COVID: Continúa a baixada
- Facemos balance de incidencia nos centros de ensino
Cos datos de onte, 4 de febreiro, os 19 Concellos da Costa da Morte suman un total de 870 novos casos rexistrados nos últimos 14 dias. A taxa aproximada de incidencia acumulada rexistra hoxe un valor de 664 casos por cada 100.000 habitantes, un 20% máis baixo que hai unha semana, o 28 de xaneiro, cando parece que chegamos ao pico con 1081 casos en toda a comarca e unha taxa de 824.
Cos cribados en marcha en Malpica e A Laracha, pendentes duns resultados que parece que nunca van chegar dos realizados en Camariñas e Vimianzo, e coa petición de Carballo no aire, a alarma saltaba desta volta arredor da vacinación irregular, cando ElDiario destapaba que a Conselleira Delegada de DomusVi se colaba para vacinarse, mentres só na nosa comarca falecían 20 persoas na súa residencia de Carballo e 12 na de Vimianzo.
Centros de ensino
Paralelamente, a incidencia nos Centros de Ensino da comarca segue a ser importante, con maior incidencia que nos meses de novembro e decembro, pero onde parece que tamén superamos o pico a comezos de semana.
Preocupa o CEIP Ramón Otero Pedrayo da Laracha, e seguen sendo 10 os centros afectados en Carballo. Hai tamén un repunte no Manuela Rial de Cee, e esta semana volveron haber casos en Carnota, que levaba tempo sen aparecer. Pola contra, os coles de Muxía quedan desafectados.
Máis novas sobre o covid
- 03-02-2021: COVID: Malpica tamén recibirá o seu cribado.
- 02-02-2021: COVID: Este xoves comeza o cribado na Laracha.
- 01-02-2021: COVID: Bergantiños dobrega a curva
- 28-01-2021: COVID: 5 novos falecidos na residencia DOMUSVI de Carballo.
- 27-01-2021: COVID: A Laracha pecha os parques infantís.
- 25-01-2021: COVID: A Xunta pecha Galicia durante 3 semanas.
- 25-01-2021: COVID: Continúa a evolución negativa na comarca.
- 23-01-2021: COVID: A Laracha solicita un cribado masivo.
- 21-01-2021: COVID: Bergantiños volve ser o gran foco
- 20-01-2021: COVID: Aumenta tamén a incidencia nos centros de ensino.
- 19-01-2021: COVID: A Laracha, Cabana, Coristanco, Dumbría e Muxía, tamén en nivel máximo de restricións.
- 18-01-2021: COVID: Preocupación en Carballo ante o novo gromo na Residencia DomusVi.
- 17-01-2021: COVID: O Sergas fará esta semana un cribado masivo de 6.000 persoas en Camariñas e Vimianzo.
- 14-01-2021: Vimianzo pon o foco… nos clubs.
- 13-01-2021: COVID: Carballo, Cee, Camariñas, Laxe e Vimianzo, no nivel máximo de restricións / Chegan as primeiras vacinas ao HVdX.
- 12-01-2021: COVID: A Xunta limita a mobilidade en todos os Concellos e obriga a pechar a hostalería ás 18:00h.
- 11-01-2021: COVID: As cifras sinalan un aumento do 40% nos novos positivos na última semana .
- 07-01-2021: COVID: A tendencia volve ser á alza.
- 29-12-2020: COVID: 9 concellos, tralo peche de Carnota e Muros, rematan o ano con especiais restricións.
Artigos relacionados
- Javier López Moríñigo: Presión hospitalaria: entendendo mellor os datos.
- Carta dun autónom@: "A Crónica dunha morte anunciada, a do comercio local”.
- Abandonado de madrugada ás portas do HVdX sendo positivo.
- A reflexión dun autónom@ soneirán sobre os peches perimetrais no rural.
- Un episodio que describe as consecuencias sociais desta pandemia.
- Xabier García Lema: Vakuna Malata.
- Lola Rontano: Vacina Bakunin.
- Alberto Sambade: Un monstro vén a verme. Corrupción, industria farmacéutica e capitalismo do COVID-19.