Luns. 06.05.2024
El tiempo

Derrotas doces para o balonmán costeiro

Derrotas doces para o balonmán costeiro

Xornada con 5 partidos dos nosos 4 equipos e apenas un par de vitorias colleitadas unicamente polo Encaixe de Camariñas que consolida consolida así a 5ª plaza a falta de un partido para acabar a liga. Non tivo tanta sorte o Goldie Xiria na 1ª Autonómica Feminina, que se mantén antepenúltima.

Mentres, en 1ª Autonómica Masculina, bo partido e boa arbitraxe en Vigo para o Bm. Camariñas. E malia que o resultado non acompañou, a visita ao Viña Costeira, practicamente campión a falta de dous partidos, foi relativamente positiva. Notaron as ausencias os conserveiros de Perón, Xabi, Catalán, Frutos e Alan, pero malia todo se tuteou ao lider na súa casa.

Ademais, perdeu o Calvo Xiria ante o Seis do Nadal en partido de antepenúltima xornada da liga de Primeira Estatal por 27 goles a 25. Mais foi unha doce derrota para os carballeses e unha amarga vitoria para os vigueses, xa que o Calvo Xiria mantén a segunda posición logo de salvala pola diferenza de goles –na primeira volta o cadro carballés fixérase ca vitoria por catro goles-.

1ª División Autonómica, xornada 18

  • Resultado: Ribeiro Viña Costeira - Bm. Camariñas – (35-30)
  • Balonmán Camariñas: Bruno (p), Iván (p), Fary (10), Eusebio (3), Jaime, Checho (1), Ángel, Fabio, Borja (11), Dani, Damián (4), Antelo (1).

Con Borja e Fary como directores de xogo, entre os dous fixeron 21 dos 30 goles visitantes, plantou cara o Camariñas a un lider confiado, soamente a 10 minutos do final consigueron afastarse no marcador a base de defensas mixtas ao home, inutilizando a Fary e Borja. Malia perder os dous puntos, a expedición regresou contenta a Camariñas, pois se viu un gran partido.

O próximo partido será en Camariñas, que servirá para despedir a liga como local, contra o Porriño, un bo partido, que o Camariñas deberá gañar malia as lesións, sería un bo colofón para terminar a liga a seguinte fin de semana en Vigo contra o Lavadores.

1ª Estatal, xornada 24

Balonman Xiria en Vigo-Foto-Alberto Gomez
  • Resultado; MAGOPE SEIS DO NADAL COIA - CALVO XIRIA (27-25).
  • Calvo Xiria 25 (11+14): Iago [p], Ramón, Manuel (3) , Sergio (4), Zas (8), Jorge (2), Brais (5)-equipo inicial- Zúpez [p], Iván , Gonzalo, Calvete, Martín (3), Javier, Rubén.
  • Marcador: 3-0, 6-1, 8-2, 10-4, 11-7, 14-11 (descanso); 14-13, 17-16, 20-17, 23-21, 25-24, 27-25.
Bancada Verde en Vigo co Xiria-Foto-Alberto Gomez

O partido comezou moi mal para os intereses dos verdibrancos, xa que o seu ataque non poñía en ningún tipo de dificultade á defensa local, tal foi así que ata o 6:43 non acadou gol algún, tardando ata o 10:12 en subir o segundo ao seu taboleiro. Pola contra os vigueses xa tiñan conseguidos nese minuto seis goles empatando o particular duelo que supuña o partido pola diferenza de goles. Nin o tempo morto solicitado polo adestrador do Calvo Xiria valeu para por certa normalidade entre os seus xogadores.
O Magope seguiu ampliando a diferenza e no minuto 21 un parcial de 11-4 outorgáballe a segunda praza. Mais un tempo morto solicitado polos locais serviu de punto e aparte no encontro. Cuns seareiros carballeses animando sen descanso aos seus e cun descaro no eido ofensivo que non estivera presente ate ese momento a diferenza no marcador comezou a minguar, conseguindo chegar ao descanso cun resultado de 14-11 que facía presaxiar unha segunda metade moi disputada. A clave da recuperación estivo na tranquilidade nos momentos negativos que tiveron os xoves xogadores carballeses, non se deixando levar polas presas nin polas individualidades.

O segundo tempo foi claramente de cor verde, logo dunha boa saída dos vestiarios os carballeses chegaron a empatar o encontro a 14 goles. Os locais xa non xogaban tan cómodos e so a diferente vara de medir as exclusións para dúas defensas moi agresivas no segundo tempo, dúas por cinco do Calvo Xiria, mantiveron por diante aos vigueses, mais tivo opcións de traerse os dous puntos para Carballo se tivese máis tino nalgún lance do xogo. Dende logo mellor sabería unha vitoria pero hai derrotas que polo traballo feito e o premio acadado case saben coma os dous puntos.

Logo desta xornada o Calvo Xiria queda xa sen marxe para a perda de máis puntos nas dúas xornadas que quedan de liga, toda vez que o conxunto olívico ten dous partidos moi doados ante o Bm Ourense e o Granitos Carballal. Pola súa parte os carballeses teñen a primeira das súas finais no Municipal Vila de Noia ante o Luceros, equipo que marcha na cuarta posición da táboa. O enfrontamento será o vindeiro sábado ás 18:00 horas. Os seareiros carballeses xogarán de seguro un papel fundamental na vitoria do seu equipo, agardamos que enchan o Vila de Noia de folgos para os seus.

1ª Autonómica Feminina, xornada 25

  • Resultado: BM. CAMARIÑAS - OURENSE (27-13).
  • Parcial ao descanso: (17-5).
  • BM. CAMARIÑAS: Karen, Maria Oanes, Alicia (2), Sara (7), Laura (1), Aida (5), Karina (4). Tamén xogaron: Cris Barreiro (1), Vero, Cris Caamaño (2), Tina (2), Mónica (3).

Partido fácil contra un dos equipos que esta nos postos baixos da táboa. Saleu o equipo camariñán moi concentrado en defensa e gracias a eso os goles de contrataque eran continuos chegandose o descanso co partido resolto.

Segunda parte que serviu para probar unha defensa diferente e un ataque con máis cousas que apenas se entrenaran, aínda así, e despois de que o equipo visitante se achegara a 6 goles as de Camariñas con un último esforzo sentenciaron o encontro nos últimos minutos.

1ª Autonómica Feminina, xornada 22

  • Resultado; FERROLTERRA - CAMARIÑAS (20-29).
  • Parcial ao descanso: (13-14)
  • BM. CAMARIÑAS: Karen (p), María Oanes (3), Alicia (2), Cris Barreiro (1), Aida (1), Sara (8), Karina. Tamén xogaron: Nerea (1), Vero (3), Cris Caamaño (2), Mónica (6), Tina (2).

Partido disputado en Ferrol o domingo pola suspensión do mesmo por problemas na pista, resultado inicial 6-8 no minuto 13 a favor da de Camariñas. Comenzaron o partido medio dormidas como nos teñen acostrumbrados as de Camariñas por ser domingo e despois do cambio de hora onde as cousas que sempre fan ben non saían, defensas moi débiles, ataques sen convencimento só buscando o un contra un e así se achegaban e incluso se puxeron por diante as de Ferrol.

A 2ª parte nada tiña que ver ca primeira, defensas duras e ataques rápidos e a rapidez do balon foron claves para marcharse no marcador nos primeiros minutos da segunda parte. Deixaron o equipo de Ferrol con tan só un gol en 14 minutos. Relaxación e esperando o pitido final para levarse a segunda victoria do fin de semana.

Último partido disputase en Bueu o domingo contra un gran equipo que xa puxo as cousas moi complicadas na casa, intentarase gañar para acabar con un gran sabor de boca esta liga, e a espera dos partidos de Copa que esperan.

1ª Autonómica Feminina, xornada 25

  • Resultado: BM CASELAS - GOLDIE XIRIA (19-10).
  • Parcial ao descanso: (10-7)
  • GOLDIE XIRIA 10 (7): Lucía (p) Marta 3, Adriana, Raquel, Tamara 2, Zeltia 3 e María (equipo inicial) Natalia 1, Sandra 1, Isa e Manón.

Notou en exceso a falta de efectivos o Goldie Xiria na sua visita a Salceda de Caselas. Se ben, aguantou no marcador grazas a súa defensa e portería, a falta de referencias cara a gol e de fluidez no ataque deixaron en tan so 10 goles o marcador das carballesas. Os moitos fallos diante da portería contraria e as perdas de balón na parte final do encontro propiciaron unha cómoda vitoria do Balonmán Caselas nesta penúltima xornada de liga.

A vindeira semana o Goldie Xiria despedirá a competición contra o segundo clasificado, a Sar de Redondela, será no Pavillón Vila de Noia o domingo as 12,30 da mañá.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Notas de prensa do Balonmán Camariñas e do Balonmán Xiria.

Comentarios