Sábado. 05.10.2024
El tiempo

Nin a chuvia pode cuns trasnos que intentarán facer o Camiño dos Faros en 48 horas

Nin a chuvia pode cuns trasnos que intentarán facer o Camiño dos Faros en 48 horas

Unha fin de semana máis, unha marea de trasnos invadiron o litoral costeiro para realizar unha etapa do Camiño dos Faros. A pesar da chuvia, que non perdoou un segundo, foron 350 camiñantes os que uniron Ponteceso e Laxe, disfrutando e descubrindo tesouros.

Paradas xa coñecidas como as do Castro A Cibdá de Borneiro e Dolmen de Dombate, pero disfrutando da charla de Anxo Eiroa a visita é diferente.
Tocaba subida, a do Castelo de Lourido, cunha das vistas máis espectaculares do Camiño. Para baixar ata Laxe e disfrutar da súa fermosa praia urbana. Antes, moitos quedaron sorprendidos ao ver, aló ao fondo, a Trufa, unha das construcións máis especiais de toda a bisbarra.

Seguindo o Camino dos Faros-Foto-Adrian Varela

O Ultratrail

Presentando a proba Piloto do Ultratail Camino dos Faros

Aproveitan os trasnos as previas das etapas, cuns sábados completos. Desta volta, ademais dun traskiconcerto na Ventana de Laxe, a noite sabatina serviu para a presentación do "Ultratrail Camiño dos Faros Edición Piloto". Unha bestialidade que consiste en percorrer os 203 km que unen Malpica e Fisterra polo litoral, en menos de 48 horas.
Unha proba piloto para analizar a viabilidade para crear unha prona competitiva no 2015.

A proposta desta proba piloto farase con saída de Malpica o 25 de xullo ás 0:00h, e chegada ao anoitecer do 26 ao Faro Fisterra.

Vindeira etapa

Será o vindeiro domingo 13 de abril cando os trasnos volvan tomar os sendeiros para facer a 4ª etapa do Camiño dos Faros entre Laxe e Arou.

Subindo o Camino dos Faros-Foto-Adrian Varela

Máis información

Novas relacionadas

O Camiño dos Faros por etapas

Fonte

Comentarios