5 padexeiros dumbrieses estarán no Campionato de España
A terceira competición da Copa de España de Slalom se disputaba na localidade illerdense de Ponts. A pesar da época de exames, os rapaces do CDM Piragüismo Dumbría fixeron un esforzo en conxunto cos seus profesores para poder acudir a esta competición, conscientes de que a posibilidade de poder competir nos Campeonatos de España que se celebran en agosto na canle de Orthez pasan obligatoriamente por competir en Ponts debido á nova reglamentación da Copa de España de Slalom Olímpico. A día de hoxe podemos garantir que os cinco deportistas do CDM Piragüismo Dumbría presentes en Ponts estarán neses Campionatos de España: Iago Canosa, Marco Oreiro, Kiara Martinez, Laura Antelo e Miguel Castro.
O percorridos trazados na canle de Ponts eran complicados e cheos de trampas, e iso se viu nos malos resultados dos palistas dumbrieses nas baixadas do sabado coa única excepción de Iago Canosa que rematou a xornada nun brillante segundo posto, Pero o domingo, a pesares de que o percorrido era bástante máis complicado todos sairon a competir bastante máis concienciados de competir e iso se viu nos resultados, conseguinto todos os deportistas completar o percorrido sin santarse ningunha porta e mesmo con Kiara Martínez meténdose na final cadete femenina: "O sábado non foi la cosa moi ben. O domingo un cambio de actitude fixo que a cousa cambiase sentóndome moito máis cómoda na auga e satisfeita co resultado", recoñeceu. Quizais Iago competise algo pasado de voltas buscando dar a sorpresa o que o levou a cometer bastantes penalizacións que o retrasaron do segundo ó terceiro escalón do podium.
En canto ós demáis membros da expedición, tanto Marco Oreiro, con un exceso de penalizacións, coma Laura Antelo e o debutante Miguel Castro non foron quenes de entrar na final. Ademais coa expedición do CDM Piragüismo Dumbría tamén viaxou o infantil Marcos Sánchez Cancela quen exerceu de abridor para ir rodándose nas competicións de Copa de España.
Ao final o CDM Piraguismo Dumbría alcanzou o 10º posto na clasifiación por clubes desta competición.
Vindeira proba
A vindeira competición son os Campionatos Galegos de Slalom que se celebran en quince días en Padrón, no río Ulla.Máis información
Novas relacionadas
- 6 podios para os peque-palistas costeiros en Ribadumia.
- Un par de padexeiros costeiros na Copa internacional dos Pirineus.
- O Piragüismo costeiro arrinca a tempada de base con grandes resultados.
- Iago Canosa queda a poucos segundos da Selección Española de Piragüismo.
- Iago Canosa, cun pé na Selección Española de Piragüismo.
- Dumbría estrou en Portugal a temporada de piragüismo:
- Iago Canosa, novo campión galego absoluto de piragüismo con só 16 anos.
- Os dumbrieses, entre as mellores promesas de España.
- Un campionato e dous subcampionatos galegos para o Piragüismo Dumbría.
- Tres medallas para o piragüismo de Dumbría.
- O Piragüismo Dumbría, terceiro no Trofeo Internacional Tui-Valença.
- Pouca sorte para os piragüistas dumbrieses en Orthez.
- O Piragüismo Dumbría segue medrando e acada a segunda praza por clubes en Gondomar.
- O CDM Piragüismo Dumbría colleita un fabuloso sexto na Copa de España de Slalom.
- 4 ouros e 1 bronce para preparar o asalto á Copa de España de Piragüismo.
- Iago Canosa e Marco Oreiro sobreviven a unha competición fallída en Irún.
- O piragüista Iago Canosa achégase ao mundial de Slalom de Australia.
- 5 palistas do Piragüismo Dumbría loitarán polas plazas para o Mundial de Slalom.
- Sorte dispar para os palistas dumbrieses na primeira proba da tempada.
- Arrinca en Portugal a tempada 2014 para un CDM Piraguismo Dumbría con caras novas.
- Un Piragüista dumbriés ao mellor centro de tecnificación de España.
- O Piragüismo Dumbría xa é Campión Galego.
- O Piragüismo Dumbría xa sobe a podios estatais.
- Dumbría acolleu outra gran proba de piragüismo.
- “O campo de slalom sería tan positivo como o Camiño de Santiago”.
Fonte
- Nota de prensa do CDM Piragüismo de Dumbría, da man de X. Henrique Portela e do Club Sen Siras da man de Aarón Rey.