Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Abraham Gerpe, de 24 anos, será o novo candidato do PSOE en Coristanco

Abraham Gerpe, de 24 anos, será o novo candidato do PSOE en Coristanco
Abraham Gerpe segundo pola dereita o novo candidato do PSOE en Coristanco

Pode que sexa o candidato máis novo da zona, i é que este enxeñeiro civil ten só 24 anos. Abraham Gerpe, natural da parroquia de Castro, será o candidato socialista á alcaldía de Coristanco nas eleccións municipais do vindeiro 24 de maio. Un PSdG que aspira a mellorar o seu único concelleiro na corporación municipal, e para iso aposta por unha fonda renovación do seu cartel electoral.

Gerpe aspira “a articular un cambio de rumbo cunha nova forma de facer política baseada na cercanía e no servizo aos veciños”, e se traza como un dos seus principais obxectivos “recuperar a transparencia e a limpeza na vida política local e mellorar a imaxe de Coristanco, seriamente afectada polos continuos escándalos e imputacións xudiciais que afectan ao alcalde e ao goberno municipal”.

“Somos un dos concellos cos impostos municipais máis altos de Bergantiños, pero iso non revirte nunha mellora da calidade de vida, nin en mellores servizos para os veciños. Nós queremos cambiar iso, e por iso proporemos incrementar o investimento en políticas sociais, xerando postos de traballo nesta área para os nosos xóvenes e dotándonos ao mesmo tempo de servizos de atención social e sanitaria para os nosos maiores”, afirmou o candidato socialista, que entende que o avellentamento da poboación e a emigración dos xóvenes por falta de oportunidades laborais son dous dos principais problemas do municipio.

Gerpe avanzou que xa traballa na confección da súa candidatura, na que espera contar “con caras novas e caras coñecidas, con experiencia, pero todos con gañas e ilusión para protagonizar a partir de maio o cambio político que Coristanco necesita”, apuntou.

Novas sobre as Eleccións Municipais

Novas sobre as Eleccións Xerais

Máis novas políticas

Fonte

Comentarios