Axenda deportiva da fin de semana


Segunda fin de semana de xuño e o número de actividades deportivas decrece, pero non a emoción. E ademais do #fútboldacosta, teremos unha importante proba de Salvamento Acuático no Ézaro.
E como dicimos, a tensión crece a medida que van pasando as semanas e a gran final da Copa da Costa se achega. Unha finalísima que, por certo, vén de cambiar de data, unha vez que os 4 clubes decidiron que se dispute o sábado 29 de xuño ás 19:00h, en Baio, pois pode que coincida coa final da Copa Confederaciones. Deste xeito, os actos e a Gala da Asociación de Clubes para o día 30 queda desconvocada, pendente de realizarse ese mesmo sábado.
Indo xa á competición, o domingo é día de Copa. Ás 18:00h teremos un Camariñas-Malpica por todo o alto, e unha hora máis tarde, un Dumbría-XSC espectacular. A tensión seguro que fai mella e non vemos choques de vertixe, pero a emoción copeira será para degustala.
Ademais, o Baio descansa na Fase á 1ª, pero terá os ollos no Agolada-Sálvora, pois de gañar ou empatar o equipo visitante o Baio será equipo de 1ª Autonómica, e o Mazaricos mantería a categoría na 2ª.
O parte de sancións trae ata 4 sancións para a UD Cerqueda e un partido para Maikel, do Soneira, polo que non afecta ás semis da Copa, se ben o dumbriés Dani Casal está apercibido. Iso si, o Baio recibe 60€ de multa por lanzamentos de petardos e o aviso de clausura do campo no caso de repetirse os acontecementos.
E só nos queda o infantil do XSC nas Fases de Ascenso ás Ligas Galegas. Os xalleiros teñen todo de cara para ascender de categoría e afianzarse como unha das referencias costeiras en categorías base. En fronte terá a un Ciudad Jardín que remontou un resultado moi adverso ante As Pontes, pero os xalleiros terán que demostrar a súa valía o domingo ás 11:00 en San Pedro de Castriz.
E temos a volta das semifinais da Copa de Veteranos, co Coristanco e o Cabana cun pé metido na final.
Copa da Costa, ida das semifinais

Fase de Ascenso á Liga Galega Infantil, ida da final

Copa da Costa de Veteranos, volta das semifinais

Campionato Galego de Salvamento
Por segundo ano, a praia do Ézaro convertitase no centro neurálxico do Salvamento Acuático Galego. Máis de 120 deportistas, con todos seus familiares e compañeiros, achegaranse este sábado 15 de xuño ao areal dumbriés para disputar o Campionato Galego de Salvamento Acuático, en categorías alevín, infantil e cadete.
Máis información
Crónicas da semana
- Fases de Ascenso: Só os infantís do XSC achéganse á Liga Galega e a Esteirana di adeus entre bágoas.
- Copa da Costa: O Camariñas sorprende ao Soneira e o Dumbría sofre co Sofán.
- O Camelle ascende á Liga da Costa nun auténtico partido do #futboldacosta.
- O Baio desquítase e endosa 5 ao Agolada para achegarse á 1ª.
- Resultados e análise dunha xornada de moito fútbol da Costa.
- Triplete dos pequenos fisterráns do fútbol 8.
Torneos
- Cabana segue apostando polo fútbol base cunha nova edición do seu Torneo e Cee estrea un de Infantís.
- O Sporting Seaia busca fondos cun Torneo para poder federarse.
- Unha de Torneos por Carnota, Muros e ata Tordoia.
Novas relacionadas
- A UD Carnota ao fío da baixa federativa.
- Unha de porteiros no Conco.
- A maxia pisou o Conco.
- Os equipos costeiros de Preferente e 1ª non terán descanso pola Copa Deputación.
- Os pequenos do Dumbría e o IDC foron recibidos polos seus alcaldes.
- Xa temos nominados para os Premios do Fútbol da Costa.
- 50 anos da Copa da Costa cos Oliver e Benji do Ghañan Style.
Artigos relacionados
- Xosé María Lema Suárez: A repercusión mediática do libro do Baio e Liga da Costa (II).
- Videoentrevista de Anxo Garrido con dous cadetes dumbrieses a piques de facer historia.
- Alberto Pose: Por motivos xeográficos.
Fonte
- Redacción de QPC Deportes (deportes@quepasanacosta.gal).