Xoves. 02.05.2024
El tiempo

FSF: Nova xornada completa dos 5 equipos costeiros

FSF: Nova xornada completa dos 5 equipos costeiros
Vila de Cee FSF segue en marcha

Nova xornada completa de Fútbol Sala Feminino cun pouco de todo.

Comezando polo partido da 2ª Estatal, disputado na tarde do sábado no Pavillón de Vimianzo cun pavillón ateigado de público pola visita do filial do Atlético. Nun partido moi igualado e cheo de emoción a vitoria caeu do lado madrileño que foi o único capaz de perforar a porta contraria cun solitario gol de Marta.

Xa na Liga Provincial, descansaba o filial do Fisober, e o resto tiveron resultados dispares. Vitorias para Ponteceso e Vila de Cee, que lles permiten seguir pelexando na zona alta. As pontecesáns sitúanse a 3 do líder, o Viaxes Amarelle, pero cun partido máis, pero afianzan a 2ª praza; mentres que as ceenses seguen pelexando por manter unha meritoria 5ª praza. A de area protagonizouna o Lira, cunha derrota na casa e pola mínima ante un rival asequible.

Ademais, como detalle, a homenaxe do Muxía á porteira da Selección Galega, Eva Lema, natural de Merexo, facendo o saque de honra en Arliña no choque da 3ª Autonómica.

E atentos estaremos á presentación do equipo de FS masculino de Cee esta semana.

2ª División Estatal

O Fisober contra o Atletico de Madrid
  • Resultado: FISOBER F.S.F. – FUTSI ATLÉTICO B (0-1)
  • FISOBER: Leti, Ana, Inés, Myrella e Noelia; tamén xogaron: Raquel, Mai e Tamara.
  • Goles:: Chegouse con 0-0 ó tempo de lecer; 0-1 Marta.

O comezo do partido sinalou o guión do partido , dominio visitante cun conxunto local esperando a media pista na busca de saír en rápidas contras. E xa no primeiro minuto o Fisober acadou a súa contra , na que Noelia enviou cruzado lambendo o pau esquerdo da portería madrileña.
Os minutos foron pasando con esa liña, control do balón do filial “colchoneiro” e as costeiras cun enorme traballo defensivo, tentado aproveitar as súas contras. Ningún dos dous equipos gozaba de ocasións moi claras e de chegar aparecían as porteiras para resolver con solvencia. Con igualada a cero chegouse o tempo de lecer.

Na segunda metade nada cambiou na película do partido, todo transcorría de modo semellante a primeira, dominio visitante e gran traballo defensivo local. Os catro minutos da reanudación Mali enviaba un balón o trabe na mellor ocasión visitante ata eses momentos. Os dous equipos seguían confiando nas súas posibilidades. A mellor ocasión local foi mediada esta segunda metade cando un lanzamento lonxano de Mai golpeou nunha xogadora visitante e cando parecía que se coaba, cuns siareiros que xa cantaban o gol, apareceu unha man milagrosa de Marilia que puido trocar o partido.
Deulle alas as locais a ocasión que disfrutaron dos seus mellores minutos, pero Marilia, porteira visitante na segunda metade, mostrouse infranqueable. E as visitantes que tamén tiñan as súas, tampouco podían superar a Leti.

Pero a cinco minutos para o fin a visitante Marta non errou e marcou un gol que a postre foi definitivo. O gol foi un duro golpe para o cadro costeiro, que arriscou máis e tentouno ata o fin pero as madrileñas mostráronse moi tranquilas e seguras. Sendo elas agora as que gozaban de ocasións a contra, tendo unha moi clara a dous para o fin.
Neses dous últimos minutos decidiron arriscar as costeiras subindo a Leti o ataque de cinco con posesión de balón pero sen acadar froitos.

En definitiva o Fisober volveu a dar a cara nun partido igualado pero sigue sen sumar nun Pavillón de Vimianzo que non lles está a traer sorte está tempada a pesares do bo traballo que está a realizar o equipo coma local. A mellor noticia foi a volta da capitana Ana lesionada dende xaneiro.

Liga Provincial, xornada 20

  • Resultado: Concello de Ponteceso F.S.F. - Espartanas F.S. (5-0)

Bo partido das pontecesás que manteñen a 2ª praza e seguirán pelexando ata o final co líder polo título e o ascenso.

Liga Provincial, xornada 20

  • Resultado: Concello de Carnota Lira - S.D. A Baña (0-1)

Perderon pola mínima as lirachas ante A Baña, un equipo que viña por debaixo no marcador e que sacou demasiado premio ao ofrecido no pavillón de Lamas de Castelo.

Foi un Partido bastante igualado. Na primeira metade as roxiñas tiveron algunha oportunidade máis que as do concello de A Baña pero o marcador non se moveu e foi o descanso con 0-0.

Empezou a segunda parte apretando as roxiñas con oportunidades de Bárbara, Leti e Terre. Tivo Sandra un doble penalti aos 10 minutos, e na seguinte xogada, tras un balón perdido por unha das roxiñas no medio do campo e nunha boa contra das de A Baña marcarían o gol da vitoria xa que o marcador non se moveria máis, aínda que as lirachas o intentarían ata o último segundo.

Liga Provincial, xornada 20

  • Resultado: Trula FSF - Vila de Ce FSF (0-3)
  • VILA DE CEE: Carla, Adriana, Alba, Andrea e María. Tamén xogaron: Sandra e Marta.
  • Goles: 0-1, min.15: Adriana; 0-2, min.17: Andrea; 0-3, min.25: Andrea.
Juan Jesus dando ordes no banco do Vila de Cee FSF

Tocoulle ao cadro ceense viaxar, nesta ocasión a Betanzos, a disputar o partido contra o Troula FS onde as ceenses conseguiron unha importante vitoria e continúan así unha boa racha cara o final de liga a fin de apostar por acabar na cabeza da clasificación estando 5ª e tendo dous partidos menos ca algunhas das suas rivais.

Saíron as ceenses o partido con moito respecto cara o rival, e durante os primeiros 15 minutos ningún dos equipos dominaba claramente o partido. Pero a partir do minuto 15 as ceenses incrementaron o ritmo do partido e Adriana nun forte disparo fora da área consegue abrir o marcador (0-1). Xa faltando 4 minutos da primeira parte nunha falta favorable as ceenses a 2 metros da area, consegue marcar Andrea o 0-2, resultado co cal se iria o descanso do partido.

Xa na segunda parte as ceenses saíron a cerrar o partido e aos 5 minutos Andrea marca de novo o definitivo 0-3. Xa co partido controlado para as ceenses, intentou o Rroula subir o ritmo e intentou crear máis perigo, pero as ceenses tiraron de experiencia defendendo perfectamente e saíndo á contra, e en ningún momento temeron polo resultado que resultaría definitivo 0-3.

Esta semana o reparto de estrelas seran 3* para a capitana Adriana marcando o primeiro gol e liderando ás suas compañeiras; 2* para a fisterrana Andrea seguindo a súa racha goleadora nesca ocasión con 2 tantos; e 1* para Marta cada asimilando mellor a súa reconversión na pivot do equipo.
A vindeira xornada o Vila de Cee recibirá na casa a Artabras Fene FSF, equipo revelación da liga e igualado a puntos co equipo ceense.

Máis información

Novas relacionadas

Crónicas da temporada

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Colabora o Fisober, do Lira FSF, e o Vila de Cee FSF, 5 Coruña e Viaxes Amarelle.

Comentarios