Os trasnos volve ao Camiño dos Faros
Afianzar este recurso incomparable. Ese é o obxectivo dos trasnos de cara a esta 4ª edición do Camiños dos Faros. Un obxectivo perfectamente compatible coa visión conservacionista da iniciativa cidadá, pois queren que o Camiño “exista co maior respecto á natureza posible”. En todo caso, parece algo inherente á propia proposta sendeirista.
Un Camiño dos Faros que segue medrando, pasando daqueles 23 trasnos que saían de Malpica un 6 de decembro de 2012, aos 75 que remataron en Fisterra a primeira edición; aos 120 trasnos de media da segunda edición, ou ás 420 da terceira, con algunha ruta que chegou ás 720 persoas andando polo litoral.
Este vindeiro domingo 31 de agosto os trasnos volven á carga. Xa está o evento de Fb listo para esta 1ª etapa entre Malpica e Niñóns, con sesión previa na tarde-noite do sábado, coma sempre, coa intención de que as vilas do litoral vexan, sintan, comproben o poder dos trasnos.
Así, consideramos que toda a Costa da Morte (concellos, veciños, asociacións) ten que acompañar aos trasnos para demostrar que estamos ante un recurso turístico incomparable, e dar os pasos necesarios para asegurar o seu futuro.
Calendario da 4ª edición do Camiño dos Faros
As etapas desta cuarta edición faranse os domingos, para que os que traballan os sábados poidan participar. Irémolas facendo cada 15 días para acabar o 6 de Decembro en Fisterra.- Domingo 31 AGO: Etapa 1: Malpica-Niñóns.
- Domingo 14 SEP: Etapa 2: Niñóns-Ponteceso.
- Domingo 28 SEP: Etapa 3: Ponteceso-Laxe.
- Domingo 12 OCT: Etapa 4: Laxe-Arou .
- Domingo 26 OCT: Etapa 5: Arou-Camariñas.
- Domingo 9 NOV: Etapa 6: Camariñas-Muxía.
- Domingo 23 NOV: Etapa 7: Muxía-Nemiña.
- Domingo 6 DIC: Etapa 8: Nemiña-Cabo Fisterra.
Un duende na radio
Máis información
Novas relacionadas
- Os trasnos volven ao Camiño dos Faros para afianzar este recurso turístico incomparable.
- 7 heroes completan o Ultratrail Camiño dos Faros.
- Medio millar de camiñantes puideron co tempo.
- Un ano de trasnos.
- A Costa da Morte venera o sendeirismo.
- Sendeirismo con conciencia.
- Nin a chuvia pode cuns trasnos que intentarán facer o Camiño dos Faros en 48 horas.
- As Andainas toman o relevo de Traski para vertebrar a pé a Costa da Morte.
- A divulgación 2.0 dos Camiños do Mar, finalista duns premios europeos sobre patrimonio.
- De Camiño dos Faros cos trasnos milenarios.
- Os trasnos fan Costa da Morte de marca en marca.
- O Camiño dos Faros estrea nova web.
- Traski envía unha carta de unión e eficiencia ao sector turístico da Costa da Morte.
- Os trasnos rompen marcas na terceira edición do Camiño dos Faros.
- Os trasnos crean a Asociación Camiño dos Faros.
O Camiño dos Faros por etapas
- 8ª etapa do Camiño dos Faros: Os trasnos remataron de unir a Costa da Morte polo Camiño dos Faros.
- 7ª etapa do Camiño dos Faros: O Camiño dos Faros non para.
- 6ª etapa do Camiño dos Faros: O Camiño dos Faros faise máis que real.
- 5ª etapa do Camiño dos Faros: A imaxinación vai a pé.
- 4ª etapa do Camiño dos Faros: O Camiño dos Faros xa non ten volta atrás.
- 3ª etapa do Camiño dos Faros: Os camiñantes vertebraron a Costa dende Ponteceso a Camariñas pasando polo Monte Pindo.
- 2ª etapa do Camiño dos Faros: Os camiñantes foron unha fin de semana máis os protagonistas.
- 1ª etapa do Camiño dos Faros: O Camiño dos Faros ábrese ao mundo.
- Percorrendo a pé, e con Traski, o Camiño dos Faros da Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).