Axenda da penúltima fin de semana de Fútbol da Costa
Apenas queda unha semana para a II Gala do Fútbol da Costa - QPC. Xa sabemos os primeiros nomes e o vindeiro venres saberemos os galardoados. Pero antes, temos que coñecer moitas máis cousas.
Estes días saberemos os finalistas da Gran Final da Copa da Costa 2015; saberemos se o Zas consegue o soñado ascenso permitindo así a permanencia do Montelouro na 2ª Autonómica; descubriremos tamén quen ascende á propia Liga da Costa, se Coristanco ou Corcubión; veremos se o Dumbría é novo equipo da Liga Galega Xuvenil, coñeceremos os finalistas da Copa dos Veteranos… Faremos un completo seguemento en directo no carrusel tecnolóxico a través da plataforma www.copadacosta.com.
A Copa
Despois da ida das semis, temos unha eliminatoria sentenciada, a do XSC, pero outra moi intensa. Corme e Sofán darán un verdadeiro espectáculo no Cairo. Dous dos mellores equipos da tempada xogaranse o pase á finalísima a unha soa carta, polo que parece que o ambiente será excepcional. Ademais, teremos o ollo nos dous cadetes protagonistas do envite.
O Zas, a polo ascenso
Última bala para o Sporting Zas nesta loita polo ascenso á 1ª Autonómica. Todo de cara para os de Iván Cancela que confían no ambiente de San Andrés para superar ao Tordoia, que virá escoltado por unha ruidosa afección. Promete ser unha cita emocionante, se ben ao cadro costeiro válelle o empate.
Coristanco e Corcubión, cara a cara
Tralo 1-1 da ida en Corcubión, a Rocheira acolle a grandísima final da Promoción de Ascenso á 2ª Autonómica. Os dous equipos chegan en bo momento de forma e sen grandes baixas, polo que pode ser un partidazo cheo de tensión por un ascenso merecido para os dous equipos.
Por un Dumbría de Liga Galega
Teñen os de Óscar Leis e Diego Lobelos a ida da final polo ascenso á Liga Galega Xuvenil. Os costeiros necesitan pechar esta inmellorable campaña cun ascenso á Liga Autonómica. Este sábado toca ir a Bertamiráns, onde buscarán conseguir un resultado que lles permita sentenciar na volta do Conco.
O Coristanco cun pé na final dos Veteranos
Meteu o Coristanco un pé na final da Copa da Costa dos Veteranos tras vencer 3-0 ao Cabana. Polo outro lado, Ponteceso e Soneira xogaranse o pase en Vimianzo.
Copa da Costa, volta das semis
Fase de Ascenso á 1ª, 6ª xornada
Promoción da 3ª, 6ª xornada
Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, ida da final
20/06 - 19:00 | Bertamiráns - Dumbría | - |
Copa da Costa dos Veteranos, volta das semifinais
FS en Vimianzo
Os días 19, 20 e 21 de xuño polo que parece forte, haberá maratón de FS en VImianzo, organizado polo Anorthosis. Ollo que hai 2000€ en premios.Novas da Gala
- Os primeiros candidatos aos Premios da Gala Fútbol da Costa – QPC.
- En marcha a II Gala do Fútbol da Costa – QPC.
Crónicas da semana
- Fases de Ascenso: O Zas gasta unha bala e Coristanco e Corcubión empatan na ida.
- Copa da Costa: Encontro de ida das Semifinais.
- Copa da Costa de Veteranos: O Coristanco mete un pé na final.
- Fase de Ascenso: O Dumbria a polo último esforzo para estar na Galega.
Artigos futboleiros
- Manuel Varela: Dous cadetes nas semifinais da Copa da Costa.
- Corredoira: Case 100 adestradores titulados en dous anos na Costa.
- Héctor Pose: Un árbitro á sombra dun rododendro.
- Lema Suárez: A curiosa prehistoria do fútbol da Costa daqueles anos vinte.
- Da necesidade dun relevo nas Directivas dos equipos do Fútbol da Costa.
- Pide o teu libro sobre o Bayern de Pep.
- Un vídeo para motivar ao Sporting Zas.
- Alberto Pose: Queremos sanear o Fútbol da Costa?.
Primeiros títulos colleitados
- Zas e Sofán foron as capitais do Fútbol Base costeiro.
- Cabana e Muxía, os últimos campións dos peques de F8.
- Os campións costeiros de F8 disfrutaron de fermosas Fases Finais.
- 3ª Autonómica: Un ascenso agónico do Ameixenda.
- O Outes faise co título da Liga da Costa nunha tarde de verdadeiro infarto.
- O Cerqueda certifica o título da 3ª e un histórico ascenso.
- Iago Lema e Nacho, pichichi e porteiro menos goleado da 3ª-
- Anxo e Gato, os porteiros menos goleados da 1ª e 2ª Autonómica.
- Alejo e Piti, os primeiros pichichis do curso.
- XSC e Cee disfrutan dos títulos de Campións da Copa da Costa.
- O Dumbría sofre pero supera á Esteirana e tamén gaña a Copa da Costa Xuvenil.
- O Cee suma outro título cos Alevíns de F8.
- Un título de Prebenxamíns con dous gañadores.
- Veteranos: O San Román róuballe o título ao Coristanco no último suspiro.
- Os Benxamíns agrandan o mito da eterna canteira fisterrá.
- O XSC celebrou o título Infantil e buscará o ascenso á Liga Galega.
- O Corme festexa o título Cadete e o Cabana a Fase de Ascenso.
Máis información
- www.copadacosta.com.
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).