Contramínate trasladou a preocupación pola ameaza que os eólicos e a macrogranxa supoñen para os Penedos

Convocaba a Xunta este pasado venres unha Xornada de Participación sobre o Plan de Xestión da Paisaxe Protexida Penedos de Traba e Pasarela no Salón de Plenos do Concello de Laxe. Sen apenas presencia municipal (só estivo a concelleira de Cultura para presentar o acto e marchar), non faltaba á cita á Asociación Ambiental Contramínate que, entre outros presentes, fixo unha serie de recomendacións:
”Consideramos os Penedos de Pasarela e Traba, así como as terras e paisaxes que conforman dita unidade paisaxística, isto é, o val de Traba e o val de Aplazadoiro, están seriamente ameazados por dous proxectos empresariais tremendamente agresivos coa súa integridade:
- Tras Parques Eólicos: Monte Chan, Pena dos Mouros e Soesto, promovidos por EDP Renovables España, S.L.U. e Naturgy.
- Unha macrogranxa no lugar de Señoráns -Vimianzo promovida por Ganadería Os Loureiros SL”.
Xa explicaran nas alegacións presentadas no seu día en relación ao impacto ambiental, e aseguran que non existen razóns para consideralos de interese xeral, “máis ben privado, causando danos irreversibles nas comunidades afectadas”.
Ademais, amosaron as súas dúbidas sobre a idoneidade de crear 2 aparcamentos na zona dos Penedos polo que solicitan que tanto os Concellos de Laxe e Vimianzo como a Consellería de Medio Ambiente “consideren incompatible a defensa e protección da paisaxe coa presenza de parques eólicos e de macrogranxas na contorna dos Penedos de Pasarela e Traba.”
NOVAS SOBRE OS PENEDOS DE TRABA E PASARELA
- Setembro 21: Patrimonio comprométese a rexeitar calquera proxecto eólico que afecte aos Penedos de Traba e Pasarela:
- Laxe e Vimianzo presentan o novo folleto coas rutas dos Penedos.
- 14-06-21: A veciñanza tamén dixo non aos Eólicos sobre os Penedos.
- 28-05.21: O PP rexeitou no Parlamento unha enmenda para paralizar os Penedos de Traba e Pasarela.
- 23-05-21: A poesía voltou ao rescate dos Penedos.
- Maio 21: Civismo e cultura únense para salvar os Penedos da invasión eólica.
- Abril 21: "Esta paisaxe xera máis riqueza que os parques eólicos”.
- 30-04-2021: Laxe e Vimianzo tiran dos Penedos de Traba e Pasarela .
- 27-03-2021: O pleno de Laxe esquece os Penedos de Traba e Pasarela.
- "Esta paisaxe xera máis riqueza que os parques eólicos”.
- Febreiro 21: Constitúen a Plataforma Salvemos os Penedos.
- ANOVA: “A Xunta paraliza a ampliación da Rede Natura para favorecer a ubicación irregular de eólicos como os de Monte Chan”.
- O BNG oponse ao PE Monte Chan, “unha ferida de morte na paisaxe dos Penedos”.
- O SEMESCOM presentou alegacións contra os dous proxectos dos parques eólicos que ameazan os Penedos.
- 22-02-2021: O BNG de Laxe presenta unha moción para que o pleno rexeite os Parques Eólicos de Monte Chan e Pena dos Mouros.
- Xan Fdez. Carrera: Novo ataque á Costa da Morte.
- 18-02-2021: Os Concellos de Laxe e Vimianzo plántanse ante o parque eólico Monte Chan pola súa afectación aos Penedos.
- PE Monte Chan: Adiante Vimianzo e BNG presentan alegacións ao PE Monte Chan por afectar á Paisaxe Protexida dos Penedos.
- PE Monte Chan e Pena dos Mouros: A veciñanza de Laxe denuncia dous proxecto eólicos sobre Laxe, Camelle e Vimianzo.
- Xaneiro 2020: Vimianzo e Laxe únense de novo para esixir que a Xunta comece o Plan Estratéxico dos Penedos.
- Novembro 19: Os Concellos de Laxe e Vimianzo retoman, en serio, o proxecto dos Penedos de Traba e Pasarela.
- Decembro 2018: Os Penedos xa ten imaxe para o seu póster.
- Novembro 2018: 10 anos despois a Xunta comeza a traballar no Plan dos Penedos.
- Setembro 2018: Os penedos cobran vida.
- 2018: Laxe e Vimianzo únense para reivindicar os Penedos como #moitomáisquepedras.
- 2018: Augusto Pérez-Alberti: “É lamentable que a Xunta non fixera nada dez despois da declaración dos Penedos de Traba e Pasarela como Paisaxe Protexida”.
- 2018: Unindo forzas entre Concellos para salvar os Penedos
- 2016: O SEMESCOM presenta dous calendarios para o 2016 con imaxes dos Penedos de Pasarela e Traba.
- 2014: Vimianzo esixe o Plan de Conservación dos Penedos de Traba e Pasarela.
- Os vídeos da Semescom: Os penedos de Traba e Pasarela.
- 2009: Os Penedos de Traba e Pasarela son oficialmente Paisaxe Protexida