Venres. 26.04.2024
El tiempo

Fotodesfeita: A gaivota e a "inofensiva" bolsa de plástico

Fotodesfeita: A gaivota e a "inofensiva" bolsa de plástico
Fotodesfeita Plasticos nunha gaivota María Aurora Rodríguez Fernández atopou esta desagradable escena na praia de Razo

Cantas veces temos denunciado o mal uso dos plásticos no noso contorno. Por xemplo, facendo de altofalante das verdades incómodas de Xosé Manuel Barros e das xornadas de formación, de concienciación medioambiental e de limpeza voluntaria da Asociación Mar de Fábula.

Pero hai veces que unha imaxe é moito máis impactante que ducias de campañas. E así cremos esta foto que nos manda María Aurora Rodríguez Fernández. Esta semana paseaba pola praia de Razo, en Carballo, e atopaba esta desagradable escea dunha gaivota atrapada nunha bolsa de plástico. “Unha triste realidade que nesta ocasión grazas a colaboración dunha señora tivo un final feliz”, recoñece a propia autora, que nos envía a imaxe para “chegue a maior parte da xente e que as imaxes axuden a concienciarse dun problema grave e por conseguinte loitar por unha convivencia agradable entre as diferentes especies”.

Aurora considera que “é posible conseguilo e hai que intentalo dende edades ben tempranas, a educación e o respecto é o mais importante”. Facemos nosas as súas palabras.

Foto de María Aurora Rodríguez Fernández de como unha gaivota sofre atrapada nunha bolsa de plastico na praia de Razo Foto de María Aurora Rodríguez Fernández de como unha gaivota sofre atrapada nunha bolsa de plastico na praia de Razo

Novas relacionadas

Fotodesfeitas

Podes enviarnos a túa fotodesfeitas a [email protected] ou a través do noso Facebook.

Fonte

Comentarios