O PSdG provincial pide a Ferraz a expulsión definitiva dos edís de Vimianzo


Hai un par de semanas unha sentenza xudicial obrigaba ao PSOE de Vimianzo a readmitir aos dous edís teoricamente expulsados, ao considerar que o propio PSOE vulnerou os seus priopios estatutos. Hoxe o PSdG provincial quere solucionar a problemática e vén de falar coa sede central do partido en Madrid, Ferraz, para solventar os trámites necesarios e proceder á expulsión definitiva dos edís.
Foi o secretario provincial dos socialistas coruñeses, o ceense Francisco Caamaño, o que informou esta tarde aos membros da executiva nacional do PSdeG de que solicitou a Ferraz que, en execución da sentencia dictada polo xuíz de Corcubión no asunto da moción de censura do Concello de Vimianzo, “se proceda á subsanación do trámite de audiencia indebidamente omitido durante o proceso e, posto que xa se valoraron xudicialmente os feitos e a pertinencia da sanción, se proceda á expulsión definitiva dos edís que suscribiron a moción de censura no prazo máis breve posible”.
Os membros da CENG do PSdeG manifestaron "o seu apoio a esta iniciativa e o desexo de que se resolva canto antes o asunto para evitar equívocos entre a cidadanía".
Novas relacionadas
- 30-12-13: O PSOE de Vimianzo terá que readmitir aos edís expulsados.
- O Goberno vimiancés anula a licencia dunha nave da empresa do irmán do ex alcalde.
- O alcalde de Vimianzo lembra que PP e PSOE están en contra da moción.
- Domingo Guerra: Cuestión de confianza e moción de censura.
- 07-08-13: O BNG da Costa da Morte denuncia que o pacto antitransfuguismo impide a moción de censura de Vimianzo.
- 05-08-13: O grupo de goberno vimiancés estudia a legalidade dunha nave do líder do grupo censor.
- 02-08-13: O alcalde de Vimianzo recurrirá a sentenza xudicial que abre ás portas a unha moción de censura.
- 01-08-13: Vimianzo volve estar pendente dunha moción de censura.
- 06-03-13: Antelo: “Non haberá moción de censura”.
- 04-03-13: Conmoción en Vimianzo ante a moción de censura e expulsados os 4 edís de PP e PSOE.
- 02-03-13: Moción de censura en Vimianzo.
- 24-07-12: A nova Xestora do PP de Vimianzo non apurará unha moción de censura.
- 31-10-11: Vimianzo segue en plena combustión política.
- 24-10-11: Parón en Vimianzo á espera dunha moción de censura.
Fonte
- Nota de prensa do PSdG Provincial.