De charla e torneo coas xogadoras do Ponteceso FSF

De doble actualidade están as xogadoras do Ponteceso FSF, pois ademais do Torneo de Nadal no que participaron Zeltia e Carla, 4 membros do clube pontecesán realizaron unha charla para nenos no Centro Social de Cabana de Bergantiños.
De charla

Representantes do Concello de Ponteceso FSF deron unha charla a tarde do luns no Centro Social de Cabana de Bergantiños ó grupo de nenos participantes no Campus de Fútbol Base do Cabana SD. Os encargados de falarlle ós rapaces do Ponteceso foron o delegado e entrenador Curro, a meta Salomé, e as xogadoras de campo Ana e Zeltia.
A charla, duns 30 minutos de duración, serviu para que os rapaces souberan por medio dos membros do club, entre outras cousas, como surxiu a entidade, o progreso acadado nestes 4 anos de historia, a dificultade para atopar rapazas e o esforzo que supón sacar un equipo adiante, tanto a nivel económico como de dispoñibilidade de corpo técnico e xogadoras. Tamén souberon de man das xogadoras o bo grupo que forman e o moito que se esforzan por intentar chegar cada día máis lonxe.
Aínda que o básico deste encontro cos rapaces e rapazas de Cabana é saber que, despois das escolas deportivas e cando cheguen a unha idade na que xa non poden competir en equipos mixtos, hai unha oportunidade para as nenas de seguir practicando o deporte que lles gusta sen ter que facer longos desprazamentos.

O Concello de Ponteceso FSF agradécelle ós organizadores do Campus o interese mostrado polo clube e a posibilidade de facer chegar o equipo ás novas xeracións do fútbol sala feminino.
De torneo
As xogadoras en idade cadete do Concello de Ponteceso FSF Bea, Zeltia e Carla, xunto con xogadoras do Grupo Work e do H2O FSF, participan no Torneo Ciudad de Lugo co equipo H2O-Os Meigallos, no que conseguiron a clasificación o pasado domingo para xogar a fase final esta fin de semana. A pesar da derrota contra o Adarve FSF, as vitorias acadadas contra o Leis Pontevedra por 3 a 1 con un gol de Zeltia, e contra o Troula FS cun resultado de 7-2, con 2 goles da pontecesana Zeltia, fixeron que lograras o pase á fase final.
A fase final do Torneo disputarase a mañá do sábado 4 de Xaneiro entre dous grupos de 3 equipos dos cales os dous primeiros clasificados serán os que disputen a final.

Novas relacionadas
- Os Penélopes fanse co Maratón Solidario 3×3 da Cherinkas.
- E Murphi segue xogando contra o Fisober.
- O filial do Fisober esperta e vence na ponte.
- O Villa de Cee FSF acostúmase a gañar.
- O Villa de Cee xa sabe o que e gañar.
- O Ponteceso FSF leva o derbi por goleada.
- O Fisober estreou o Pavillón de Dumbría con vitoria.
- O Concello de Ponteceso FSF quedou cun sabor agridoce.
- Semana feliz para a familia Fisober.
- O primeiro derbi oficial entre Fisober B e Vila de Cee queda en Vimianzo.
- Dúas derrotas e unha vitoria foi o balance da xornada no fútbol sala feminino.
- O Ponteceso FSF arrinca a campaña líder.
- O Fisober arrinca solventando a súa conta pendente: gañar na casa.
- O Ponteceso FSF arrinca un novo curso tras unha durísima pretemporada.
- O Fisober xa quece motores ca Copa Xunta e os amigables do filial.
- O Villa de Cee Novo equipo de futbol sala Feminino.
- As infantís do Ponteceso FSF pechan un ano completo.
- O Ponteceso FSF pecha un ano moi Íntegro.
Fonte
- Nota de prensa do Ponteceso FSF.