Domingo. 15.09.2024
El tiempo

Axenda moi copeira para a primeira fin de semana de xuño

Axenda moi copeira para a primeira fin de semana de xuño
Zas e Corme protagonizan unhas das semis mais intensas da Copa-Foto-Alejandro Mel

Nova xornada futboleira para este comezo de xuño, con claro protagonismo para a Copa da Costa. Son varias as frontes que teremos abertas en www.copadacosta.com, e como non, comezamos ca senlleira competición.

A polas semis da Copa

Xa que o domingo coñeceremos aos semifinalistas. Só o XSC ten o pase asegurado tralo 7-1 da ida, mentres as outras 3 eliminatorias están por decidir. Ten unha gran vantaxe o Seaia, despois de 3-0 da ida ante o Cee, pero co #ReideCopas nunca se sabe, e como demostrou ante o Castriz, pode remontar o resultado. No outro lado do cadro, o Fisterra sorprendeu ao Sofán en Ara Solis, pero o Sofan, que puxo moito para chegar lonxe nesta Copa, fará do Carral un fortín para remontar. Será sen dúbida un partidazo. E outro partidazo é o que e verá no Cairo. O Corme chega con vantaxe, pero o Zas non ten esta semana doble partido, e ademais pode ser xa equipo da 1ª Autonómica para a vindeira semana polo que a Copa pasaría a ser obxectivo principal.

O Zas pode ascender… sen xogar

E dicímilo porque descansa o Zas esta xornada na Fase de Ascenso á 1ª Autonómica. Pero a vitoria do Palmeira, deixando ao Tordoia sen puntuar, situaría a Palmeira e Zas como novos equipos da 1ª.
Co Palmeira tifará a marea do Zas, pero tamén a xente do Montelouro, porque o seu ascenso liberaría unha praza na 2ª e devolvería ao cadro loureán á Liga da Costa.

A Promo da 3ª

Despois do mal protagonismo da Promoción da 3ª mesmo a nivel estatal, volven as semifinais desta Fase. O Coristanco e o Corcubión téñeno de cara para meterse na finalísima polo ascenso. O cadro coristanqués sacou un 0-2 de Lombáns e xogarase o pase na Rocheira. Mentres, o Corcubión, con 4-1 a favor, visita Arliña ante un tocado Muxía por mor das graves sancións impostas polo Comité.

O Dumbría segue o seu camiño á Liga Galega

A nosa única baza de ascenso ás Ligas Galegas é o Dumbría, que terá que superar dúas eliminatorias máis para ser novo equipo da liga autonómica. O primeiro rival é un Betanzos, que vén de superar aos Miúdos, pero que pasa por ser un equipo perfectamente asequible para o nivel dos costeiros.

Remata o F8

Xa cos campións decididos, rematan as Ligas Norte de F8, pensando xa na Copa.


Copa da Costa, volta dos Cuartos

Copa da Costa Volta Cuartos

Promoción da 3ª, ida das semifinais


Fases de Ascensos ás Ligas Galegas

Xuvenil:

06/06 - 18:00Betanzos - Dumbría13/06

F8 Alevín Costa Norte, xornada 14

Vimianzo 05/06 - 19:15 Deportivo Baio
Zas 05/06 - 19:30 Cabana
Coristanco 06/06 - 16:00 Corme
  • Descansa Muxía.

F8 Benxamín Costa Norte, xornada 14

Vimianzo 05/06 - 18:00 Baio
Zas 05/06 - 18:30 Cabana
Coristanco 06/06 - 17:00 Corme
  • Descansa Muxía.

Copa da Costa de Veteranos, Volta dos Cuartos

copadacosta de veteranos

Crónicas da semana

Torneos estivais

Novas relacionadas

Primeiros títulos colleitados

Máis información

Fonte

Comentarios