Venres. 19.04.2024
El tiempo

Magouras: “Leváronnos nun féretro flotante a afogar”

Magouras: “Leváronnos nun féretro flotante a afogar”
O fiscal de Medio Ambiente de Galicia Alvaro Garcia Ortiz e Apostolos Mangouras no Xuizo Prestige dende a Sala de Prensa- Foto Louzan

Dez anos despois, xusto dez anos despois da catástrofe, Apostolos Mangouras, 76 anos, Capitán do petroleiro “Prestige” sentou no banco dos acusados para respostar as preguntas de Fiscalía, Avogacía do estado, do Tribunal, dos responsables civís e da defensa, pero non das acusacións particulares (Nunca Máis entre elas) segundo esta mesma mañá indicaba o seu avogado “pola avanzada idade” do acusado.

Mangouras presentouse neste primeiro día de declaración tranquilo, serio e concentrado en ir respondendo a quen primeiro pregunta, a Fiscalía, e por case catro horas de tempo real.

Hai tres puntos de inflexión no relato desta mañá de declaración en ExpoCoruña (onde por primeira vez un nutrido grupo de mozos acudía coma público as vistas).

O primeiro pasa polo estado do buque, ó que se refire na parte inicial do interrogatorio o ministerio fiscal. Álvaro García Ortiz, fiscal medioambiental de Galicia, fai mención á toma de posesión como capitán do Prestige de Apostolos Mangouras e o dato de que o capitán era coñecedor do lamentable estado no que se atopaba o mercante. O Capitán nega tal extremo, aínda que si recoñeceu ter constatado da existencia de “corrosión” nos tanques de lastre. Esta circunstancia non o fixo temer pola integridade do buque porque “vin corrosión nos tanques, pero non rotura” e ademais, afirmou, “non son un técnico cualificado”.
A fiscalía insistíu durante boa parte do primeiro terzo do interrogatorio en que Mangouras si sabía do estado do buque previamente a tomar posesión do seu goberno, extremo negado en reiteradas ocasións polo propio capitán.

O segundo momento de importancia na mañá de hoxe se producía ó falar do momento mesmo do accidente, hai xusto hoxe 10 anos. Aquel 13 de novembro de 2002, o capitán do “Prestige” lanzou un MayDay inicial o fío das 14:40 da tarde, extremo confirmado na súa declaración por Mangouras que nembargantes non foi quen de determinar con claridade si foi el persoalmente ou o seu primeiro oficial quen lanzou pola radio esa alerta. Si confirmou que a súa primeira prioridade pasou por “salvar a tripulación” e por este motivo solicitou xa nun primeiro momento a evacuación do navío para, instantes despois de situado nese lugar o Helimer Galicia, cambiar de idea e permanecer no petroleiro, tanto el coma o seu primeiro oficial e o xefe de maquinas.

Precisamente, a preguntas da fiscalía, o vello capitán se emocionaba o lembrar os momentos máis duros dese día 13 de novembro. Cuestionado sobre si comunicou ou non a necesidade de recibir remolque a Salvamento de Finisterre, Apostolos Mangouras non foi quen de aguantar as bagoas o lembrar que nese momento “pedín uns minutos á torre para poder comunicar antes coas nosas familias, que o estaban vendo todo por televisión”.

Despois de un breve receso (só permitiu a presidencia do tribunal dúas breves paradas duns 10 minutos cada unha) Mangouras afrontou con maior enteireza preguntas sobre as decisións mais polémicas da tripulación do barco despois de tomado o mando do mesmo por parte das autoridades españolas. A preguntas do ministerio fiscal, Mangouras considerou coma “errático” o rumbo obrigado pola autoridade marítima nos días 15 e 16 de novembro, cando o Prestige pasou de ir cara o Norte, en dirección ó Golfo de Biscaia, a ir ao Oeste e rematar por romperse e afundir definitivamente o día 19. Apostolos Mangouras foi claro o expresar que se tratou de “un rumbo no que nos levaban nun féretro flotante a afogar”.

O capitán grego negou en todo momento que desobedecera as ordes de recibir remolque por parte do “Ría de Vigo” (o primeiro remolcador que chegou o lugar do accidente). Mangouras afirmou que non considerou inicialmente que o mercante se atopara en extremo perigo e que por iso preferíu “consultar a nosa armadora primeiro, porque ese remolque podía ser enormemente caro”.

Ao fío das dúas e dez minutos da tarde dábase por finalizada esta primeira xornada de declaración por parte do capitán do mercante sinistrado, que inicialmente continuara mañá salvo que a Folga Xeral impida, en verbas do presidente do tribunal “que se dea o quórum necesario” para continuar coas vistas. Nese caso a declaración de Apostolos Mangouras continuaría xa o próximo xoves.

  • José Luís Louzán, enviado especial de QPC e GC.

Seguemento especial do Prestige, gracias a Suministros Lar

Suministros Lar colabora no seguemento especial do xuizo do Prestige con QPC

Novas relacionadas

Máis novas

Os voluntarios que cambiaron a Costa

Fonte

Comentarios