mércores. 30.04.2025
El tiempo

División Honra Cadete: Mantendo o ritmo

División Honra Cadete: Mantendo o ritmo
O dumbries Isma rematando ante o Conxo-Foto-Jorge Parri

Un puntiño o que sumaba o Dumbría de Juan Purrúa esta pasada fin de semana no Conco. A pesar da diferencia na táboa, o Conxo, en descenso, fixo unha gran segunda metade e levou 2 puntos a Santiago. O cadro dumbriés queda na 7ª praza tras esta 27ª xornada, aínda con 7 poer diante e moito que traballar, pois o 4º xa está a 6 puntos, metres que o 14º só está a 6.

División de Honra Cadete, xornada 27

11 do Dumbria Cadete ante o Conxo-Foto-Jorge Parri
  • Resultado: Dumbría - Conxo (2-2)
  • DUMBRÍA: Gabriel, Tomás, Rachón, Pablo, Kanario, Jose, Isma (Adrian, min.76), Raúl, Luis (Samuel, min.53), Borja (Mauro, min.53), Miguel (Senlle, min.80).
  • Goles: 1-0, min.6: Miguel; 2-0, min.19: Isma; 2-1, min.38: Julio; 2-2, min.53: Iván.
Juan Purrua con muletes dende o banco-Foto-Jorge Parri

Daba comezo o encontro cun Dumbría moi enchufado e facendo un bo fútbol. A pouco de dar comezo o choque un zapatazo de Miguel desde fóra do área collía ao porteiro adiantado e o balón cóase ao fondo da rede. Subía así o primeiro gol ao marcador para os locais, presumíase un encontro fácil de resolver para os locais xa que pouco despois chegaría o segundo gol tras unha gran cabalgada de Isma que supera ao porteiro cunha gran calidade. Co 2-0 os locais terían algunha ocasión máis que non aproveitaron para resolver o encontro. A falta de 2 min un penalti un tanto rigoroso do porteiro Gabriel faría que o Conxo acurtase distancias e fósense ao descanso cun 2-1 inxusto co visto nesta primeira metade. Xogada clave esta do penalti que metía de cheo ao Conxo no partido con 45 minutos por diante.

E de feito, a segunda metade cambiaría totalmente, xa que o Conxo sairía a por todas e dominaría por completo, sen dar opcións ao Dumbría a sentenciar o encontro. Os visitantes empatarían o encontro e ata tiveron algunha para levarse o partido.

Un dos xogadores destacados neste encontro fué Isma, coas súas internadas por banda que na primeira metade a defensa visitante non era capaz de parar. Vemos na imaxe un remate acrobatico que deixou ao porteiro visitante coa boca aberta.

Crónicas do Dumbría da División de Honra Cadete

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios