Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Copa da Costa: Temporal do XSC e o Seaia dá a sorpresa

Copa da Costa: Temporal do XSC e o Seaia dá a sorpresa
Fisterra-Sofan-Foto-Mar

Interesante está esta Copa da Costa que sabedes seguimos en directo cada fin de semana en www.copadacosta.com. Só o XSC, que parece que despois de acadar a permanencia vai con forza pola Copa con intención de meterse un ano máis na final, ten os dous pés nas Semifinais tras meter un rotundo 7-1 ao Camariñas.

A sorpresa desta Copa é o Seaia. Tras superar ao Ponteceso, os malpicán conseguiron, con algo de sorte, un 3-0 ante todo un Cee, pero terán que suar para manter a vantaxe na volta, pois este #ReideCopas xa demostrou ante o Castriz de que é capaz de todo.

Ademais, o Fisterra conseguíu un bo 3-1 ante o Sofán, un equipo chamado a grandes cousas nesta Copa, polo que se preve un choque de volta de alta tensión. Ademais, o Corme sumou certa vantaxe ante un Zas máis pendente da Fase de Ascenso, e a pesar de ser un partido tremendamente igualado, o cadro cormelán remontou e leva bo resultado para o Cairo.


Fisterra - Sofán (3-1)

  • FISTERRA: Norberto, Rubia, Juan (Munitis), Manuel, Julito, Santi (Noé), Roco (Robertín), Cristian, Guardiola, Pablo Lestón (Andrés) e Adrián.
  • SOFÁN: Lerma, Sito, Leilán (Maneiro, min.66), Rubén (Ceide, min.81), Félix, Míchel, Seo (Pablo Martínez, min.46), Iván Rojo, Luís, Bertín e Raúl.
  • Goles: 1-0, min.16: Pablo Lestón de penalti; 2-0, min.34: Roco a pase de Lestón; 2-1, min.70: Bertín cunha boa xogada pola liña de fondo; 3-1, min.79: Adrián de fermosa vaselina.
  • Expulsión: Os sofanistas Félix (min.58) e Leilán (min.89) e o fisterrán Juan (min.75).
Fisterra-Sofana-Foto-Mar Pablo Leston fixo un partidazo ante o Sofan-Foto-Mar

Fermoso partido de auténtico sabor copeiro en Ara Solis. A néboa non impediu un gran ambiente para este partido igualado por momento, con tensión, emoción, polémica e fermosos tantos. O Sofán tivo máis control da posesión pero non conseguía chegar con profundidade e as ocasions máis claras foron para os locais, e se cadra puido levar algo máis de renda, pero Lerma estivo fantástico. Todo nun choque bastante limpo no que o colexiado expulsou esaxeradamente a 3 xogadores, que non foron importantes pois dúas xa foron cos xogadores no banco.

O choque comezaba igualado pero o penalti que marcou Lestón permitiu que os de Nacho xogasen co marcador a favor con moita serenidade, sabendo aguantar e sacando rápidas contras con Guardiola e Cristian como protagonistas, lanzados por un Pablo Lestón espectacular. A SD tamén tiña as súas como o doble disparo de Luís ao fío do descanso, xa despois de que Roco fixese o segundo para os locais, e que tivo que salvar Cartamil baixo paus.

Na segunda, seguíu o mesmo guión. Aí os protagonistas foron Norberto e Lerma, demostrando que as dúas porterías están ben defendidas pola veteranía de dous porteiros xa míticos da Costa. Quedou con 10 a SD, pero veuse arriba e recurtou, e Raúl tivo o empate, pero o Fisterra, moi listo, aproveitou un bo pase ás costas da defensa para ampliar o marcador e a piques estivo Lestón de ampliar o marcador.

Todo queda para o Carral, a onde o Fisterra chegará con baixas importantes e ao que o Sofán se agarra coma se dun auténtico fortín se tratase. Un dos choques máis fermosos que quedarán destes Cuartos, dende logo.


Zas - Corme (1-2)

Plantel do Zas-Foto-Alejandro Mel
  • ZAS: Rizos, Josito, Pereiro, Isma, Vecino, Canedo, Peke, Dani (Fabián, min.71), David Blanco, Rubio e Álex Flores (Manu, min.62).
Plantel do Corme en San Andres-Foto-Alejandro Mel
  • CORME: Suso, Dani Cousillas, Alejandro, Joshua, Sergio Sueiro, Diego (Eloy Villar, min.78), Adrián Doldán (Brais Torrado, min.83), Juan Chans (Samu, min.57), Brais, Lucas (Diego Méndez, min.86) e Toniño.
  • Goles: 1-0, min.25: Vecino; 1-1, min.80: Lucas; 1-2, min.84: Samu.
Zas-Corme da Copa da Costa-Foto-Alejandro Mel

Boa entrada en San Andrés con 150 espectadores de dúas das mellores afeccións da Costa, para ver un partido que foi menos vistoso do que prometía. O Zas de Iván Cancela, cun 11 de gala pero coa mente pensando no choque do domingo da Fase de Ascenso, enfrontábase a un Corme que non puido acceder a xogar venres o sábado pola mañá por motivos laborais.

Foi un partido con escasas oportunidades, moito centrocampismo e moito respeto. Ninguén quería dar un mal pase e non arricaron demasiado. Pegou primeiro o Zas por medio de Víctor Vecino. Pasaron moitos minutos e do que puido ser o 2-0 cun tiro de David Blanco ó longueiro, pasouse en 4 minutos a 1-2, cos tantos de Lucas e de Samu, un cadete xa xogando minutos cos maiores, que demostra que a canteira cormelá dá o seus froitos, e por iso Lentejo aposta por dar minutos aos Brais Torrado, Samu ou Diego Méndez.

Samu marcou o segundo para o Corme en Zas-Foto-Alejandro Mel

Seaia - Cee (3-0)

  • SEAIA: Jesús, Víctor, Vistas, Miguel, Javi, Eme (Richard, min.80), Nando, Feli, Moises (Magovi, min.70), Camilo e Tato (Dimaga, min.75).
  • CEE: Paulo, Jorge, Senlle, Jacobo, Aitor, Paco, Gabriel, Piquero, Isma (Josiño, min.60), Bruno e Juan.
  • Goles: 1-0, min.7: Tato; 2-0, min.44: Eme; 3-0, min.62: Feli.

Partido moi disputado que rematou cun resultado moi enganoso porque a pesar do que indica o marcador o Cee tivo moitas ocasións pero non estiveron acertados, mentres que os locais, a sorpresa desta Copa, acertou a cada chegada e leva para a volta un gran resultado, sabendo, iso si, que non se pode despistar, pois o Cee, o #ReideCopas, vén xa de remontar un resultado semellante ante todo un Castriz.

Empezou máis listo o Seaia e adiantouse moi pronto cun gol de Tato. A partir de aí foise o Cee facendo co control do balón e buscando ocasións por medio de Bruno, Juan e Isma. No minuto 25 os ceenses pediron un penalti do porteiro sobre Piquero, e ata o descanso seguía o acoso ceense, cun remate de Aitor nun córner que saiu un pouco alto e outro de Jorge que conguiu desviar un defensa. Pero na última xogada da primeira parte marca o 2-0 o Seaia nunha contra ben levada por Eme.

Saíu a polo partido o Cee na segunda parte e nos primeiros 10 minutos erraron catro claras ocasións, e ao cuarto de hora da segunda, novo mazazo do Seaia, cun gol de Feli pola escadra no rexeite dun corner. De aí ó final continou o guión, co Cee dominando e cun par de boas ocasións de Bruno e Gabriel pero o gol non chegou.


XSC - Camariñas (7-1)

  • XSC: Iván (Coke, min.60), Cristian (Alberto, min.46), Oscarín (Steven, min.46), Rubio, Aarón, Jota, Choco (Santi Díaz, min.55), Jesús, Joshi, Pablo Baña e Vía Rápida (Kevin, min.46).
  • CAMARIÑAS: Pablo, Denís (Sule, min.55), Piti,Darío, Nico, Pereira, David, Javi (Pablo, min.70), Saviola (Brais, min.65), Ismael (Martín, min.80) e Yuyo.
  • Goles: 1-0, min.5: Vía Rápida; 2-0, min.12: Vía Rápida; 3-0, min.32: Pablo Baña; 4-0, min.35: Pablo Baña; 5-0, min.48: Cristian; 6-0, min.45: Vía Rápida; 6-1, min.70: Yuyo de penalti; 7-1, min.88: Kevin.

Temporal do XSC nun choque no que foi claramente superior ao Camariñas, notándose a diferencia de categoría. Ademais, o cadro de Doro marcou pronto, con dous tantos iniciais de Vía Rápida, que fixeron que os visitantes baixaran os brazos, e nunha primeira metade tremendamente seria e intensa, xa endosaran un set.


Copas da Costa 2015


Crónicas da semana

Torneos estivais

Novas relacionadas

Primeiros títulos colleitados

Máis información

Fonte

Comentarios