Venres. 19.04.2024
El tiempo

Ex concelleiras socialistas de Ponteceso lembran a Lage Tuñas que sabe da “esperpéntica” situación municipal dende 2018

Ex concelleiras socialistas de Ponteceso lembran a Lage Tuñas que sabe da “esperpéntica” situación municipal dende 2018

Ponteceso está recollendo o relevo do que foi Coristanco ata as últimas municipais, do exemplo de esperpento político municipal. Así o ratificou o pleno do pasado venres, con 4 edís expulsados polo alcalde, Lois Carballido.

Unha situación que a Executiva Provincial Socialista xa coñece dende 2018, segundo podemos confirmar ao termos acceso a unha carta que ex concelleiras Susana Toja Blanco, Isabel Vuelta González e José Luís Pena Romay, lle enviaban a Lage Tuñas en marzo dese ano.

Ante a inacción da Provincial, estes tres ex edís queren facer pública esta carta, preguntándose “Por que seguen protexendo a Lois Garcia Carballido e ocultando información sobre todas as renuncias e a formación dunha nova Executiva Local en Ponteceso, renuncias de antigos militantes socialistas, militantes que levaban parte da súa vida traballando para o partido socialista de Ponteceso, militantes que cumprían os principios e a ética do partido?”.

Lembran que “a anterior Executiva Local de Ponteceso ao finalizar a legislatura do 2019 dimitiu en bloque, formar unha nova executiva local con persoas afines a Carballido, entre eles a muller de Carballido, que nunca antes formara parte da militancia do PSOE. Na actualidade dimitiu o novo Secretario Xeral da Executiva Local de Ponteceso”.

Por iso, aseguran que a día de hoxe “o señor Carballido mente aos medios de comunicación, cando fala do apoio da agrupación local de Ponteceso”.

Carta de ex edis de Ponteceso a PSOE Provincial 1Carta de ex edis de Ponteceso a PSOE Provincial 2

Novas da crise do #PSOEPonteceso

Comentarios