A familia Anorthosis salva unha xornada excesiva chea de baixas
Moitos encontros os celebrados polos equipos do Anorthosis Vimianzo esta pasada fin de semana. En total de 9 se contamos o adiantado do 5 de xaneiro e que correspondía a esta xornada. Pero os resultados non foron todos o satisfactorios que cabía esperar, pero se temos en conta as dificultades para formar algún dos equipos debido as múltiples baixas, a parroquia soneirá debe estar contenta de solventar a xornada e pensar en positivo para as próximas.
3ª división nacional masculina
- Conxo TM - Anorthosis Vimianzo 5-2 (17-10)
- Arteal Ventanas - Anorthosis Vimianzo 6-1 (19-7)
Dúas derrotas do primeiro equipo. Con elas, o Anorthosis queda 8º, máis preto da zona de abaixo que da de arriba.
1ª división galega
- Cambre Promesas - Concello de Zas Aquacenit 1-6 (4-20)
- Conxo Ponte de Ferro- Concello de Zas O Gaiteiro 7-0 (21-2)
Segue arrasando o Aquacénti mentres que O Gaiteiro segue pagando a súa inexperiencia. O Aquacenit lidera a 1ª Galega, empatado co Breogán Oleiros C, con 9 vitorias e 1 derrota nas 10 xornadas disputadas.
2ª división galega
- Oroso TM Hotel Santa Cruz - Concello de Zas O Pinar 7-0 (21-1)
- Oroso TM Talleres MR - Concello de Zas O Pinar 2-5 (7- 16)
2ª división nacional femenina
- Aluminios Xeal de Zas - Cambados TM 0-3 (1-9)
- Aluminios Xeal de Zas - Monte Porreiro "A" 0-3 (0-9)
- Aluminios Xeal de Zas - Monte Porreiro "B" 1-3 (6-9)
Vindera cita
Se a fin de semana pasada foron moitos os encontros a disputar, para o vindeiro só 2, e con eles complétase a 1ª volta na categoría masculina.
1ª división galega: Sábado 18 de xaneiro a partir das 16'00 h no ximnasio do CPI de Zas:
- Concello de Zas Aquacenit - E.S. Sigüeiro.
- Concello de Zas O Gaiteiro - E.S. Sigüeiro.
Novas relacionadas
- O Anorthosis tamén gaña e engancha por Nadal.
- O Aquacenit mantén o ritmo da familia Anorthosis.
- O Aquacenit mantense no máis alto.
- Dúas vitorias alonxan ao Anorthosis da zona de perigo.
- O Anorthosis non pode despistarse e o Aquacenit apunta alto.
- O Concello de Zas Aquacenit ponse líder na 1ª Galega.
- O Anorthosis non vai de “cenicienta”.
- Nova xornada completa de tenis de mesa nun ateigado pavillón de Zas.
- O Anorthosis terá unha longa tempada na 3ª Nacional.
- O tenis de mesa costeiro estrea campaña con vitoria.
- O Anorthosis comeza unha nova campaña con 6 equipos en liza.
- A Costa xa ten o seu torneo galego de tenis de mesa.
- Gran participación dos zaenses nos Provincias de tenis de mesa.
- O tenis de mesa pechou unha exitosa I Liga Intermunicipal cun gran ambiente e vitorias corcubionesas.
- O Anorthosis Vimianzo é novo equipo de 1ª División Galega de tenis de mesa.
- A campiona Galega benxamín de tenis de mesa chámase Lorena e é de Zas.
Fonte
- Nota de prensa de Estevo Lema.