella Santa Comba na visita do equipo que chegaba como líder esta xornada. O Praia de Barreiros sucumbía no Pavillón da Baña as xalleiras laranxas contan as 5 xornadas restantes para non fallar e ascender á Preferente.

Unha Preferente na que se atoparán cun Fisober que malia a derrota esta semana ante un equopo da zona baixa, se mantén nunha máis que digna 5ª posición.

Preferente Galicia, xornada 28

  • Resultado: CIDADE DE AS BURGAS B – FISOBER FSF (3-0).
  • FISOBER: Sharay, Adriana, Paula Fandiño, Ana, Uxía; tamén xogaron: Claudia, Lucía Martínez, Nuriña, Carre, Saray.
  • Goles: 1-0 min 1 África, 2-0 min 3 Aroa, (descanso), 3-0 min 32 África.

Fisober coas cellas para arriba

O Fisober entrou mal no partido e despois xa non puido enderezar o rumbo a pesar de intentalo. No primeiro ataque xa se puxeron por diante as locais e xa todo foi costa arriba para as costeiras. Respostaron cun envío de Paula Fandiño para Adriana que parou a porteira. Pero na seguinte despois dun saque de esquina facían o segundo as locais. Carre tiña a mellor ocasión para o Fisober nestes momentos de partido. Uxía avisaban pero Sharay tamén tiña que salvar as súas.

Pasaban os minutos e o Fisober intentábao pero non creaba moitas ocasións, e as locais sentenciaban.

A familia do Fisober quere mandar un saúdo a Mau, que ten unha lesión no xeonllo que polo de agora non será operada e terá un tratamento conservador.

Liga Regular A da Liga Primera Autonómica Feminina, xornada 8

  • Resultado: Amarelle Concello de Santa Comba - Praias de Barreiros (3-0)
  • Amarelle Concello de Santa Comba: Nere Ramallo, Elsa Souto, Tania, Ge, Lidia (cinco inicial), Eva Lema, Sheila, Nuria, Lucía Sestayo.
  • Goles: 1-0 Ge (min. 24); 2-0 Eva Lema (min. 28); 3-0 Ge (min. 48).
amarellestacomba-vilalbaB_07
Eva Lema

O equipo xalleiro do Amarelle Concello de Santa Comba, dirixido por Nacho Tuñas e auxiliado por Sergio Vieites, recibía este domingo ao único equipo da competición ao que non puidera vencer esta tempada; pero para esta segunda volta da Liga Regular A, as xalleiras venceron e convenceron con xogo e goles ante un rival que ocupaba o liderato do grupo.

Co marcador a favor de 3-0, grazas aos goles de Ge (2) e a costeira Eva Lema, o Amarelle Concello de Santa Comba colócase líder en solitario e recupera o gol average co conxunto da mariña lucense.

O partido empezaba cuns minutos de pouca continuidade no xogo, e sen conseguir chegar co suficiente perigo ás porterías, manténdose o marcador en táboas. Pero segundo os minutos ían pasando, a escuadra xalleira ía tomando cada vez máis protagonismo en ataque e buscando adiantarse no marcador, mentres que o Praias de Barreiros non conseguía finalizar ningún ataque co perigo suficiente. A falta de pouco máis dun minuto para o final do primeiro tempo, un saque de banda en curto, deixa o balón a Ge que cun potente disparo exterior sobe o 1-0 ao marcador para o conxunto local.

Na reanudación, o Amarelle Concello de Santa Comba saía moi activo en ataque, e aos tres minutos de xogo, Eva Lema finalizaba un ataque local para subir o 2-0 ao marcador. Os minutos pasaban, e o Praias de Barreiros CD apostaba por seguir coa porteira xogadora durante todo o tempo, para intentar recortar distancias, e nun ataque local a falta de pouco máis de dous minutos para o final do partido, unha man fose do área da porteira visitante, provocaba a súa expulsión. Cunha xogadora menos na cancha, as locais aproveitaron a súa superioridade numérica, para que Ge subiseo 3-0 ao marcador.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas do FSF

Crónicas do FUTFEM

Comentarios