De folga e premios na comunidade estudiantil costeira


Seguen sendo tempos convulsos na comunidade estudiantil, e iso que aínda non escoitaran as controvertidas palabras da número 2 de Wert sobre a “insostenibilidade da universidade española”. Seguen as mobilizacións e o vindeiro xoves 26 ás 12 horas da mañá, ducias de prazas de toda Galicia, e na Costa da Morte, a Praza 8 de marzo recibirá a visita de ducias de estudantes convocados por diferentes colectivos estudantís galegos.
Recibimos estes días o apoio ás mobilizacións para este 26F de Galiza Nova Costa da Morte e da propia federación de ANPAs da Costa da Morte. A FEDANPA asegura coincidir cos colectivos “en que as políticas dos gobernos da Xunta e de Madrid non traen máis que recortes, miseria e falta de expectativas de futuro. Son os motivos que obrigan ao alumnado a saír á rúa e mobilizarse para parar os ataques que dende os gobernos central e autonómico se levan a cabo contra o Ensino Público: os recortes na educación, en bolsas de estudos, a masificación das aulas, a aplicación da LOMCE, a precarización da situación laboral do profesorado para desmotivalo ou as modificacións dos graos na universidade para dificultar o acceso ao ensino superior, ou impedirllo a quen non teña unha situación económica suficientemente desenvolvida”.
Paralizando o 3+2

Tamén ergue a voz Galiza Nova Costa da Morte, que chama a participar na folga do 26 de febreiro “en defensa do ensino público galego”. De feito, xa realizou as pasadas semanas unha campaña polos institutos para espallar a Folga. O Secretario Xeral de Galiza Nova, Alberte Mera, afirmou que “esta non é só una mobilización contra os recortes do PP no ensino galego senón que tamén nos mobilizamos para derrubar a LOMCE e impedir a aplicación do decreto 3+2”, que calificou de "ataque brutal contra o ensino público co que pretenden que a maioría do estudantado quede fóra do ensino e pecharlle as portas da universidade".
Segundo informan desde as mocidades nacionalistas, a responsable comarcal, Antía Insua "As mozas e os mozos da Costa da Morte, ao igual que en todo o país temos que mobilizarnos e rexeitar esta nova lei excluínte e discriminatoria. O ensino debe ser un dereito, e nunca un privilexio de quen só poida pagalo.
Os Premios da Fedanpa

Xa contamos quen son os “gañadores” dos premios Ensino Público das ANPAs da Costa da Morte. Nesta segunda edición a Federación de ANPAS da Costa da Morte quere aproveitar para facer unha doble sesión, por iso, este vindeiro sábado 28 de febreiro no Pazo da Cultura de Carballo, un par de días despois da folga, farán unhas xornadas de formación, e despois a entrega de Premios.
Novas sobre a loita contra a LOMCE
- A Fedanpa forma e premia.
- Aloumiños e o Conselleiro levan os Premios Rosalía e Werto da Fedanpa.
- Premios 2013: A Fedanpa celebrou o seu primeiro ano de vida cos premios Rosalía e Werto.
- 2571 sinaturas non convencen á Xunta para dotar con máis especialistas ao CEIP Bergantiños.
- A FEDANPA fai balance dun completo 2014 e mándalle o Bo Nadal ao Conselleiro.
- As protestas polos recortes da LOMCE chegan a Corcubión.
- A eterna denuncia sobre a redución do profesorado.
- Os recortes nas escolas xa están na rúa.
- 07-11-14: A ANPA A Granxa retoma o Pedibús pero tamén as mobilizacións-protesta.
- A comunidade educativa non queda calada ante os continuos recortes.
- Abrazando o ensino público contra a LOMCE.
- A Xunta responde con máis recortes ás denuncias públicas do IES Pedra da Aguia.
- 29-10-14: O IES Pedra da Aguia denuncia un novo recorte no horario dunha mestra a metade de curso.
- A ANPA A Granxa xa colleita sinaturas contra os recortes.
- As ANPAS dos Muíños e CEIP Bergantiños alzan a voz de novo contra os recortes.
- As familias aprenden a educar ca Fedanpa.
- A Fedanpa empeza o curso #LOMCE en clave de loita.
- Os recortes no CPI Xosé Pichel indignan aos pais de Coristanco.
- O grupo de 4º de Primaria que non tiña titor.
- O IES Pedra da Aguia critica o recorte de mestres no comezo do primeiro curso LOMCE.
- Parches en 16 centros educativos da bisbarra.
- A Xunta anuncia que manterá aberta a Escola de Carnés.
- A ANPA do CEIP de Malpica esixe unha solución aos problemas de persoal.
- Os pais e nais de Carballo piden o mantemento da novena unidade de Educación Infantil do CEIP Fogar.
- As ANPAS inciden na volta ao sistema de préstamo universal de libros de texto.
- As Anpas Galegas conclúen en Vimianzo que hai que seguir mobilizándose polo ensino público e de calidade.
- A Costa da Morte móllase polo ensino público.
Fonte
- Fedanpa.