Domingo. 05.05.2024
El tiempo

FUTFEM: O Ponteceso tropeza no Cubaleiro

Ponteceso e Corcubion no Cubaleiro
Ponteceso e Corcubión no Cubaleiro
FUTFEM: O Ponteceso tropeza no Cubaleiro

Superado o temporal deste comezo de decembro. Cos choque suspendidos do Outes - Camariñas e o Cee - Maniños, o resto da xornada foi unha pelexa contra vento e marea.
Malos resultados para Xallas e Miúdas na 2ª, mentres que na 3ª, venceron Muxía, Corme e Dumbría, caendo só o Ponteceso do grupo de cabeza.

As dumbriesas poderán colocarse no alto da táboa se vencen no partido deste martes, adiado no seu día, ante o Dubra.

2ª Div. Feminina, Gr.1, xornada 12

Os Miúdos - Silva (1-2)

  • As Miúdas: Adriana Siaba, Atenea, Elba, Leire, Ana Romero, Paula López, Gala, Marta Piñeiro, Sofía, Cris e Pati. Tamén: Maria, Adriana Piñeiro e Carlota.
  • Goles: 0-1, m.51: Silvia; 1-1, m.59: Sofía; 1-2, m.63: Iria.

Segue competindo ben o cadro muradán, e a piques estivo de volver sumar. Foi un partido igualado ante o Silva, sen goles na primeira metade. Adiantáronse as visitantes pero Sofía empataba nunha contra. Cun tiro lonxano adiantábanse de novo as visitantes, e dende aí as de Lucho envorcáronse en 20 minutos cheos de emoción, con xogadas tremendas como unha saída da meta Adriana que remataba cunha gran ocasión.

Abellá - Xallas (5-1)

  • Andrea Barbeira; Maite, Saskia, Carla, Alicia; María, Luchy, Noelia; Paula Barcia, Andrea Otero e Olalla. Tamén xogaron: Inés, Paula, Zaira, Leti e Michelle.
  • Goles: 1-0, m.5: Ángela; 2-0, m.22: María; 2-1, m.47: en propia; 3-1, m.63: Araceli; 4-1, m.71: Lucía; 5-1, m.75: Antía.

Saíron frías, como o día, as xalleiras, e xa comezaban encaixando. Non superaban ás rivais nin o aire, e non chegaban balón con claridade a liña ofensiva. Aínda así tiveron un balón ao longueiro e varias aproximacións que puideron igualar o choque. Pero un desaxuste defensivo permitiu o 2-0 co que se chegou ao descanso.

Saíron moito mellor na segunda as de Rupper, que pronto recurtaban. Cando mellor estaban as costeiras, a favor de vento, chegou a xogada que condicionou o encontro: a porteira xalleira, de novo a xogadora de campo Andrea Barbeira, saíu por un balón dividido e a dianteira local craváballe os tacos, marcando a pracer de contado, ante as protestas das verdes. Andrea non poido seguir saíndo do partido mancada, esperando que non sexa nada grave.

Metíase a capi Luchy baixo paus e as locais aproveitaban para golear.

3ª Div. Feminina, Gr.2, xornada 12

Corcubión - Ponteceso (2-0)

  • Corcubión: Alexia, Elisa, Alexandra Lojo, Victoria, Cris, Carla, María Castro, Claudia, Helena, Noa e Paula Trinidad. Tamén: Elena Atán, Marta Lavandeira, Ana Sierra, Andrea e Daniela.
  • Ponteceso: María (Colores, m.67), Noe, Myre, Ainhoa, Saray (Mel, m.58), Silvia, Oanes, Eva, Muiño, Andrea, Noemí. Tamén: Berdeal, Candela e Lucivili.
  • Goles: 1-0, m.29: María Castro; 2-0, m.41: María Castro.
Carla Lema e Eva Carril capis do Corcubion e Ponteceso
Carla Lema e Eva Carril, capis do Corcubión e Ponteceso, co colexiado Iván Guerra

Gran partido do Corcubión que deu unha das sorpresas da xornada, facendo un gran partido ante unhas das favoritas, facendo gala dunha gran eficacia. As boas combinacions de Noa, Trini e Maria, que marcou os dous goles, permitiron ás de Rubén Castillo ir por diante ao descanso, a pesar de que o balón estaba máis nos pés das visitantes. Cos enormes saques de banda de Ainoa, e coa presenza arribas Andrea e Noemí, o Ponteceso tivo varias ocasións permo estiveron acertadas.

Noia B - Mazaricos (0-3)

  • Mazaricos: Valeria, Saray, Silvia, Mariña, iria Buján, Antía, Claudia, Lúa, María Senra, Tamara e Ánxela. Tamén: Paula Maneiro, Paula Rod., María Tajes, Katia e Fátima.
  • Golers: 0-1, m.28: en propia; 0-2, m.67: Lúa; 0-3, m.73: Ánxela.

Non xogou o seu mellor partido o equipo de Rachón, que empezaban moi durmidas, sen intensidade. Só á media hora tras un par de córner se adiantaban as amarelas cun gol en propia. Sen merecelo, chegaban por diante ao descanso.
Tras o paso polos vestuarios cambiou un pouco a mentalidade do equipo ainda que non daban atopado a tecla. Co paso dos minutos e sobre todo coa entrada dos cambios o equipo mellorou e empezou a coller confianza o que propiciou o segundo gol de Lúa e a sentenza de Ánxela.

Mazaricos feminino celebrando a vitoria

Muxía - Bergantiños B (4-1)

  • Muxía: Sheila Rey, Marta Caamaño, Andrea Insua, Nuria, Denise, Nerea, Patri Romaní, Raquel, Elsa, Paula Rey, Barca. Tamén: Andrea Dom., Sara, Xeila Castro, Adriana.
  • Bergan B: Ari; Aroa Varela, Valeria, Amelia, Aïsha; Ainhoa, Erika, Jimena; Antía, Arancha, Aroa García. Tamén xogaron: Clara, Sara Barbeito e María.
  • Goles: 1-0, m.17: Barca; 2-0, m.37: Barca; 3-0, m.38: Patri Romaní; 3-1,m .72: Aroa; 4-1, m.88: Patri Romaní.

Forte temporal en Arliña, cun Bergan que chegaba con baixas pero que conseguía aguantar ata o primeiro tanto. Foron aparecendo esas xogadoras diferenciais que fan deste equipo un claro candidato a todo, e o xogo e os tantos foron chegando, sobre todo eses dous ao fío do descanso que deixaron o choque listo.

Cerqueda - Dubra (1-1)

11 do UD Cerqueda feminino demcebro 2023

  • Cerqueda: Paula, Jimena, Lucía Rod., Tania, Tatiana, Irene, Lorena, Vanesa, Uxía, Raquel e Inés. Tamén: Carla, Alba, Sonia e Mariña.
  • Goles: 1-0, m.5: Lorena; 1-1, m.70: Asia de penalti.

Partido no que as locais mellores, co partido de cara tras poñerse por diante, pero que se complicou por un penalti no treito final que as cerquedás consideraron fóra da área.

Cabana - Dumbría (0-3)

  • Cabana: Míriam, Antia (Aitana), Sheila, Aroa, Valeria (Begoña), Inma, Iría (Jessi), Irene, Alison (Alejandra), Adriana (Natalie), Saray.
  • Dumbría: Lissete, Carril, Martina, Neli, Yoli, Sabela, Eva Lema, Reyes, Paula Fandiño, Juliette, e María das Carisas. Tamén: Naira, Lucía, Icía e Alba.
  • Goles: 0-1, m.20: Paula Fandiño; 0-2, m.47: Juliette, 0-3, m.52: Yoli.

Aguantaron ben no primeiro tempo as locais a un Dumbría algo dubitativo, cometendo erros na saída de balón que lles provocou máis dun susto ás de Santi. As ocasións da primeira metade chegarían máis por ganas e empuxe do equipo e a calidade individual que por accions colecctivas. Xa no segundo, os erros das de Jose Manuel deixaron un par de regalos tempraneiros que deixaban o partido listo.

Corme - Nicrariense (2-0)

  • Corme: Belén; Carla Vázquez (Lucía), Laura, Irene, Aurora (Ana); Nerea (Candela), Olalla (Salomé), Carla, Nati, Cris e María.
  • Goles: 1-0, m.55: María; 2-0, m.70: Carla.

Superou o Corme ao Nicrariense e ao temporal. Dominaron as de Rubén Souto, na primera parte tiveron varios disparos lonxanos de Carla, un deles que dou no Pau e un de Nati que cruzou e se foi por pouco puderon cerrar o partido. Pero non foi ata a segunda parte cando conseguirían abrir o marcador cunha incansable María que daría a tranquilidade para poder darlle máis pausa o xogo. E nesa pausa chegaria o segundo gol por parte de Carla que acabaría de matar o partido.

 

MÁIS NOVAS DO FUTFEM

CRÓNICAS DO FUTFEM

Comentarios