domingo. 10.11.2024
El tiempo

Tesouros de Berdoias (XIX): Fontes, Pozos, Lavadoiros, Vertedeiros…

Continuamos da man da “Asociación Parroquial de Berdoias“ e do Seminario de Estudos Comarcais (SEMESCOM), recuperando o rico e variado patrimonio que atesouran os lugares da parroquia vimiancesa de Berdoias.
FONTES, POZOS  E LAVADOIROS de Berdoias
Tesouros de Berdoias (XIX): Fontes, Pozos, Lavadoiros, Vertedeiros…

MOSTRA DO PATRIMONIO MATERIAL DA PARROQUIA DE BERDOIAS (XIX)
CONSTRUCIÓNS DE APROVEITAMENTO DOMÉSTICO DA AUGA:
FONTES, POZOS, LAVADOIROS, VERTEDEIROS …

A falta de rematar o reconto do que poderiamos chamar as arquitecturas da auga da parroquia, pódense facer unhas cantas consideracións ó respecto.

En canto a FONTES E LAVADOIROS, cómpre citar:

- A Fonte milagreira de Santa Cristiña, moi pretiño da ermida e do lugar, enteiramente de pedra, picho incluído.

- A Fonte e Lavadoiro no lugar de Boallo, a carón da estrada Berdoias- Muxía, pola súa marxe esquerda. Enteiramente de pedra, é unha fonte de cano, restaurada hai uns 40 anos. O picho verte a súa auga nun pequeno estanque que a suministra ao lavadoiro, o recipiente rectangular rodeado de lousas inclinadas para lavar. A auga resultante era utilizada para a rega dos herbales de cada veciño, segundo os turnos acordados.

- A Fonte e Lavadoiro de Romar, fonte de cano que verte sobre un estanque e comunica más abaixo cun lavadoiro que aínda conserva as lousas de pedra para lavar. A fonte e o resto do lavadoiro son de cemento desde a súa restauración e remodelación inicial feita no 1946, e a posterior, nos anos 80.

 

E no que respecta ós POZOS, esas cavidades circulares que adoitan ser protexidas con muros de cachotería desde o fondo deica un peitoril cilíndrico ou cadrado, podemos atopar exemplares na parroquia en diferentes emplazamentos:

- Xa dentro das casas- vivenda, ou noutras construcións complementarias , ou xa ao ár libre.

- Así mesmo podemos atopar pozos cubertos ou descubertos;

- Xa en solitario, ou xa con lavadoiro ou vertedeiro, adosados.

Velaquí fotografías de diversos exemplares en Berdoias, Grixoa e Boallo.

1 Fonte milagreira en Sta. Cristiña
Fonte milagreira en Sta. Cristiña

2 Fonte e lavadoiro de Boallo 2
Fonte e lavadoiro de Boallo

3 Fonte e lavadoiro en Romar
Fonte e lavadoiro en Romar

4 Pozos cubertos, no interior ou no exterior de vivendas, en Berdoias e Boallo
Pozos cubertos, no interior ou no exterior de vivendas, en Berdoias e Boallo

5 Pozo e vertedeiro nunha casa en Boallo.
Pozo e vertedeiro nunha casa en Boallo.

6 Pozo e lavadoiro en Boallo
Pozo e lavadoiro en Boallo

7 Pozo e lavadoiro en Grixoa
Pozo e lavadoiro en Grixoa

TESOUROS DE BERDOIAS

Comentarios