Toño Casais comandará a obra do Asalto máis veciñal

09:15 02/06/14


Unha semana de actividades
O sábado 5 de xullo será o día grande da festa irmandiña, pero a expectación irá in crescendo xa desde a fin de semana previa coa presentación, o sábado 28 de xuño, dunha Antoloxía poética da obra do poeta Evaristo Martelo por parte do Concello na que fora a súa vivenda, a propia fortaleza. E a partir de aquí toda unha Semana Cultural do Asalto, dende o luns 30 de xuño ao venres 4 de xullo.VII Pinchos irmandiños
Case unha vintena de locais da vila participan na sétima edición dos Pinchos Irmandiños, que se repartirán dende o martes até o sábado, desde as 12h ás 15h e pola tarde das 19h ás 23h. Este ano aumenta a calidade culinaria, xa que os hostaleiros participaron previamente nunhas sesións formativas co mestre Miguel Silvarredonda, nas que se lles deron ideas para a presentación dos pratos e sobre todo, propostas para crear petiscos diferentes cos ingredientes medievais (recordar que queda prohibido todo alimento que non fora descuberto aínda no país no século XV).V Cea medieval

Novidades
A festa do Asalto ao Castelo consolida as súas actividades máis queridas e ó mesmo tempo vai introducindo ideas novas. Este ano, a Irmandade Parroquial será un dos puntos fortes do programa. Celebrarase o sábado pola tarde cando as parroquias vimiancesas, fartas de tanto abuso por parte dos señores feudais, decidan unirse nun acto ben fermoso. Os irmandiños de Baíñas, Pasarela, Berdoias, Carnés, Salto, Vimianzo e mesmo doutros países europeos desfilarán polas rúas da vila para reunírense despois na praza do Concello onde erguerán a bandeira irmandiña. Outras das novidades serán as sesións vermú con Bolombo (sábado) e Medio Quinhón (domingo) na praza Castelao. Tamén a visita guiada ó Castelo máis ao pazo de Trasariz (sáb. 5 ás 17h), lugar onde se realizaban as primeiras festas.Noite de concertos
O Asalto ao Castelo retoma nesta edición a forte aposta polo folk nacional, con grupos como Samarúas ou Susana Seivane e a tradición galega da man de Galiza, último disco de Kepa Junkera. O frenético baile final pono Muyayo Rif.Un resumo galaico do ano pasado
E a gala tamén serviu para estrear esta fantástica reportaxe realizada por Robe Miñones e Alberto Mancebo, un home TVG, para promocionar o Asalto.Máis información
- www.asaltoaocastelo.org.
- www.facebook.com/asaltoaocastelo.
- Axenda Sonora da Costa da Morte.
- Axenda Costa da Morte.
Novas relacionadas
- 2014: Decorar as casas ó xeito do medievo terá premio en Vimianzo no II Concurso de Fachadas.
- 2014: Kepa Junkera e Susana Seivane, cabezas do cartel do XIX Asalto ao Castelo de Vimianzo.
- 2014: Xa arrecende a Cea Medieval no Castelo de Vimianzo.
- Día de emocións e sorpresas con Kepa Junkera e Pazos de Merexo.
- 2014: Arrinca unha nova revolta Irmandiña co #AsaltoaoCastelo14.
- Asalto 2013: Asalto ao Castelo, a traca final (en vídeo).
- Asalto 2013: Os mellores Pinchos Irmandiños xa teñen premio.
- Asalto 2013: O Asalto cumplíu a maioría de idade e segue medrando.
- Asalto 2012: O Asalto definitivo (en vídeo).
- Asalto 2012A Revolta Irmandiña máis numerosa tomou Vimianzo.
- Asalto 2011: A Cherinkas pégase unha autohomenaxe irmandiña.
- Asalto 2011: O Asalto 2011 en vídeo.
- Asalto 2011: Os irmandiños volveron recuperar o poder do Castelo de Vimianzo.
- Asalto 2010: As fotos que os Irmandiños non viron.
- Asalto 2010: O pobo irmandiño retomou Soneira.
Axenda Sonora
- Fermaz Festival: É hora de que Mazaricos cambie.
- Los Enemigos volverán a Malpica polo Nordestazo Rock 2014.
- O Festival Sereas e Piratas xa ten nova data.
- Dúas bandas rockeiras de referencia para internacionalizar o Festival VdeValarés.
- Terbutalina e Los Gatillazo arrincan o #CasteloRock14.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).