Un recoñecemento á traxectoria de Viki Rivadulla

Con motivo da conmemoración do 8 de marzo como Día da Muller, a Acción Feminista do BNG Costa da Morte pon en marcha a partir deste ano un acto que, baixo o nome de “As nosas mulleres”, pretende pór en valor, recoñecer e homenaxear ás mulleres da comarca que dende a súa profesión e valentía, abren camiño ao feminismo.
Este ano 2025, o grupo feminista do BNG decidiu dedicarlle o evento á artista muxiá Viki Rivadulla, nun que acto terá lugar o vindeiro domingo 2 de marzo, ás 19:00h, na Capela do Pilar de Corcubión.
Artista, loitadora, creadora, é toda unha referencia en toda Galicia.
A idea da Acción Feminista das nacionalistas da Costa da Morte é a de ir premiando cada ano a mulleres destacadas tanto na súa faceta profesional como na súa loita pola igualdade.