Comeza o programa de visitas guiadas do Museo Fernando Blanco

Se queres descubrir o legado do mecenas Fernando Blanco de Lema da man do que mellor o coñece, Darío Areas, e descubrir os Tesouros da Fundación, non perdas a posibilidade de sumarte ao programa de visitas guiadas “Fernando Blanco de Lema. O home que foi quen de ollar mais aló. Coñece o seu legado”.
A Fundación Fernando Blanco de Lema de Cee pon en marcha estas visitas, que terán lugar os venres do verán:
- Xullo: venres 22 e 29.
- Agosto: venres 5, 12, 19 e 26.
- Setembro: venres 2, 9 e 16.
O horario de inicio de cada visita será as 11 horas no Museo Fernando Blanco de Cee, e terán una duración aproximada de 90-120 minutos.
Nas visitas farase un percorrido guiado polo Museo no que se dará a coñecer a figura do prócer ceense e a importancia do seu legado para o desenvolvemento educativo e cultural de Cee e contorna, para logo visítalo xardín botánico e a capela do Instituto Fernando Blanco de Cee.
Será preciso inscribirse previamente ou ben no propio Museo o no teléfono 981.747.221.
TESOUROS DA FUNDACIÓN
- Lanterna máxica.
- O Abeto rego.
- Papoula Silvestre.
- Pirómetro de Cuadrante.
- Pila en columna de Volta.
- Gravado “A Virxe do Peixe”.
- Custoria ou Ostensorio.
- Cristo Crucificado (óleo).
- Monumento dedicado a Fernando Blanco de Lema.
- Gramófono.
- Modelo Locomotora de Crampton.
- Telégrafo de Morse.
- Cámara escura fotográfica.
- Placa conmemorativa dedicada a Vicente Vázquez Queipo.
- Máquina de escribir Underwood Nº5 .
- Esquema orográfico e hidrográfico de Galicia.
- Fonógrafo de Edison
- Estación Telefónica Interurbana (O primeiro teléfono de Cee).
- Óleo de Fernando Blanco de Lema.