Domingo. 05.05.2024
El tiempo

FUTFEM: O Ponteceso frea ao Muxía e as 4 de arriba apretan o alto da táboa

Patri Romani e Muino no Muxia-Ponteceso en Arlina-Foto-Marina Busto
Patri Romani e Muiño no Muxia-Ponteceso de Arliña-Foto-Marina Busto
FUTFEM: O Ponteceso frea ao Muxía e as 4 de arriba apretan o alto da táboa

Endosou o Ponteceso a primeira derrota do curso ao Muxía e fíxoo en Arliña. Deste xeito, e cos 2 puntos sumados tras denunciar aliñación indebida do Noia B, o cadro pontecesán sitúase a só 1 punto do Muxía, empatados ademais co Corme. Só 2 puntos por debaixo xa está o Dumbría, agora aos mandos de Santi Liera trala estrana dimisión de Fran Figueroa.
Son os 4 equipos os que parece que van loitar

Na 2ª o Cee, tras vencer ao Santiso, non se descolga da zona alta tras, algo que si fixo xa o Xallas, que caeu contra outro equipo da zona morna. Máis proiblemas ten o cadro das Miúdas, que segue en proceso de mellora pero os resultados non dan chegado.

2ª Div. Feminina, xornada 10

Cee - Santiso (4-1)

  • Cee: Noemi, Lucía Rod., Lucía Facal, Nerea, Paula Veiga, Sabela, Lucía Martínez, Laura, Uxía, Nayara e Saray Duarte. Tamén; Lucía Sieira e Antía.
  • Goles: 1-0, m.11: Nerea; 2-0, m.14: Paula Veiga; 2-1, m.38: Ana Fuciños; 3-1, m.60: Lucía Martínez; 4-1, m.87: Lucía Martínez.

Partido no que o Cee viña plagado de lesións e que o Santiso demostrou poderío fisico, plantando cara ao Cee en varias veces. Comenzaba o partido con ambos equipos moi intensos e sen un dominador claro. Aos dez minutos Nerea abría a lata cun golazo por toda a escuadra tras un gran remate de cabeza nun córner. Foi tan pronto sacar de centro as de Santiso e logo dunha gran presión do equipo ceense, Paula aumenta a ventaxa no marcador. Transcorría a primera parte sen moito perigo nas áreas, e tras un choque entre unha dianteira do Santiso e unha xogadora do Cee, unha xogadora visitante aproveitou o 1 para 1 para recortar distancias.

Na segunda parte o Cee puido aumentar máis o marcador pero o gol non chegaria ata que no minuto 60 Martinez aproveita un balón solto na área e pon o 3-1. Ao final Martínez conseguiría un doblete tras marcar nun 1 contra 1 coa porteira.
Gran vitoria lograda, que permite ao Cee estar unha xornada máis na zona noble da clasificación.

As Miúdas - Meicenda (1-3)

  • As Miúdas: Adriana, Atenea, Elba, Leire, Paula López, Gala, Marta Piñeiro, Sofía, Cris, Ximena e Pati. Tamén: Alba, Naiara, María García e Adriana Piñeiro.
  • Goles: 1-0, m.21: Gala; 1-1, m.80: Lucía; 1-2, m.83: Paula; 1-3, m.92: Paula.

Segue mellorando o cadro muradán que estivo máis dunha hora por diante. Pero nos últimos 10 minutos o cadro visitante era quen de remontar o choque no Eleuterio Balayo.

Con todo, foi un partido moi bonito para ver. As de Lucho dominaron moi ben a primeira media hora, abrindo o marcador e tendo algunha máis. A partir de aí o choque foi de idas e vidas. Pero a partir do 70 xa as visitantes colleron o peso do partido e meteron ás muradás na súa área, ás que lle faltou veteranía e lles puido a presión.

”Estamos con un moi bo nivel, só nos queda pois eso, horas de fútbol para saber dominar os nervios co partido encarrilado que xa é o segundo que se nos escapa”, valora un orgulloso e esperanzado míster.

Antas - Xallas (4-0)

  • Xallas: Andrea Barbeira; Maite, Saskia, Laura, Andrea; María, Luchy, Paula, Carla; Noelia e Daniela. Tamén xogaron: Paula Gándara, Claudia Facal e Michelle.
  • Goles: 1-0, m.52: Nuria Louzao, 2-0, m.64: Nuria Louzao; 3-0, m.74: Paula; 4-0, m.84: Nuria Louzao.

Partido disputado nun campo de reducidas dimensións no que o Xallas con algunha baixa no seu once dou a cara e mesmo tivo as principais ocasións da primeira parte como o man a man de María que saíu rozando o poste do equipo lugués.

Na segunda metade saíron as de Rupper coa convicción de sacar algo positivo, pero un golazo de falta nunha das poucas chegadas do equipo local púñanse por diante e na saida dun corner metían o segundo, baixando a moral das Xalleiras que non merecían ese resultado.

O equipo xalleiro envorcouse en ataque pero as que si acertaron cara gol foron as do Antas con dúas contras que pecharon o partido con un resultado demasiado abultado para o que propuxeron unhas e outras.
A boa nova a volta de Michelle que participou nos derradeiros minutos do choque e pouco a pouco vai collendo sensacións despois da grave lesión.

3ª Div. Feminina, xornada 10

Fisterra - Bergantiños B (3-1)

  • Fisterra: Zeltia, Paula, Lidia, Tamara, Irene, Aroa, Tatiana, Jimena, Elena, Xaira, Andrea. Tamén: Adela, Antía, Zeltia Moure, Rosa e Nicole.
  • Bergantiños: Ari; Ainhoa, Amelia, María, Carla; Clara, Sara, Jimena; Aroa, Arancha, Antía. Tamén xogaron: Aïsha e Valeria.
  • Goles: 1-0, m.27: Andrea; 2-0, m.41: Andrea; 3-0, m.42: Andrea; 3-1, m.77: Aroa.

Boa primeira metade das de Fran, que dominaron o xogo, e romperon o partido no último cuarto de hora gracias á calidade de Andrea, que anotou un triplete en 15 minutos, sumando xa 13 goles en 9 partidos.
As carballesas, que pediran un penalti aínda co 0-0, intentaron reaccionar na segunda, pero só conseguiron recurtar.

O Bergantiños lamentou que houbese insultos ás xogadoras visitantes por parte dun grupo de mozos que estaban na zona da cantina, tendo o colexiado mesmo que parar un momento o partido. Dende a SD Fisterra non teñen constancia dos insultos.

Dubra - Camariñas (0-2)

  • Camariñas: Karen (Alejandra), Rosana (Maira) (Lola), Rocío, Carla, Uxía (Bea), María, Laura Pose, Laura Garrote, Saray (Cristina Lorenzo), Ainoa e Paula
  • Goles: 0-1, m.65: María García; 0-2, m.68: María García.

Dous goles de María García no ecuador da segunda metade permitiron ás de Pepucho sumar unha a súa terceira vitoria do curso. A primeira metade estivo moi igualada na que as de Pepucho tiveron bos tiros de Paula e Laura Pose. Deron un paso adiante na segunda as camariñás tendo ocasións moi claras de Paula, Maira e Saray. Os goles chegarían en tiros desde a frontal de María, tras bater no longueiro, apenas 3 minutos despois cunha vaselina, os dous de moi bella factura.

Noia B- Dumbría (0-5)

  • Dumbría: Naira, Kelly, Carril, Sabela, Martina, Mai, Eva Lema, Reyes, Claudia, Yoli e Juliette. Tamén: Lissete, Lucía, Icía, Alba e Serena.
  • Goles: 0-1, m.22: Kelly cun gol olímpico; 0-2, m.57: Juliette; 0-3, m.65: Juliette; 0-4, m.80: Serena; 0-5, m.90: Claudia.

Tardou o Dumbría en romper o partido, ante un filial do Noi ben armado. Sería Kelly a balón parado o que abría o partido. Martina tería feito o segundo pero foille anilado. Na segunda metade e cas cousas un pouco máis claras, as locais atacaron con máis paciencia e os goles foron chegando.

Muxía - Ponteceso (2-4)

Plantel do Muxia feminino en Arlina-Foto-Marina Busto
Plantel do Muxia feminino en Arliña-Foto-Marina Busto
  • Muxía: Sheila, Andrea, Paula Vilela, Marta, Raqueo, Marcela, Irene, Paula Rey, Patri Romaní, Barca, Elsa. Tamén: Nerea, Denise, Nuria, Andra e Adriana.
Plantel do Ponteceso feminino en Arlina-Foto-Marina Busto
Plantel do Ponteceso feminino en Arliña-Foto-Marina Busto
  • Ponteceso: María, Noe, Ainhoa, Myre, Laura R, Berdeal, Muiño, Oanes, Silvia, Andrea (Mel, m.45), Claudia (Lucivili, m.89). Tamén Colores, Manti, Cande e Noemí.
  • Goles: 0-1, m.2: Oanes; 1-1, m.9: Paula Rey; 1-2, m.15: Andrea remata un córner de Muíño; 1-3, m.37: Muíño; 2-3, m.81: Barca; 2-4, m.90: Claudia.
Muxia e Ponteceso en Arlina
Muxia e Ponteceso en Arliña. Foto SD

Era o partido da xornada e a bancada así o celebraba. As líderes invictas recibían a un Ponteceso que viña moi forte por detrás e que acabou endosando a primeira derrota ás Corviñas.

Foron días partes diferenciadas. O choque comezaba co tanto de tanto de Oanes que aproveitou un balón rexeitado na área muxiá para abrir o marcador. Pero pouco despois Paula Rey empataba tras unha boa xogada por banda. O Muxía dominaba máis o balón pero o Ponteceso estaba moi ben armado atrás e saía con moita velocidade á contra, facendo dano constatemente.
Tamén a balón parado, cos saques de banda da segunda capi Ainoa, ou os córners de Muíño. Así chegaba o segundo tanto da pichichi pondaliana Andrea (que se lesionaba pouco despois), sendo a propia Muíño a que ampliaba aproveitando un rexeite da meta local ao fío do descanso.

Tocaba estirarse ao cadro muxián, apretando ben arriba, e sen deixar saír ás de Curro do seu campo. Pero non daban recurtado ata o m.80, da man de Barca. As muxiás seguírono intentando pero na última xogada do partido, nunha das poucas saídas das visitantes, Claudia pechaba unha gran vitoria.

Muxia-Ponteceso feminino en Arlina-Foto-Marina Busto
Muxia-Ponteceso feminino en Arliña-Foto-Marina Busto

Corme - Corcubión (4-3)

11 do Corme no Cairo
11 do Corme no Cairo. Foto: Fin Lema
  • Corme: Belén; Ana (Carla Vázquez), Laura, Irene, Aurora; Nerea (Mónica), Olalla (Lucía), Carla, Nati, Cris e María.
11 do Corcubion feminino no Cairo
11 do Corcubión no Cairo. Foto: Fin Ñema
  • Corcubión: Alexia, Alexandra Lojo, Victoria, Carla, Noa, Andrea, Helena, Claudia, Cris, María Castro e Paula Trinidad. Tamén: Elisa, Marta Lavandeira, Ana Sierra, Daniela e Elena.
  • Goles: 0-1, m.3: Paula Trinidad; 1-1, m.19: Carla; 2-1, m.33: Ana; 2-2, m.62: Alexandr Lojo; 2-3, m.75: María Castro de penalti; 3-3, m.86: Nati; 4-3, m.90: Carla.

Partidazo dos que fan afección no Cairo, cun ha demostración da igualdade que hai entre moitos equipos desta Liga da Costa feminina. Os dous equipos fixeron un partidazo e mereceron máis. O Corcubión meteuse en dúas ocasións por diante, pero o Corme o que conseguia remontar nos últimos 5 minutos.

Outes - Mazaricos (0-3)

11 do Outes 23-24 Feminino
11 do Outes 23-24 Feminino
  • Outes: Sole, Alicia, Uxía, Nati, Valeria, Graci, Nerea, Carmen, Carla, Miriam e Molinos. Tamén: Ana Lema, Claudia, Xeila, Erika e María Romero.
11 do Mazaricos feminino no Cunchido
11 do Mazaricos feminino no Cunchido
  • Mazaricos: Valeria, Carlota, Sarau, Graci, Mariña, Fati, Buján, Antía, Leire, Lúa e María Senra. Tamén: Maneiro, Tamara, Ánxela, Katia e Araceli.
  • Goles: 0-1, m.4: Buján; 0-2, m.11: Buánn; 0-3, m.75: Mariña.

Derbi cun ambientazo no Conchido, con moito xogo no medio campo e moita loita. Un erro defensivo nada máis comezar daba xa vantaxe ás amarelas, que se metían 0-2 aos 10 mnutos con dous tantos de Bujan a balón parado.
As de Rachón intentaban dominar pero a bancada empurraba ás de Dani , que tiveron dúas boas ocasións para empatar antes do descanso, pero o poste e a meta Valeria impedírono.

Na segunda metade, o esforzo físico pasoulles factura ás locais que cederon algo máis de campo. Xa no último treito de partido Mariña sentenciaba con un golazo de xogada individual dende fora da área e incluso Katia puido facer o cuarto.

Cabana - Nicrariense (2-2)

  • Cabana: Míriam, Jessi Rojo (Begoña), Sheila, Aroa, Valeria (Antia), Inma, Iría (Marina), Irene, Alison (Natalie), Adriana, Saray (Alejandra).
  • Goles: 1-0, m.23: Irene; 2-0, m.55: Adriana; 2-1, m.83: Noa Beiroa; 2-2, m.90: Noa Beiroa de penalti.

Adiantaronse as locais con gol de penal de Irene e levaban o peso do partido aínda que cun xogo moi deslabazado. Xa no segundo tempo o Cabana dispuxo de varias ocasións claras erradas ata que Adriana poñía o 2-0. Pero foron perdendo consistencia as cabanesas que vían como as nicrarienses as metían na súa área, recurtaban a falta de 7 minutos cun tanto dende fóra, e xa no desconto un penalti sinalado polo colexiado permitíalles acadar o empate.

MÁIS NOVAS DO FUTFEM

CRÓNICAS DO FUTFEM

Comentarios