Venres. 17.05.2024
El tiempo

Promoción da 3ª: Inxustificable

Promoción da 3ª: Inxustificable

Podemos ver aquí os feitos que aconteceron este domingo no Novo Cubaleiro na Promoción da 3ª Autonómica no choque entre Corcubión e Muxía. Un choque tenso e polémico, cunha actuación arbitral moi protestada polo muxiáns pero que en todo caso non xustifica saltar ao campo a intentar agredelo.

Escenas que deben ser borradas dos nosos campos...No Corcubión-Muxía. Mañá contamos que aconteceu.

Posted by Fútbol da Costa on Domingo, 31 de Maio de 2015

Tralo visto na acta pode enfrontarse o cadro muxián a unha boa sanción, ademais de ver como o ascenso se lle pon costa arriba tralo resultado final, e iso que comezou gañando.

Na outra eliminatoria, o Coristanco pegou un paso adiante ante o Lira, prevendo xa unha posible finalísima polo ascenso entre Corcubión e Coristanco, comezando no Cubaleiro. Pero aínda queda a volta por roer.

Corcubión - Muxía (4-1)

  • CORCUBIÓN: Beto, Javi, Trillo, Marco, Senra, Alan, Gabi, Toja, Gorka, Lema e Lourido. Tamén xogaron: Sebas, Edu e Mario xuvenil.
  • MUXÍA: Papi, Peski, Currás, Claudio, Martín, Javi (Esteban), Julián, Conguito, Gerardo (Josiño), Alberto (Víctor Alcaina) e Arxires.
  • Goles: 0-1, min.22: Arxires; 1-1, min.58: Lourido; 1-2, min.75: Iago Lema; 1-3, min.87: Lourido; 1-4, min.89: Sebas.
  • Expulsións: por bando muxián, o adestrador Suso Rey (min.22), Juan Prado no banco por dicirlle ao colexiado “Estás comprado” (min.31), Arxires (min.40) e Santi Papi (min.89) por protestar “Non tendes nin idea. Es moi burro”. O colexiado ademais deixou constancia na acta de dúas agresións: “me golpearon en la cabeza sin poder identificar el autor” e “una aficionada del Muxía me propinó 8 puñetazos en la boca del estómago”, e de varias amenazas dos xogadores e afeccionados muxiáns. Tivo que acodir a Garda Civil para rematar o partido.

Menudo partido o vivido en Corcubión. 150 afeccionados, con moitos chegados de Muxía, disfrutaban dun partido tenso. Adiantábase o Muxía cun tanto de Arxires, pero un penalti pitado aos corcubioneses que paraba Papi xa comezaba a provocar as protestas dos muxiáns. Un muxiáns que pensan que o colexiado xa viña preparado para eliminalos, que denuncian que ademais da actitude chulesca do colexiado, un asistente ata se riu deles e lles chegou a facer un corte de manga.

Foi aí cando saltou ao campo un longo grupo de afeccionados do Muxía, para intentar agredir ao colexiado. Escoltados por varios xogadores do Corcubión e os seus delegados, conseguiron escapar a fóra do campo, entrando por unha porta lateral aos vestiarios ata que chegou a Garda Civil.

Na segunda, cun home menos, o cadro muxián tívose que meter atrás. O Corcubión empezou a mandar e facer dano, e pronto os dous puntas corcubiones, Lourido e Lema, xa marcaban. Tardaron en chegar os últimos 2 tantos, xa case que co tempo cumplido, por medio de Lourido e Sebas, que deixan a eliminatoria encarrilada para os de Lema.


Lira - Coristanco (0-2)

  • LIRA: Peipo, Josiño, Eloy, Pardelo, Pelos, Estrella, Pata, Demetrio, Oli, Saúl e Adrián.Tamén: Yeray, Aitor, Miky e Manu.
  • CORISTANCO: Nacho, José, Ruben (Marcos, min.85), Sergio, Mato, Iván, Pazos (Mallón, min. 75), Damián (Toni, min.70), Joni (Facal, min.60), Gonzalo e Lagoa.
  • Goles: 0-1, min.2: Pazos á saída dun córner; 0-2, min.85: Mallón.
  • Expulsión: Pelos no min.10.

O gol inicial de Pazos e a expulsión de Pelos aos 10 minutos deixando ao Lira 80 minutos cun home menos (ademais dos Remedios…) foron claves para o devir do partido. O Coristanco mandou no partido, ante un Lira que aguantaba e intentaba saír nunha contra, pero se viron sorprendidos polo comezo fulgurante dos de Da Silva. Marcaban aos 3 minutos tras un córner botado por Lagoa, e tras uns minutos de intensidade, o Lira conseguía impoñerse no medio campo. Así e todo a mellor ocasións da primeira foi un penalti por mans que tira Juan Lagoa e para Peipo. Algunha ocasión mais tería Gonzalo pero o 0-1 non se movería ata o descanso.

O Lira saíu moi forte na segunda, a pesar de estar cun home menos. O Coristanco aguantaba atrás pero o Lira aínda tivo dous balóns ao pau e unha de Manu só diante do porteiro que marchou fóra, e mesmo pediron unhas mans dentro da área visitante.
O Coristanco puido tamén ampliar con dúas chegadas de Juan a pase de Gonzalo, pero foi Mallón, xa Mallon a 5 do final o que daba certa tranquilidade aos visitantes cun tiro dende o borde da área. Estaba tocado o Lira aí xa, despois do esforzo, e Iván puido meter o terceiro nunha falta que petou no longueiro.

Complicado pero non imposible o ten o Lira para a semana na Rocheira.


Crónicas da semana

Torneos estivais

Novas relacionadas

Primeiros títulos colleitados

Máis información

Fonte

Lio no Cubaleiro entre Corcubion e Muxia

Comentarios