A barra do “Rover” celebra con moita alegría o éxito de conseguir 800.000 firmas para derogar 135 artigos da LUC [Lei de Urxente Consideración] malia estar en urxencia sanitaria. Tíñase todo en contra (a pandemia, o goberno e os mercenarios mediáticos) pero excedeuse con ampla marxe para posibles anulacións a cantidade de firmas que constitucionalmente se requiren para a convocatoria dun Referendo.
Na miña esquina montevideana do “Rover” fai meses que a barra non goza das súas alegres reunións de charla entre vellos amigos. O horno segue invitando ao morfe de pizza e fainá, ben calentitas, agora que entramos nun outono que case sempre vén con tempo revolto.
Sei que estaredes un pouco sorprendidos ao recibir esta carta pero o asunto do peche da Casa de Galicia de Montevideo está a ser moi triste e decepcionante para min, pois sempre considerei aos meus anfitrións como xente valente que enfronta sen medo as maiores tormentas. Os emigrantes galegos son coñecidos no mundo enteiro polo seu esforzo honrado. Eu coñecín a todos os presidentes da Casa…
Fran J. Lestón | 01/08/2026
Fran J. Lestón | 01/08/2026