venres. 09.05.2025
El tiempo

Denuncia un intento de manipulación mediática por parte da empresa da mina de Corcoesto

Denuncia un intento de manipulación mediática por parte da empresa da mina de Corcoesto
Anuncio que aparece en diferentes medios da Mina de Ouro de Corcoesto

Parece que chega outra semana cargada de actividade mineira. Ou cando menos, de información arredor do proxecto da mina de ouro de Corcoesto.

Hoxe, a Plataforma Salvemos Cabana, envía un comunicado denunciando que a empresa canadiense está a realizar un "intento masivo de manipulación mediática". E o asegura "ante o aluvión de publicidade en prensa escrita co que Mineira de Corcoesto S.L./Edgewater está a inundar os principais xornais galegos e que pretenden lavar a imaxe da empresa".

Así, a Plataforma recorda que Europa está en proceso de prohibir o uso do cianuro. Ademais, apuntan que na mesma directiva, o Parlamento Europeo pídelles aos estados membros da Unión que "non presten apoio, de forma directa ou indirecta, a ningún proxecto mineiro na UE no que se empreguen tecnoloxías mineiras a base de cianuro ata que sexa aplicable a prohibición xeral, nin avalen proxectos desas características en terceiros países".

Ademais, califican de "rotundamente falso o que afirma Mineira de Corcoesto S.L. / Edgewater sobre os niveis de arsénico no río Anllóns. A realidade é que segundo demostrou de xeito fidedigno un artigo de investigación do Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC) e a Universidade de Vigo (Costas et. al., 2011) sobre os niveis de arsénico nesta canle fluvial, as concentracións de arsénico nas súas aguas, aumentan 2,1 veces ao atravesar a zona mineira, chegando a alcanzar ata os 3,96 microgramos/litro, niveis que están á metade do máximo admitido para augas potables pola Unión Europea".
E continúan asegurando que "a antiga explotación mineira de Corcoesto está a verter ao río Anllóns unha media de 850 kg de arsénico puro ao ano, contaminando as augas e poñendo en risco tanto a subministración de auga potable da localidade de Ponteceso coma os bancos marisqueiros de toda a bisbarra, tanto en Cabana, como en Laxe e en Corme, lugar onde se recolle o percebe máis famoso de Galicia, o de Roncudo".

E sobre a utilidade da minaría, apuntan que "é falso que a minaría de ouro sexa unha actividade necesaria a nivel mundial, porque as utilidades industriais deste metal se encontran por debaixo do 18%, e poderían ser amplamente solucionadas a base de reciclaxe. Na súa maior parte, o ouro extraido utilízase en xoiaría, e de xeito especial en procesos de especulación financeira".

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
  • Notade prensa da Plataforma Salvemos Cabana.

Comentarios