Venres. 03.05.2024
El tiempo

FUTFEM: Un derbi polo 25N

Ponteceso e Corme no Pinguel polo 25N 960
Fermosa imaxe protagonizaron as xogadoras do Ponteceso e Corme vestindo as camisetas do 25N no derbi do Pinguel
FUTFEM: Un derbi polo 25N

Fermosa a iniciativa artellada pola Casa da Muller da Fundación Eduardo Pondal do Couto coicidindo co Día Internacional contra a Violencia de Xénero. No derbi disputado no Pinguel entre Ponteceso e Corme, as xogadoras vestiron unha camiseta común polo 25N, nunha demostración de que o deporte, e esta revolución do FUTFEM na Costa da Morte axuda no emponderamento da muller.

No deportivo, ambas chegaban empatadas no podio da Liga da Costa, e foi o Corme o que sacou unha sufrida vitoria que as mantén a un só punto do Muxía, co Dumbría pisando os talóns dos dous equipos, tendo ademais 2 partidos menos.

Na 2ª , só o Xallas recuperou a senda da vitoria vencendo ás líderes, e dando un empurrón á moral das verdes.

2ª Div. Feminina, Gr-1, xornada 11

Xallas - San Pedro (4-1)

  • Xallas: Andrea Barbeira; Maite, Saskia, Carla, Alicia; María, Luchy, Noelia; Paula Barcia, Andrea Otero e Olalla. Tamén xogaron: Inés, Laura, Zaira, Leti e Daniela.
  • Goles: 0-1, m.5: Lía; 1-1, m.16: Noelia; 2-1, m.34: María; 3-1, m.44: María; 4-1, m.65; Olalla.

Gran partido das xalleiras que chegaban tras 3 derrotas consecutivas, e que comezaba perdendo contra as que chegaban líderes. Pero sacou de orgullo, e non tardou en igualar o encontro por medio de Noelia que firmou un dos seus mellores partidos vestida de verde. Ese gol do empate deulle tranquilidade ás de Rupper, que foi dominando, e cunha María que se faría dona do mediocampo e que facía dous goles antes do descanso.
Co 3 a 1 comezaron a segunda metade para administrar esa renta e buscar finalizar o mesmo co cuarto gol que sería de Olalla nunha gran acción individual das que disfrutan os siareiros xalleiros de acotio.

Maniños - Miúdas (4-2)

  • Miúdas: Adriana, Atenea, Alba, Leire, Sabela, Paula López, Adriana Piñeiro, Marta Piñeiro, Sofía, Cris, Pati e Sabela.Tamén: Gala, Carlota e Ana Romero.
  • Goles: 1-0, m.17; 2-0, m.37; 2-1, m.42: Adriana Piñeiro; 3-1, m.64; 3-2, m.66: Pati; 4-2, m.78.

Non perdeu a cara en todo o encontro o cadro de Lucho, pero a realidade é que o dominio foi local en todo momento. Si que tralo 2-0, o primeiro gol na súa vida de Adriana Piñeiro (ten apenas 14 anos e comezaba este ano no mundo do balompé) metía ás muradás no partido antes do descanso.

Volveían percutir as locais no ecuador da segunda, pero Pati recurtaba distancias de contado. Aí houbo momentos emocionantes, con chegadas nas dúas áras nas que piques estivo de chegar o empate, pero que o acabou chegando foi a sentenza.

Meicende - Cee (4-1)

  • Cee: Noemi, Lucía Rod., Lucía Facal, Nerea, Paula Veiga, Antía, Sabela, Laura, Nayara, Saray Duarte. Tamén: Lucía Sieira, Sharay Caamaño e Lucía Caamaño.
  • Goles: 0-1, m.15: Paula Veiga; 1-1, m.44; 2-1, m.51; 3-1, m.78; 4-1, m.84; 5-1, m.88.

Partido atípico ao que as ceenses chegaban con moitas baixas. Aínda así comezaba gañando gracias a un novo gol de Paula Veiga (o seu 9º), pero tras uns minutos de igualdade, as visitantes empataban ao fío do descanso.

Pronto chegaba o 2-1 e as ceenses baixaron o ritmo. Pero o 3-1 espertou de novo ás de Rafa, que envocaron o campo con todo en ataque, deixando espazos para que chegase a sentenza. O 5º tanto chegaba nun rexeite tras un paradón de Noemí, que fixo o que puido.

3ª Div. Feminina, Gr.2, xornada 11

Bergantiños B - Cabana (4-2)

  • Bergantiños: Ari; Erika, Valeria, Amelia, Aïsha; Clara, Ainhoa, Jimena; Aroa García, Arancha, Carla. Tamén: Aroa Varela, Iria, Andrea, Antía e Sara Barbeito.
  • Cabana: Míriam, Jessi Rojo (Bego), Sheila, Aroa (Antia), Valeria, Inma, Iría (Alejandra), Alison (Jessi Pose), Adriana, Saray (Natalie).
  • Goles: 0-1, m.6: Irene; 1-1, m.30: Aroa; 2-1, m.40: Aroa; 3-1, m.44: Carla; 3-2, m.45: Adriana; 4-2, m.78: Carla.

Partido vibrante nas Eiroas, cun Cabana que prantou cara ao filial bergantiñán. As de Nacho dominaban territorialmente e co balón, pero o Cabana presionaba ben e aproveitaba cada erro das locais. Así Irene adiantaba ás de Jose Manuel. As carballesas repuxéronse e cun xogo combinativo desarmaron o Cabana que aínda que tentaba sacar algunha contra non se adaptaba ás grandes dimensións do campo. Marcaban as locais por partida triple antes do descanso e Adriana poñia algo de esperanza co 3-2.
No segundo tempo máis control do Bergan, pero coa incerteza do marcador se mantivo ata 10 minutos do descanso, cando as novas xogadoras do Bergan (non hai ningunha en idade senior) sentenciabn.

Dubra - Outes (4-0)

  • Outes: Natalia, Claudia Otero, Claudia Carou, Uxía, Natalia Alonso, Nati, Carmen, Carla, Miriam, Erika e Molinos. Tamén: Xeila, Nerea, Paula, Valeria, Mariña.

Con moitas baixas chegaban as de Dani, que saíron con moitas gañas, pero nun saque de esquina abrían o marcador ao cuarto de hora. Reaccionaron ás da Serra que tiveron varias ocasions para empatar, incluíndo un balón ao pao que o 90% das veces sería gol, pero seguen gafadas cara a porta e sumando só un tanto no que vai de liga.
Xusto antes do descanso chegaba o segundo, tras un erro da defensa. Na segunda aguantaron o tipo as blanquinegras que seguen aprendendo.

Nicrariense - Muxía (0-6)

  • Muxía: Sheila, Andrea Dom., Adriana, Marcela, Andrea Insua, Patri Romaní, Barca, Irene, Denis, Elsa, Raquel. Tamén: Marta, Paula e Sara.
  • Goles: 0-1, m.15: Andrea Insua nu córner; 0-2, m.20: Patri Romaní; 0-3, m.26: Patri Romaní fai un golazo de falta (a acta deullo a Raquel); 0-4, m.47: Patri Romaní; 0-5, m.50: Barca de penalti; 0-6, m.77: Barca de falta.

Partido sen moito que contar, con dominio total muxián.

DumbrÍa - Fisterra (6-1)

  • Dumbría: Naira, Paula Carril, Martina, Eva Lema, María das Carisas, Kelly, Sabela, Claudia, Paula Fandiño, Reyes e Juliette. Tamén: Lissette, Lucía, Alba, Yolanda e Laura.
  • Fisterra: Lucía Fdez., Paula, Lidia, Tamara, Irene, Lucía Marcote, Xaira, Jimena, Aroa, Andrea Romero e Jeni. Tamén: Zaira, Ana, Antía, Rosa e Nicole.
  • Goles: 1-0, m.2: Claudia; 1-1, m.9: Andrea Romero; 2-1, m.21: Kelly; 3-1, m.26: Martina; 4-1, m.43: Paula Fandiño; 5-1, m.79: Alba; 6-1, m.85: Paula Fandiño.

Segundo partido de Santi Lira á fronta do Dumbría, que se mantén invicto no que vai de Liga e segue a ser un os claros aspirantes ao título e ao ascenso. Marcaba moi pronto Claudia e pode que o equipo se relaxase e en fronte estaba a killer Andrea Romero para facer pronto o empate de falta directa. Pero volveron espertar as dumbriesas que puxeron o mono de traballo, e máis por intensidade que por xogo serían quen de conseguir de xerar numerosas ocasions conseguindo poñer o marcador 4-1 ao descanso.

Na segunda metade, as dumbriesas pausaron o partido.

Camariñas - Corcubión (3-0)

  • Camariñas: Karen (Daniela), Laura Garrote, Rocío, María, Uxía (Leti), Cris Mouzo (Ainoa), Laura Pose, Nuria, Ana Barros (Desiré), Saray (Maira) e Paula.
  • Corcubión: Elena Atán, Elisa, Alexandra Lojo, Victoria, Marta Lavandeira, Helena López, Noa, Daniela, María Castro, Cris Martínez e Paula Trinidad. Tamén: Alexia, Carla lema, Claudia e Andrea.
  • Goles: 1-0, m.35: Nuria; 2-0, m.48: Laura Pose; 3-0, m.55: Saray.

Xuntouse o peor partido das corcubionesas deste curso cun bo facer do Camariñas. Así e todo, as visitantes, tras media hora de lixeiro dominio local, cun par de ocasións como un tiro de Cris Mouzo e un cabezazo de Ana Barros que saíu lambendo o longueiro, puideron adiantarse pero fallaron unha pena máxima. Pouco despois chegaba un mazazo co gol desde o borde da área de Nuria.

O sgeundo chegaba, tras un córner, nada máis saír dos vestariarios, e aí si que as corcubionesas non se deron reposto.

Ponteceso - Corme (1-2)

Ponteceso e Corme no Pinguel polo 25N 1

  • Ponteceso: María, Noe (Noemí, m.68), Ainhoa, Myre, Berdeal, Silvia, Eva, Muíño, Oanes, Claudia, Andrea. Tamén: Lucivili, Mel, Manti e Colores.
  • Corme: Belén; Lucía (Salomé) Laura, Irene, Ana; Nati (Carla Vázquez), Olalla (Mónica), María, Cris, e Carla e Nerea. Tamen: Candela e Kayla.
  • Goles: 0-1, m.43: Carla; 0-2, m.72: Cris; 1-2, m.83: Myre.
Capis Ponteceso e Corme no Pinguel polo 25N
Eva Lema e Olalla, as capis de Ponteceso e Corme no Pinguel

Fermoso partido, cun ambientazo fantástico no Pinguel con máis de 250 persoas para ver como ademais as xogadas se irmandaban contra a Violencia de Xénero.

Notouse a presión de ser un derbi, que fixo que as pondalianas non estivesen ao seu nivel, a pesar da gran melloría das súas xogadoras máis novas, e a veteranía das Myre, Ainhoa ou Eva Carril. A capi pontecesá representa ademais todo ese emponderamento da deportista costeira, pois é formadora da Escola de Verán da FEP, e adestradora das categorías de base do seu club.

Saíron os dous equipos co medo a perder balóns en zona perigosa, medindo forzas. Xa o final da primera parte, nunha dúbida da defensa rival, permitelle a Carla facerse cun balón, lanzar un sombreiro, e enganchar un bo golpeo dende fora que se colaría dentro da portería. As de Curro baixaron un pouco os brazos antes do entretempo pero volveron ao campo coa conciencia de que aínda quedaba moito o partido.

Saíron máis entonadas as locais na segunda, máis intensas e verticais, pero as cormelás estiveron moi ben en defensa, e souberon aproveitar unha das súas contras, na que Mónica, María e Cris facían o segundo. O Ponteceso veuse arriba, acabou envocando o campo, recurtando por medio de Myre e metendo o medio no corpo, pero o marcador quedaría favorable ás cormelás.

Mazaricos - Cerqueda (3-0)

Mazaricos feminino-Foto-Gorrion copia
11 do Mazaricos-Foto-Gorrion
  • Mazaricos: Valeria, Graci, Fátima, Silvia, Katia, Buján, Silvia, Claudia, Lúa, Ánxela e Tamara. Tamén Saray, María Senra, Paula, María Antelo, e Mariña.
11 do Cerqueda feminino
11 do Cerqueda
  • Cerqueda: Paula, Jimena, Lucía Rod., Inés, Uxía, Alba, Vanesa, Tania, Tatiana, Lorena e Raquel. Tamén: Carla Santos, Sonia e Carla Varela.
  • Goles: 1-0, m.14: Graciela; 2-0, m.55: Tamara; 3-0, m.75: Silvia.

Mazaricos ante o Dubra

Partido moi disputado e cunha primeira parte moi igualada, na que as de Rachón tentaban aproveitar a velocidade por banda de Graciela e asi chegaría o primeiro gol cun centro chut que se acababa envelenando. Houbo algunha chegada máis pero o marcador non se movería. Fíxolles dano ás de Dani Reixía o segundo ao comezo da segunda.

MÁIS NOVAS DO FUTFEM

CRÓNICAS DO FUTFEM

Comentarios