Venres. 17.05.2024
El tiempo

Resultados e análise da tensa xornada futboleira

Resultados e análise da tensa xornada futboleira
Corme-Zas da Copa-Foto-Alejandro Mel

Fantásticas esta última fin de semana de maio no Fútbol da Costa. Non foi moi numerosa pero si intensa, con partidos de alta tensión. A Copa da Costa volve ser protagonista, con auténticos choques de infarto, e xa estivemos pendentes da Copa e mais das Fases de Ascenso, cos resultados en tempo real agora en www.copadacosta.com.

Nunha fin de semana ademais na que o Concello de Cee facía a recepción ao Ameixenda polo seu ascenso á Liga da Costa, e lle outorgaba unha pequena placa de conmemoración.

Recepcion municipal ao Ameixenda no Concello de Cee

De Cuartos na Copa

Parece que vai moi forte este XSC para meterse, un ano máis, na final da Copa. Superou ao Camariñas con total rotundidade e cun 7-1 deixa o pase asegurado para a Copa. Non se pode dicir o mesmo das outras eliminatorias, aínda que Fisterra, Corme e Seaia deron un paso adiante, pero aínda non definitivo.
Xa que o Sofán aposta moi forte por esta Copa e vai intentar con todo no Carral o 3-1 de Ara Solis. Xa que o Zas, aínda que está máis pendente da Fase de Ascenso, pode dar a sorpresa no Cairo. E xa que o Cee xa remontou un 4-1 nos Oitavos ante o Castriz e este 3-0 que leva o Seaia (a gran revelación desta Copa) para a volta, pode que non sexa suficiente ante o #ReideCopas.

O Zas, máis preto do ascenso… e o Montelouro da permanencia

Dicíamolo o venres e o repetimos máis alto. Paso de xigante do Zas cara a 1ª Autonómica. Superou a un Tordoia que tiña unha afección impresionante, pero no campo o equipo de Iván Cancela foi superior e se coloca con 4 puntos, líder do grupo empatado co Palmeira, e o máis importante, deixando ao cadro de Tordoia con 0 puntos.

Arrinca a Fase de Ascenso á 2ª con lío

Lío no Cubaleiro na ida da Promoción de Ascenso da 3ª. O Muxía colocábase por diante pero acababa caendo por 4-1 nun partido marcado polas agresións e unha forte liorta do que daremos boa conta mañá.

Ademais, o Coristanco case meteu un pé na final tras vencer 0-2 en Lombáns ao Lira.

O Dumbría, único equipo con opción de ascenso á Liga

Só o Dumbría Xuvenil segue adiante cara a Liga Galega. Apenas o cadro dumbriés e o Cabana Cadete tiñan opcións pero o cadro cabanés sufríu unha derrota sen paliativos ante o Palas. Tamén caeu Os Miúdos Xuvenil ante o Betanzos mentres o XSC ten complicada a remontada para o martes en Fontenla.
O Dumbría espera rival no sorteo deste luns ás 20:00h.

Cabana, o último campión de F8

Quedaba un título dos F8, despois de que o Muxía se proclamase campión en Benxamíns Norte. Pois esta fin de semana, e con aínda unha xornada por diante, o Cabana Alevín aproveitaba o empate do Corme ante o Muxía para cantar o alirón.

Ademais, mañá visitaremos os campos do Zas e do Carral para ver como foron os torneos de Fútbol Base.

Copa dos Veteranos

Moita igualdade na ida dos Cuartos da Copa de Veteranos, co Coristanco e o Cabana dando un paso pero non definitivo ante Agualada e Castriz. Mentres, no outro lado do cadro, Ponteceso e Zas e Soneira e Baio asinaron táboas e deixan todo para a volta.


Copa da Costa, Ida dos Cuartos


Fase de Ascenso á 1ª Autonómica, xornada 3

Tordoia1-3Zas

Promoción da 3ª, ida das semifinais


Fases de Ascensos ás Ligas Galegas

Xuvenil:

4-0Betanzos - Os Miúdos4-1
2-4Bastavales - Dumbría0-3
  • Os Miúdos eliminado e Dumbría pasa eliminatoria.

Cadetes:

1-1Palas - Cabana6-0
  • Cabana eliminado.

Infantís:

4-0Fátima - XSC02/06 - 19:00

Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría, Segunda Fase, Descenso Grupo Impar, xornada 13

Lugo5-1Dumbría

F8 Alevín Costa Norte, xornada 13

Cabana 3-1 Vimianzo
Baio 2-1Coristanco
Corme 3-3Muxía
  • Descansa Zas.

F8 Benxamín Costa Norte, xornada 13

Cabana 5-1Vimianzo
Baio -Coristanco
Corme 5-0 Muxía
  • Descansa Zas.

Copa da Costa de Veteranos, Volta dos Dezaseisavos


Crónicas da semana

Comentarios