O Modesto Patrimonio: Muíños Hidráulicos no Concello de Cee

Intentar facer hoxendía un inventario do noso antigo patrimonio arquitectónico da comarca como son os muíños fariñeiros convértese nunha tarefa complicada.
O autor deste artigo sempre se interesou por estes temas. Desde cativo, un cordel de fogueirón das festas, unido a un anaco de tanza atada na punta dunha vara longa, recorría os regatos en busca das abundantes trouitas, pois non había impedimento de vedas nin licencia; falo sobre o ano 1955. As presas dos muíños que almacenaban auga eran o meu lugar preferido, así que as conversas cos maiores era sobre os muíños e a súa localización. Isto provocoume gran interese en ubicalos en ortofotos aéreas dándolle coordenadas UTM e situalos nun mapa topográfico.
Como pasa co viño, co paso dos anos estas anotacións gañan valor. As novas tecnoloxías, fixeron que esta maquinaria rústica, composta por pezas con nomes propios e moi valorada polos vecinos foron esquecidas convertíndose en esqueletos, todos eles en estado ruinoso, durmindo na contorna dos ríos e cubertos cunha manta de silvas e outras malezas. Isto provocou que as novas xeracións esquezan os nomes e a propiedade, perdéndose a súa memoria histórica.
Imos reseñar un inventario dos ríos e os muíños do término municipal de Cee, todos eles ubicados con coordenadas nun mapa topográfico 1: 25.000. Aproveito nesta ocasión para agradecer a axuda e colaboración que me brindou o meu familiar e amigo José de Franco, que co foiciño, rachando algún pantalón e máis dunha caída o rego, logramos descubrilos e poder facerlles algunhas fotos.
Teño inventariado 110 muíños. Contabilizáronse os arrastrados polas enchentas.
- Río de Buxantes (o seu paso por Razo 16 (un batán).
- Río de Fadibón 8.
- Río da Lagarteira 16.
- Rego de Estorde 5.
- Rego de Toba 5.
- Rego de Cabanas 7.
- Rego Cavado-Morancelle 6.
- Río de Porcar 10.
- Río da Carbaliza 23.
- Rego de Ameixenda 10.
- Rego de Gures 4

OUTROS ARTIGOS NO "MODESTO PATRIMONIO"
- Modesto García Quintáns debulla a historia da Casa da Vacariza, que entra na lista vermella do Patrimonio.
- Ano 1902: Consternación na comarca de Fisterra ante a catástrofe no Ézaro.
- Modesto García Quintáns debulla a historia da Casa da Vacariza, que entra na lista vermella do Patrimonio.
- O Modesto Patrimonio: O Cruceiro de Rebordelo,
- Demografía no Concello de Dumbría.
- A Bandeira do Concello de Dumbría.
- A fervenza de Miñóns de Buxantes.
- A Central Hidroeléctrica de Buxán de Dumbría.
- O escudo de Dumbría.
- Os Pasales, a barreira natural do paso sobre o Río Xallas.
- A Casa da Pedra do Ézaro.
- O muíño fariñeiro máis antigo documentado no Concello de Dumbría.
- Memoria histórica lingüística (toponímia) e etnografía do Concello de Dumbría.
- O Cura Rioboo de Berdeogas.
- O Balcón da Costa da Morte.
- As antigas cancelas e e corredoiras de Dumbría
- O Hórreo na Comarca de Fisterra.
- A hidrografía no concello de Dumbría.
- A Ferigresía de Refoxos.
- A Ruta de Pallares.
- Muíños do Río da Lagarteira (II).
- Muíños do Río da Lagarteira (I).
- Un paseo á Ermida das Neves de Buxantes.
- O caserío dO Cotelo de Olveira.
- O Cemiterio de Buxantes.
- A Santiña de Trasufre.
- O Castro de Alvarellos de Berdeogas.
- Lugas de Castrelo, Colúns.
- A Capela de San Marcos do Logos.
- Os muíños do Rego de Quenxe.
- Por que lle chaman as Caldeiras do Castro?:
- Semellanza dos nosos muíños fariñeiros cos canarios.
- Os muíños da nosa comarca.
- Recordando o día máis angustioso de Xesús.
- As varas: As antigas unidades de medida.
- Recordando algo da historia da parroquia de Berdeogas.
- A hidrocentral “Electra del Jallas”.
- O 50 aniversario do Encoro da Fervenza.
- A igrexa parroquial de Dumbría.
- Un Modesto repaso aos costumes avespa velutina.
- O piñeiro-marco entre Cee e Corcubión.
- A escola de Dumbría.
- Reparación do piso e do teito da Igrexa de Buxantes.
- O Dolmen da Pedra da Arca.
- A Cabana da palla do millo.
- Apañar o mato en primavera.
- A Ponte de Canelas en Dumbría.
- O arado de madeira ou tamén chamado romano.
- O Cruceiro pantasma do Monte de Olveira.
- Memoria Histórica de Buxantes – Muíño da Fonte Santa.
- O Castro de Castromiñán.
- O lugar de Quenxe.
- A Igrexa Parroquial de Buxantes.
- A Igrexa Parroquial da Ameixenda.
- O Bico do Santo en Carnota.
Patrimonio Pindexo
- Monte do Pindo, o remedio natural para rebaixar o colesterol.
- O Modesto Patrimonio: Subida ó Pico de Peñafiel do Monte do Pindo.
- O Modesto Patrimonio: A toponimia do Monte do Pindo.
- O Modesto Patrimonio: O topónimo: O Pindo ou Monte Pindo?.
- O Modesto Patrimonio: Explorando a toponimia dos camiños do Monte do Pindo.
- O Modesto Patrimonio: A Cabana das Chozas, outra Caverna dos refuxiados no Pindo.
- O Modesto Patrimonio: A Furna do Río da Barco.
- O Modesto Patrimonio: Fonte Mateo e A Cova dos Morcegos no Monte do Pindo.
- O Modesto Patrimonio: A Cova da Pendente do Monte Pindo.
- O Modesto Patrimonio: Os muíños do Monte do Pindo.
- Con Pepe do Fieiro redescubrindo os tesouros do Monte Pindo.
- Pepe do Fieiro: “Dicían os nosos vellos…”.
- Ézaro, unha viaxe polas covas dos agochados no Monte Pindo (Parte 1).
- Ézaro, unha viaxe polas covas dos agochados no Monte Pindo (Parte 0).
- Da Raínha Lupa á Cova da Xoana, pasando por Duio, con Pepe do Fieiro.
- Os muíños do Monte do Pindo, por Modesto García Quintáns.