xoves. 01.05.2025
El tiempo

Bicis BTT que recuperan patrimonio

Bicis BTT que recuperan patrimonio
De ruta en Bici por Cerqueda O Roteiro BTT Croa do Castro servira para descubrir grandes recunchos da parroquia malpicá de Cerqueda Roteiro BTT pola Croa do Castro de Cerqueda 2016

Hoxe, xoves 6 de outubro, é o último día para inscribirse, a través do Facebook Roteiro BTT, no 1º Roteiro BTT pola Croa do Castro de Cerqueda. Unha ruta que sairá ás 9:30h deste domingo 9 de outubro, e que servirá para disfrutar do deporte, da natureza, e da riqueza patrimonial desta parroquia malpicá.

De feito, o proxecto nace para poñer en valor a o castro da Croa do Castro, un proxecto que volve situar á Costa da Morte na vangarda de Arqueoloxía Social en Galicia.

A ruta longa de 44km (a curta será de 22) percorrerá piñeirais espectaculares pola Ruta dos Pinos, descubrirá segredos costeiros ilustres como os Muíños de Ardeleiro xa que fai a senda do litoral de Cerqueda e Cambre, ou pasará polo dolmen da Pedra da Arca. Ademais de saír e rematar na propia Croa do Castro, por suposto.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios