Venres. 17.05.2024
El tiempo

O Zas supera o inferno de Tordoia e achégase ao soño do ascenso

O Zas supera o inferno de Tordoia e achégase ao soño do ascenso
Ambientazo en Tordoia para recibir ao Zas

Espectacular o partido do Zas en Tordoia. Voltaba un amigo da casa, como é Iván Cancela, ante unha afección completamente volcada co seu equipo, pero o Zas deu o do de peito e demostrou que é superior, sumando 3 puntazos que o achegan ao soño do ascenso á 1ª Autonómica, e con el tamén a permanencia do Montelouro na Liga da Costa.

Case 400 persoas ateigaron o campo, e fixádevos como é a afección do Tordoia, que o venres, durante o adestramento, un grupo de 50 siareiros arengaban así aos seus para preparar o choque do domingo. E fixo un partido de 10 os cadro de Iván Cancela, con máis mérito pois viñan dun partido de Copa moi esixente o día anterior

Os xogadores e directiva, queren agradecer os mais de 50 aficionados que se acercaron o ultimo entrenamento antes do...

Posted by S.D. Tordoia on Sábado, 30 de Maio de 2015

Descansa a vindeira xornada, na que xa poderia cantar o alirón se perde o Tordoia co Palmeira, pois son dous os equipos que ascenden.

Tordoia - Zas (1-3)

  • ZAS: Rizos, Josito, Pereiro (Manu, min.47), Isma, Vecino; Canedo, Peke; Dani (Diego, min.79), David Blanco, Rubio e Álex Flores.
  • Goles: 0-1, min.17: Isma remata unha falta botada por Josito; 0-2, min.26: Álex Flores a pase de Rubio; 1-2, min.81; 1-3, min.94: David Blanco en combinación con Canedo.
  • Lesión: Pereiro.

Moi bo partido do Zas ante un rival moi combativo. Comezou o Tordoia, necesitado da vitoria, apretando moito, pero aguantou o Zas o arreón incial e a partir do minuto 10 foise facendo co dominio. Combinou ben e saía con calidade da presión o equipo de Iván Cancela, mentres o cadro local só podía recorrer ao balón longo. O Zas mantiña as filas moi xuntas e aproveitaba as continuas chegadas por banda dos Rubio e Dani, con balóns enviados por Peke e Canedo para facer dano.

Pronto marcou Isma, e Álex Flores facía un segundo para dar tranquilidade. Non puido inquedar demasiado o cadro local, só contra o final do choque cando recurtaron, pero nunha contra David Blanco, xa co tempo cumplido, sentenciaba.

A única nota negativa, a lesión de Pereiro nun xeonllo, que tivo que ir mesmo ao Hospital e hoxe terá que facer as probas pertinentes para ver o alcance da lesión.

Crónicas da semana

Torneos estivais

Novas relacionadas

Primeiros títulos colleitados

Máis información

Fonte

Comentarios