COVID: 18 positivos nos cribados de Vimianzo e Camariñas, aos que acodiron o 60% d@s citad@s
- Onte día 10 rexistrabase o falecemento dun home de 87 anos no CHUAC, procedente da Residencia DomusVi de Carballo, onde hoxe 11 falecía tamén unha muller de 75 anos. Son un total de 25 persoas as falecidas na residencias carballesa no que vai de ano, e 13 na de Vimianzo.
- A tendencia segue baixando a nivel global e tamén nos Centros de ensino
Tras analizar os datos da Laracha, o Sergas ofrece hoxe os resultados do cribado realizado en Vimianzo e Camariñas na semana do 18 ao 22 de xaneiro.
En Vimianzo foron citad@s 4.435 veciñ@s, e acodiron 2.670 (o 60%), dando un resultado de 12, o que representa o 0,44%, o que sería unha taxa de incidencia acumulada de 440 casos por cada 100.000 habitantes.
Vimianzo mantense hoxe con arredor dos 40 casos activos, 29 novos casos e unha taxa de incidencia acumulada de 410 casos por cada 100.000 habitantes nos últimos 14 días.
Pola súa parte, en Camariñas o número de citad@s foi 1.510, pero só acodiron 917 (un 60,7%), sendo 6 o número de positivos, un 0,65%, ou en cifras de taxa de incidencia acumulada, 650 novos casos por cada 100.000 habitantes.
Camariñas a día de hoxe ten 13 casos activos, 5 novos casos por cada 100.000 habitantes nos últimos 14 días, e unha taxa de inciencia de 94 casos por cada 100.000 habitantes nos últimos 14 días.
Tendencia á baixa
Aproveitamos para repasar os datos e comprobar que só Carnota, Muxía e A Laracha manteñen tendencia positiva, pois o resto de concellos, e comarcas amosan unha lixeira baixada na última semana.
Bergantiños segue a ser a zona coa taxa acumulada máis alta, superando os 700 novos casos por cada 100.000 habitantes (Malpica supera os 1.000 e Carballo, Coristanco e A Laracha os 800 aínda).
Centros de Ensino
A tendencia tamén baixa nos centros de ensino. Son hoxe 111 casos en toda a comarca (20 menos que a semana pasada), en 36 centros afectados (10 só en Carballo) (6 menos que a semana pasada), e só 4 aulas pechadas (polas 7 do día 4).
Máis novas sobre o covid
- 09-02-2021: COVID: 15 positivos no cribado de 4.600 persoas da Laracha.
- 08-02-2021: COVID: Mantense a tendencia á baixa á espera dos resultados dos cribados da Laracha, Camariñas e Vimianzo .
- 05-02-2021: COVID: Continúa a baixada.
- 03-02-2021: COVID: Malpica tamén recibirá o seu cribado.
- 02-02-2021: COVID: Este xoves comeza o cribado na Laracha.
- 01-02-2021: COVID: Bergantiños dobrega a curva
- 28-01-2021: COVID: 5 novos falecidos na residencia DOMUSVI de Carballo.
- 27-01-2021: COVID: A Laracha pecha os parques infantís.
- 25-01-2021: COVID: A Xunta pecha Galicia durante 3 semanas.
- 25-01-2021: COVID: Continúa a evolución negativa na comarca.
- 21-01-2021: COVID: Bergantiños volve ser o gran foco
- 20-01-2021: COVID: Aumenta tamén a incidencia nos centros de ensino.
- 19-01-2021: COVID: A Laracha, Cabana, Coristanco, Dumbría e Muxía, tamén en nivel máximo de restricións.
- 18-01-2021: COVID: Preocupación en Carballo ante o novo gromo na Residencia DomusVi.
- 17-01-2021: COVID: O Sergas fará esta semana un cribado masivo de 6.000 persoas en Camariñas e Vimianzo.
- 14-01-2021: Vimianzo pon o foco… nos clubs.
- 13-01-2021: COVID: Carballo, Cee, Camariñas, Laxe e Vimianzo, no nivel máximo de restricións / Chegan as primeiras vacinas ao HVdX.
- 12-01-2021: COVID: A Xunta limita a mobilidade en todos os Concellos e obriga a pechar a hostalería ás 18:00h.
- 11-01-2021: COVID: As cifras sinalan un aumento do 40% nos novos positivos na última semana .
- 07-01-2021: COVID: A tendencia volve ser á alza.
- 29-12-2020: COVID: 9 concellos, tralo peche de Carnota e Muros, rematan o ano con especiais restricións.
Artigos relacionados
- Javier López Moríñigo: Presión hospitalaria: entendendo mellor os datos.
- Carta dun autónom@: "A Crónica dunha morte anunciada, a do comercio local”.
- Abandonado de madrugada ás portas do HVdX sendo positivo.
- A reflexión dun autónom@ soneirán sobre os peches perimetrais no rural.
- Un episodio que describe as consecuencias sociais desta pandemia.
- Xabier García Lema: Vakuna Malata.
- Lola Rontano: Vacina Bakunin.
- Alberto Sambade: Un monstro vén a verme. Corrupción, industria farmacéutica e capitalismo do COVID-19.