domingo. 08.12.2024
El tiempo

A Viñeta de Nando Lestón: serVICIO IN-PÚBLICO

 

vineta de Nando Leston MONBUS
A Viñeta de Nando Lestón: serVICIO IN-PÚBLICO

Sabemos que se trajina nos despachos.

Sabemos que durante anos nos marean... cos horarios... fannos esperar ou quedamos en terra.Cando vai petado de peregríns nin contes con eles... Non é só Monbus...a  outra tamén.

Nun rural, onde o normal sería, despois de tanto viravento no cumio dos montes, ter un proxecto de mobilidade eléctrica... máis ben tira á mobilidade de fillos e netos para desplazar a pais e avoas e nós mesmos.

Collo o coche para todo.

Non hai xente, din. Hai perdas, din. EU TAMÉN PERDO... DIGO.

Cutres e endiosados viven a súa fantasía empresarial a golpe de monopolio que basicamente se traduce nun servicio pouco limpo, inconexo, conducido a trompicóns e cunha temperatura que ou levas bufanda ou gafas de sol.

"que ben vivides aquí... que bonito é todo isto... que paisaxe... que mar"...

Arengas bonitas para revitalizar o rural, mentras o empresariado da Comarca, que debería ser o primeiro interesado en vertebrar o territorio, mira para o seu peto e para as súas falsas ilusións, baseadas en todo menos na realidade... e a realidade é a Vida.

Se vou á Vila de Cee teño que levar víveres mentras espero sentado, sentíndome un esquelete olvidado que combustiona diesel a 1,60... por iso acostumo a encherlle o depósito na Curuña a 1.30...

Hai un cerco de prezos do combustible sobre o rural... a hora e media é máis barata... desbrozar aquí vai ser un luxo.

En fin amigos... canto tempo máis imos resistir.

Vivir no rural é mui bonito pero ás veces é coma vivir nas trincheiras... e iso que estamos do lado bo da vida aínda que da urbe quiran construirnos o noso propio relato.

Eu... mecagoentodoloquesemenea.

NOVAS RELACIONADAS

A VIÑETA DE NANDO LESTÓN

MÁIS ARTIGOS DE NANDO LESTÓN EN QPC

Comentarios