Luns. 06.05.2024
El tiempo

A canteira toma o protagonismo nunha xornada plena para o balonmán costeiro

A canteira toma o protagonismo nunha xornada plena para o balonmán costeiro

Emocionante partido no Areal onde todo decidiuse nos 10 últimos minutos quedando a vitoria na casa. Unha vitoria serve para consolidar ao Conservas Boya no 4º ou 5º posto, de cara ao final da liga, un bo balance tendo en conta as limitacións que se sufriron ao longo de todo o campionato. Ademais, o Bm. Camariñas segue apostando pola canteira e os novos valores teñen cada vez máis protagonismo.

Mentres, en Carballo, preto de 400 seareiros no Vila de Noia para ver e disfrutar a nova vitoria do Calvo Xiria na súa carreira por manter a segunda praza da liga de 1ª Estatal, nun partido marcado pola intensidade defensiva carballesa que deixou ao equipo do Bm Pontevedra en 19 goles.

E por se foran poucas alegrías, doble vitoria para os equipos da 1ª División Autonómica Feminina. O Bm. Camariñas vencía ante o Carballal, cun partido moi serio das espartanas.asentándose na 5ª praza. Pola súa parte, o Goldie Xiria tamén vencía en casa ante o Lalín, e sobe ata a 11ª posición.

Nunha xornada na que o balonmán costeiro tamén tiña un ollo posto en Cangas, onde o carballés Pablo Iglesias, da canteira do Xiria e recentemente fichado polo Frigoríficos do Morrazo da Asobal, anotaba 3 goles a toda unha defensa do Barcelona, salvando a estrellas internacionais como Viran Morros (ao que pouco máis e lesiona dunha cabezada) e Nikola Karabatic. O 3º, un golazo!!

1ª División Autonómica, xornada 18

  • Resultado: Bm. Camariñas - Hierros MIguel Seis do Nadal (33-29)
  • Balonmán Camariñas: Bruno (p), Iván (p), Alán (4), Fary (3), Eusebio (3), Jaime (2), Checho (2), Ángel (1), Fabio, Borja (12), Catalán (5), Dani, Damián, Antelo (1).

Igualdade total durante o primeiro periordo, con leves alternancias no marcador, onde a diferenza mais ampla foi precisamente no final da primeira parte. Na segunda metade, o banquiño camarián foi aos poucos facéndose co partido ante un equipo sobremotivado, moi duro en defensa, pois chegaba moi tarde ao choque.

Os locais xogaron o seu partido impoñendo a súa rapidez e dando máis protagonismo aos novos canteráns que veñen apretando moi duro desde o equipo xuvenil, pero malia todo as baixas deixáronse notar, xa que a falta de Perón, Xavi e Froitos deixouse sentir, sobre todo nas substitucións.

O vindeiro sábado visita a Ribadavia para xogar co lider Ribeiro Viña Costeira. O lider perdeu en Camariñas de 1 gol no partido de ida.

1ª División Estatal, xornada 23

  • Resultado: CALVO XIRIA - VITALDENT BM PONTEVEDRA (30-19).
  • Calvo Xiria 30 (14+16): Iago [p], Ramón (2), Sergio (3), Zas (4), Gonzalo (4), Brais (2), Manuel (3) -equipo inicial- Zúpez [p], Calvete (2), Martín (4), Iván (1), Javier (2), Rubén, Jorge (3).
  • Marcador: 4-2, 4-2, 7-3, 10-4, 11-5, 14-7 (descanso); 16-7, 20-11, 22-13, 24-15, 27-18, 30-19 (final).
  • Defensa e portería foron as claves dun partido no que se plasmou a diferenza na clasificación entre os dous conxuntos. Dende o asubío inicial o conxunto visitante tivo moitas dificultades para poder achegarse á liña de seis metros que defendían os carballeses o que provocaba unha mala selección de lanzamento facendo máis doado o traballo de Iago e Martín baixo os paus.

    A pesares das inxustas exclusións nos primeiros minutos de Manuel e Ramón o bloque local mantivo o seu nivel defensivo e deixoulle ben ás claras ao seu rival que desta volta non ía tirar proveito algún do encontro. So a mala definición nalgunhas accións de lanzamento impediron que o Calvo Xiria chegase ao tempo de lecer cunha vantaxe maior.

    O segundo acto sobrou totalmente e so serviu para que os carballeses ampliaran a súa diferenza no electrónico ante un rival que intentou diferentes defensas para poder entrar no partido pero ningunha delas deu o froito agardado.

    A vindeira xornada enfrontaranse o Calvo Xiria e o Seis do Nadal, terceiro clasificado e perseguidor do conxunto carballés, nun partido que determinará quen queda con opcións de acadar definitivamente a segunda praza que da acceso á fase de ascenso. Será o sábado ás 18:30 horas no pavillón vigués de Coia.

    1ª División Autonómica Feminina, xornada 24

    • Resultado: AD Carballal - Bm. Camariñas (15 -21).
  • BM CAMARIÑAS: Karen (p), María Oanes, Cris Barreiro, Aida (4), Sara (6), Sande, Cris Caamaño, Laura, Mónica Barreiro (3), Karina (1), Alicia (7) e Tina.

Saíron metidas no partido con unha gran defensa que deixaban as de Vigo en solo un gol en 15 minutos, en ataque non estiveron todo o finas que debían pero gracias a defensa chegouse o descanso con unha clara vantaxe de 7-12.
Segunda parte na que as espartanas saíron esperando que acabase canto antes o partido para levarse os dous puntos pero o equipo local aínda non dixera a ultima palabra xa que a falta de 5 minutos e despois de 3 exclusións seguidas igualarían o encontro 15-15.

Os últimos minutos o conxunto de Camariñas xogou sen cometer ningún fallo e levouse o partido con un parcial de 6-0.

O Próximo encontro dispútase en Camariñas o sábado ás 18:00h contra o Pabellón de Ourense, equipo moi duro en defensa no que as espartanas intentarán seguir progresando para acabar o mellor posible esta temporada. E non queda aí a xornada da fin de semana vindeira, xa que tamén o domingo teranse que desplazar a Ferrol para disputar o partido aplazado.

1ª División Autonómica Feminina, xornada 24

  • Resultado: GOLDIE XIRIA - BM LALIN (26-21).
  • Parcial ao descanso: (13-10).
  • GOLDIE XIRIA 26 (13): Lucía e Brenda (p), María 4, Raquel, Juana 11, Adriana 1, Marta 7, Jéssica 3 (equipo inicial) Cris, Isa, Tamara, Zeltia, Natalia e Manón.

Sairon a pista motivadas e con moitas gañas as xogadoras do Goldie Xiria ante un Bm Lalín que o intentou ata o remate final.
A defensa 5:1 do Xiria daba unha vantaxe momentanea ás locais, que cobraron distancia no marcador ata que o equipo visitante se amoldou e as súas laterais conquerían fáciles lanzamentos o que igualou o partido, na recta final da primeira metade o Xiria freou as embestidas do rival e con bo xogo de ataque situabase con 13 a 10.

Na segunda metade as combinacións de ataque unidas a intensidade defensiva amosaron un Xiria superior que controlou o marcador e ao seu rival, a quen con esta vitoria supera momentaneamente na clasificación a falta de tan só dúas xornadas para o remate da Liga.

A vindeira fin de semana o Goldie viaxará a Salceda de Caselas, será o domingo as 12,30 da mañá.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Notas de prensa do Balonmán Camariñas e do Balonmán Xiria.
Gol de Pablo Iglesias ao Barcelona

Comentarios