martes. 12.11.2024
El tiempo

A Xunta ordena paralizar o proxecto SOS Monte Pindo

A Xunta ordena paralizar o proxecto SOS Monte Pindo
Paralizado o proxecto SOS Monte Pindo

Xa estaba en marcha. 2500 castiñeiros e 1050 carballos xa crecen no Olimpo Celta no marco do proxecto SOS Monte Pindo. Varios grupos de mozos xa se anotaran na iniciativa para traballar como voluntarios devolvéndolle a vida ao monte. Unha proposta, que coma a Apadriña unha árbore, nace da sociedade, neste caso dunha Asociación, pero parece que as administracións teñen algo que dicir.

Así, a Asociación Monte Pindo Parque Natural denuncia que a Xunta vén de paralizar o proxecto. O argumento é que o Monte Pindo "non é de todos", senón da Xunta, porque existe un contrato nese sentido polo que todas as actuacións que se fagan teñen que contar coa súa autorización.

Segundo sinalan, a Xunta púxose en contacto coa asociación promotora a través da Xefa do Distrito Forestal V para ordenarnos a paralización do proxecto de voluntarios. Para a xefa de distrito, segundo apuntan "a situación é a mesma que se entramos no seu piso a pintar", e denunciou que "se utilicen árbores de viveiro", cousa que por outra banda a entidade nega rotundamente asegurando que son "recollidos de bosques naturais da contorna a excepción de doce ameneiros cedidos por convenio co CSIC, certificados xeneticamente e que non plantamos no monte senón no chan de Carnota para que se aclimaten antes de transplantalas ao seu emprazamento definitivo".

De quen é o monte?

O caso é que segundo a Asociación, "as parcelas nas que temos actuado son titularidade do Concello de Carnota e da Comunidade de Montes de Caldebarcos, que non só autorizan senón que están a colaborar co proxecto". Aí é cando a Xunta fai valer un convenio, que para a entidade só demostra "o abandono total da zona".

Parálise

Ante esta situación, "a Asociación Monte Pindo vese obrigada a tomar a dolorosísima decisión de paraliAsí e todo, "o Concello de Carnota e a Asociación Monte Pindo Parque Natural estudan que medidas adoptar para poder continuar os traballos, e queremos trasladar unha mensaxe de tranquilidade a quen xa traballou na zona".

Pregúntanse moitos se compensa empregar varios millóns de euros en botar palla (seguen brigadas traballando no mulching) no canto de contratar unha brigada que traballe todo o ano en prevención.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios