Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Os censores convocan un pleno para eliminar a dedicación exclusiva do alcalde vimiancés

Os censores convocan un pleno para eliminar a dedicación exclusiva do alcalde vimiancés
Manuel Antelo, Alcalde de Vimianzo

Segue a crispación política sendo a protagonista en Vimianzo. Onte coñeciamos a denuncia de “chantaxe” da edila Monsterrat Vázquez e a posición do alcalde respecto á mesma. Hoxe é o alcalde o que quere denunciar as “artimañas empregadas polos concelleiros censores froito do fracaso da moción de censura”. I é que na tarde do luns día 28 de abril, ás 19 horas, entraba no rexistro municipal unha solicitude de convocatoria de pleno extraordinario asinada polos concelleiros non adscritos, José Manuel Rodríguez e Montserrat Vázquez, e por dous concelleiros do grupo independente Mónica Rodríguez e Manuel Soto. O fin da solicitude do pleno extraordinario é levar a cabo a eliminación do soldo do Alcalde e inhabilitalo para exercer as funcións que, segundo o alcalde “lle son propias, intentando unha vez máis boicotear o traballo normal do concello”.

Os puntos da orde do día do pleno convocado polos opositores son a “Supresión da dedicación exclusiva ás Tarefas de Alcaldía”, a “Creación dunha xunta de contratación do Concello”, a redacción dunhas “Directrices para o funcionamento do pleno e órnanos colexiados municipais, así como ao acceso á información por parte dos Concelleiros”, a “Creación de varias comisións específicas de investigación” de obras como a travesía de Treos-Tines”, a Casa da Cultura de Baíñas ou o Tanatorio de Baíñas, ademais da creación dunha “Comisión específica de investigación dos acordos tomados sen respectar os dereitos de participación política dos concelleiros Monsterrat Vázquez e José Manuel Rodríguez Blanco.

Para o alcalde “a moción que agora pretenden levar adiante empregando subterfuxios legais para paralizar o traballo municipal, xustamente a un ano das vindeiras eleccións municipais. Como vén sendo habitual nestes concelleiros, mirando unicamente salvar os seus intereses particulares sen importarlles o prexuízo que esta actitude supón para os veciños e veciñas de Vimianzo”, denuncia Manuel Antelo.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios