COVID: Fisterra e Cee quedan en nivel Medio mentres o os bares poderán servir ceas ata a 1:00h

As novidades que anunciaba onte o Comité Clínico sobre o mapa de restricións afectan directamente á bisbarra, que ve como dende este sábado 22 de maio serán os Concellos de Fisterra e Cee os que sofrirán o Nivel Medio, unha vez que A Laracha cae do nivel Alto ao baixo. Así, en Cee e Fisterra as terrazas só poderán abrir ao 50% en terrazas e ao 30% en interior ata as 23:00h.
En calquera caso, a comarca conseguiuu controlar a pequena subida das dúas últimas semanas e a curva volve baixar, se ben nos últimos dous días subiron as cifras lixeiramente, pasando a incidencia acumulada comarcal a 14 días de 71 a 79 novos casos por cada 100.000 habitantes. Hoxe, de feito, é só o Concello de Mazaricos o que non suma ningún positivo nos últimos 14 días.
Seguimos sen falecidos rexistrados no HVdX dende o pasado 27 de marzo, e as cifras de vacinación continúan subindo, provocando longas colas ás portas do centro, onde entre mércores e xoves foron citados case 900 veciñ@s, pero onde hoxe venres non hai sesión.
O cambio máis importante sinalado pola Xunta é que bares de tapas e establecementos similares, sen licenza de restaurante poderán ofrecer comidas e atender o público ata a 1:00 da madrugada.
MÁIS NOVAS SOBRE O COVID
- 19-05-21: COVID: A Costa consegue controlar o último repunte.
- 12-05-21: COVID: Fisterra entra en nivel medio e Carballo e Coristanco volven ao nivel baixo de restricións.
- 05-05-21: COVID: A Laracha, por un gromo no CEIP de Caión, súmase a Coristanco no nivel alto de restricións.
- 03-05-21: COVID: A incidencia nos centros de ensino multiplícase por 4 en 10 días.
- 29-04-21: COVID: A Laracha e Carballo, no nivel medio de restricións.
- 28-04-21: COVID: Coristanco sube este venres ao nivel alto de restricións.
- 28-04-21: COVID: O Sergas prepara outro cribado no IES da Laracha ante o repunte de casos en toda a comarca.
- 26-04-2021: Coronavirus: Carnota pasa a nivel medio e o Sergas fai cribados en Carnota, Carballo e Vimianzo.
- 23-04-2021: O Sergas realizará mañá un cribado en Vimianzo ante o repunte de casos.
- 21-04-2021: Lixeiro repunte na comarca.
- 12-04-2021: Un só caso positivo nos centros de ensino da comarca.
- 07-04-2021: Todos os Concellos da Costa quedan en nivel baixo de restricións.
- 22-03-2021: COVID: Os maiores de 80 anos da comarca xa reciben a segunda dose .
- 17-03-2021: COVID: A hostalería poderá abrir ata as 21:00.
- 15-03-2021: COVID: A Costa da Morte baixa dos 100
- 05-03-2021: COVID: Ningunha aula pechada nos apenas 13 centros afectados da Costa da Morte.
- 02-03-2021: COVID: A pandemia marca os seus mínimos
- 22-02-2021: COVID: O cribado de Carballo reafirma a tendencia á baixa.
- 22-02-2021: Primeiro día de vacinación á veciñanza maior de 80 anos no Centro de Saúde de Muros