As sanitarias máis veteranas piden respecto ás listas de contratación ante a renovación dos Reforzos do COVID-19

Todas están sendo perxudicadas, dalgún modo ou outro, da medida do SERGAS de renovar automaticamente os contratos de todas as profesionais que foron chamadas para reforzar o sistema sanitario na loita contra o COVID-19, despois dun movemento a nivel estatal. Unha renovación que é xusta, e que debería asumirse polos gobernos autonómicos para recuperar a dignidade perdida do sistema sanitario público galego. Pero a realidade é ben diferente, e esas renovacións conlevan danos colaterais graves, como é que as sanitarias que levan anos na parte alta das listas vén, como de súpeto, as que entraron na última ondada para reforzar o sistema en tempos de crise, lles pasan agora por diante.
E non será porque estas profesionais non estivesen en primeira liña, porque tamén lle tocou traballa cara a cara co virus, como é o caso de Eva Vidal Doldán, que estivo na planta de críticos do CHUAC durante toda a pandemia. A cormelá explica que “só” ten que firmar unha ducia de contratos ao ano porque está moi ben posicionada nas listas despois de 15 anos traballando e 3 oposicións aprobadas. Pero a súa veciña de Cerqueda Begoña Gómez leva xa un mes na casa por esta causa. Ambas, percorren cada día os 60-70 km que separan as súas vilas da Coruña para acodir ás 12:00h ás concentracións convocadas arredor do grupo “sanitarios parados obligados, que piden “respecto ás listas de contratación”.
O mesmo acontece en Cee
Tres cuartos do mesmo están sufrindo as profesionais sanitarias da área de Cee. Unha vez que a carga de traballo nos pacientes de Covid19 positivos, diminuíu nas unidades, ou prácticamente desapareceu, “a renovación destes reforzos implica que se utilizarán para cubrir as vacacións do persoal fixo, privándonos, as que levamos anos e anos nesta situación, dun contrato, relativamente estable”, explican dende o colectivo Enfermeiras Eventuais en Loita Cee.
Lamentan a situación pois ademais “o verán, para as Eventuais, é a época de traballo e de poder ter un contrato un pouco longo, 2-3 meses, e así, por unha vez no ano, podemos organizarnos coas nosas familias”.
Matizan que “estas protestas en ningún momento van dirixidas ás compañeiras que teñen estes contratos. As nosas protestas van dirixidas, coma sempre, a opacidade do SERGAS e a vulneración dos nosos dereitos, ganados co sacrificio que conleva estar nestas listas (non son novas as nosas protestas polas condicións dos nosos contratos), co esforzo de ter aprobadas varias OPES e seguir nesta situación de precariedade”.
”Non é o momento de deixar sin traballar a xente que leva anos e anos sufrindo a precariedade do SERGAS, que ten experiencia en todas as áreas da Sanidade. É o momento de contar con todos e todas!”, sentencian dende o colectivo costeiro.
O proceso
Facemos un repaso polas datas do proceso. O 15 de abril, aos reforzos, envoltos en plena Pandemia, rescindiuselles o contrato, que estaba firmado ata o 30 de abril. Dende Enfermeiras Eventuais en Loita, fixose pública esta situación demostrando que era unha inxustiza, xa que, os reforzos nese momento aínda eran necesarios e todo o persoal estaba traballando e o Sergas recuou manténdolle o contrato firmado previamente ata o 30 de abril.
A partir do 30 de abril, as listas de contratación xa dispoñían de persoal para cubrir as necesidades do Sistema, que disminuirán en gran medida, pero o Sergas, vulnerando a disposición 4/2020, na que se especificaba, que en todo o momento se manterían as contractacións segundo a orde de dispoñibilidade das listas de contratación, vulnerou o Pacto de contratación de 2016, e renovou directamente os contratos xa outorgados a modo de compensación, deixando no Paro a gran número de compañeiras, que estiveran traballando en "primeira liña", só que no seu contrato, non tiñan a denominación Reforzo de Covid19.
Todo cambia cando o 22 de maio, o SERGAS prorroga todos eses contratos de reforzo ata o 31 de agosto.
Novas relacionadas
- Un ano, un día, unha vida pola Enfermería
- As Enfermeiras Eventuais en Loita denuncian que o Sergas aproveita para precarizar máis a contratación.
Profesionais sanitarios en tempos de covid-19
- "A logopedia é indispensable”.
- "As sesións de autocoidado deberían ser propostas polo SERGAS”.
- Alicia Barreiro e Silvia Penide unen os sectores sanitario e cultural para lanzar unha mensaxe de esperanza.
- A médica en Baio danos recomendacións de prevención contra o coronavirus.
- O médico de Camelle explica como e cando usar as “mascarillas” caseiras.
- Baixada na afluencia de xente en urxencias e centros médicos: medo ou concienciación?.
- Os profesionais da área sanitaria de Vimianzo cóidanse para coidar.
- As Enfermeiras Eventuais en Loita denuncian que o Sergas aproveita para precarizar máis a contratación.
- Digna Rodríguez: Unha carta ao Goberno dende unha aldea do rural galego.
- Laura Canosa: Os sentimientos dun 2020 ao outro lado da "mascarilla”.
- Jorge Rodríguez, cardiólogo: "O infarto ten maior mortalidade que o coronavirus e o seu tratamento é moito máis eficaz”.
- Paula Esteiro: Paula Esteiro, de hospitalización a domicilio: “A xente non é consciente de que calquera persoa pode estar contaxiada”.
- Jose Insua, do Centro de Maiores de Fisterra: “Temos que agradecer aos nosos anxos da garda”.
- Enfermeiras do HVdX: “É duro saber que si nos contaxiamos, non só nos afectará a nós, senón tamén a nosa familia” .
12 meses 12 causas
- Maio 2020: As Enfermeiras Eventuais en Loita celebran un ano de reivindicacións.
- Marzo 2020: As Enfermeiras en Loita cancelan as súas mobilizacións nun "acto de responsabilidade" pero esixen "Feitos" ás administracións.
- Febreiro 2020: As Enfermeiras Eventuais en Loita saltan contra a emigración… e contra a censura de Feijoo.
- Xaneiro 2020: As Enfermeiras Eventuais en Loita concentráronse polo incremento do ratio enfermeira-doente.
- Decembro 2019: As Enfermeiras Eventuais en Loita adican o mes de decembro as pacientes doentes.
- Novembro 19: As Enfermeiras Eventuais en Loita alzan a voz contra a eterna precariedade laboral no Sergas.
- Outubro 19: As Enfermeiras saíron a rúa esixindo Transparencia ao SERGAS.
- Setembro 19: As enfermeiras loitan contra o teórico "contrato de estabilidade”.
- Agosto 19: As enfermeiras da zona loitan pola conciliación familiar.
- A “continuidade” para o servizo de enfermería significa estar dispoñible 24 horas os 365 días do ano.
- Concentración en Camariñas por "un servizo sanitario digno”.
- Os celadores en loita: “Coida a quen te coida”.
- “Somos o único Hospital do SERGAS que non ten celadores”.