1ª Autonómica: O Malpica frea o Baio e o Sofán alcanza o liderato a costa do Corme
Tremenda a 9ª xornada da 1ª Autonómica - Clínica Vértebra con dous derbis costeiros. Unha xornada que nos deixa un cambio de líder, de costa a costa, pois é o Sofán o que aproveitou o tropezo do Baio ante un gran Malpica para auparse ao liderato. Histórico liderato para esta SD que fai do Carral un feudo inexpugnable, como o demostrou a cuarta derrota consecutiva dun Corme que se perde no medio da táboa.
Por abaixo, o Malpica, con ese vitorión ante o que chegaba líder, suma xa 9 puntos, pero aínda segue en postos de descenso. O Soneira ascende á 10ª praza trala súa vitoria ante o Amio, mentres a Esteirana rompía o maleficio e sumaba a súa primeira vitoria ante un rival directo, o Silleda, ao que alcanza na penúltima praza.
Soneira - Amio (1-0)
- SONEIRA: Anxo, Fran de Urroa, Pichi, Maikel, Alberto, Richi (Mayor, min.79), Sandelo (De la Sierra, min.77), Brais Triñanes, Nazo (Javito, min.70) e Cristian Figueroa (Basti, min.70).
- Gol: 1-0, min.74: Brais Triñanes de cabeza á saída dun córner.
Importante vitoria do cadro soneirán ante un bo Amio. Saíulle ben a proposta a José Ángel, deixando no bando de inicio a pesos pesados como De la Sierra, Mayor Javito ou Basti.
Arrincaba o partido cos dous equipos moi temerosos, sen arriscar pero tampouco sen chegar á meta contraria. Apenas un par de chegadas, cun tiro de Figueroa aos 10 minutos e unha de Nazo de cabeza ás que responde ben o meta visitante.
Na segunda o Soneira saíu máis encbhufado. Figueroa volve avisar, e a entrada de Basti e Javito foi clave para facer máis dano. Brais Triñanes volvía probar ao meta que envía a córner. Nese preciso saque de esquina chegaría o gol do propio Brais, cun gran remate de cabeza ao segundo pau a centro de Richi.
Eran os mellores minutos do cadro local, que puido ter ampliado a renda por medio de Basti ou Javito, que vía como o colexiado lle anulaba unha acción por un dubidoso fóra de xogo. O mesmo Triñanes, xa co tempo cumplido tivo un man a man que mandou fóra, pero o Amio tampouco tiña forzas para respostar e os puntos quedaron no Municipal.
Esteirana -Silleda (4-2)
- ESTEIRANA: Fabio, Code, Serrano, Uru, Álex, Saúl (Pesco, min.69), Ande (Juan, min.85), Maseiras, Simón, Adrián (Pabliño, min.53) e Róner Pladur.
- Goles: 0-1, min.12: Fallo en cadea da zaga local que aproveita o ariete do Silleda; 0-2, min.50: Erro defensivo no despexe que propicia un pase atrás e gol; 2-1, min.65: Pabliño de primeiras a centro de Rober; 2-2, min.71: Pabliño de falta directa; 3-2, min.78: Pesco que remacha ao pau en centro de Rober e aprovéitase do rexeite para anotar; 4-2, min.84: Pesco tras combinación certeira na punta do ataque.
Por fin chegou a primeira vitoria da Esteirana nesta temporada, pois fíxose de rogar e xa parecía cousa imposible no seo do equipo. E curiosidades da vida, logrouna nun dos peores partidos no tocante a xogo.
Comezaron os locais moi desacertados, regalando un gol na primeira metade e outro ao comezo da segunda, e nestes intres as chegadas foron nulas por ambos bandos. Reinaba a imprecisión, o desacerto e o repliegue nun partido que non era merecedor da categoría.
Non cambiou na segundo tempo onde o Silleda aumentaba a suá vantaxe xa nos inicios. Os cambios deron outro aire e un inspirado Pabliño poñía o acerto e gol na Estairana para dar lugar a unha remontada espectacular. Culminou o acerto dos do banco o Pesco que se metía na área para rematar dúas ocasión boas que viñan de xogada por banda.
Matou aquí o equipo local o partido e noqueou a un Silleda que o tentou ata o final.
Malpica -Baio (2-0)
- MALPICA: Pombo; Adrián, Diego, Juanjo Rabuñal (Mario Alberto, min.68), Alemán, Baba, Joel Pereiro, Fernando Varela (Rodrigo, min.89), Cheo (Kevin, min.83), Cololo e M. Maradona (Diego Alonso, min.78).
- BAIO: Dani; José Antonio (Ramón, min.78), Pablo (Eloy, min.46), Porto, Mario, Fachal (Martín, 46), Alberto, Iago, (Brais, min.46), Cristian, Bieito e MC.
- Goles: 1-0, min.27: Mario case sen querer toca co talón un centro chut de Cololo descolocando ao meta baiés; 2-0, min.30: Alemán dende a media lúa aproveitando un despexe frouxo da defensa baiesa.
Partido trepidante na Pedra Queimada no que o Malpica, en clara melloría tanto de xogo, como de intensidade e de resultados dende a chegada de Baña ao banco, venceu a un Baio que chegaba de líder. O partido gañouno o Malpica na primeira mitade. Mostráronse os malpicáns con moita ambición non dando un balón por perdido e eso pudo decantar o resultado ao seu favor.
O partido tivo un tempo para cada equipo, pero o acerto dos locais en dúas xogadas á media hora de xogo, con algo de fortuna no primeiro tanto, foron claves para o devir do partido.
A segunda mitade o Malpica xogou a contemporizar xogo deixándolle terreno ao Baio e cerrando ocos detrás. O CD Baio, sacou toda a súa artillería, xogándose o todo polo todo, e, aínda que dominou, non foi quen de traspasar a muralla defensiva implantada polo adestrador malpicán, moi ordenada e sen descoidar o contragolpe.
O Malpica, coas dúas últimas fichaxes, Cololo e Baba, máis as incorporacións de Cheo e de Fernando Varela, xa ten un equipo máis competitivo e presumiblemente subirá postos na clasificación. Ainda que os dous siguintes partidos serán contra osos moi duros de roer, Corme e Sofán.
Sofán - Corme (2-1)
- SOFÁN: Lerma, Sito (Pablo Martínez, min.70), Javi, Rubén, Félix, Míchel, Martín, Iván Rojo (Sergio, min.78), Bertín (Eloy Boedo, min.88), Luís e Raúl (Brais Barreiro, min.46).
- CORME: Suso, Dani, Pandi, Alejandro, Diego (Joshua, min.5), Brais, Toniño, Lucas, Adrián Doldán (Antoniño, min.75), Juan Chans e Alejo (Manu, min.87).
- Goles: 1-0, min.10: Raúl non falla o rexeite de Suso ao seu penalti; 2-0, min.16: Luís aproveita un erro da defensa tras un centro de Raúl; 2-1, min.65: Alejo de penalti.
- Expulsións: o sofanista Luís no min.30 por agredir a Lucas, e os cormeláns Juan Chans ao fío do descanso e Lucas no min.80.
Partidazo no Carral, de poder a poder, ante case medio millar de persoas e ante un sempre protagonista Zas Vázquez, que non gustou a ninguén. E así, non perde este Sofán na casa e onte o demostrou cunha apurada vitoria ante un Corme que suma a súa 4ª derrota consecutiva,
Foi un choque intenso, moi quente e igualado. Atopouse a SD cun penalti aos 10 minutos, que Raúl non desaproveitou pero tivo que esperar ao rexeite de Suso, que paraba a pena máxima pero non podía evitar o 1-0 no despexe. E non pasaron 5 minutos para un regalo da defensa cormelá permitise que Luís fixese o 2-0.
O choque seguía tan igualado como tenso, e Luís era expulsado por agredir a Lucas. Tomou aí o mando o Corme, e comezou a percutir sobre a sempre seria defensa sofanista.
Pero tardou en facer dano o Corme, ante un duro Sofán. Foi Alejo dende os 11 metros o que recurtaba, e Juan Chans tivo o empate pero non acertou, e os puntos, tras este tenso partido, quedaron no Carral, convertindo ao Sofán en líder da categoría por primeira vez na súa historia.
Crónicas da 1ª
- X.8: O Baio é moito líder.
- X.7: Os líderes da 1ª son da Costa.
- X.6: O Baio non perdoa e o Soneira pode co Sofán.
- X.5: Trío de cabeza con susto.
- X.4: O Baio ponse líder e o Soneira gaña o primeiro derbi urxente.
- X.3: 3 costeiros no grupo de arriba.
- X.2: Xa temos líder tras unha xornada co primeiro derbi.
- X.1: A 1ª Autonómica comeza para os nosos costeiros.
Máis información
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Altas e Baixas do #FútboldaCosta 2014/2015.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Crónicas da semana
Novas relacionadas
- O Dolce&Café e o Explotacións Porcinas Porto do Souto, primeiros líderes da Liga Futsal Carballo.
- O Club Deportivo Costa da Morte foi premiado nos V Premios Galicia á Xestión Deportiva.
- Entrevista de David Castro co meta coristanqués de 1ª División, Rubén.
- 5 xornadas e xa temos o primeiro relevo nos bancos do Fútbol da Costa.
- Da carta de liberdade nas categorías inferiores.
- Farase finalmente o Curso de Adestradores Nivel 1 en Carballo.
- A Escola de Tecnificación do At. Madrid volve abrir as súas portas.
- Os clubs poden cambiar os horarios nas categorias inferiores sen avisar ao rival.
- Lista dos pichichis da Costa.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Colabora Isma, Óscar Basalo, Wash Calvo, blog de Luís Porto e SD Sofán.