Ligas Galegas: O XSC tamén sabe gañar
Por fin. Tras 6 xornadas os 3 equipos costeiros nas Ligas Autonómicas xa saben o que é gañar. Os equipos dumbrieses vencían o maleficio a semana pasada, e tras varias merecendo moito máis, o XSC da Liga Galega Cadete sumaba a súa primeira vitoria na súa visita ao Santiago de Compostela, saíndo con 4 puntos dos postos de descenso.
Tamén vencía o Dumbría da División de Honra Cadete, na saída a Ourense, colocándose na zona morna con 7 puntos.
O que non puido seguir a boa racha foi o Dumbría Infantil, caendo na Coruña e quedando na zona baixa da táboa.
División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, xornada 6
- Resultado: Ourense - Dumbría (0-2)
- DUMBRÍA: Jorge, Josiño, Fabio, Pablo, Raúl, Jose, Ayoze, Marcos Mouro, Brandón, Borja e Luís Lojo. Tamén xogaron: Eloy, Gabri, Esteban e Mario.
- Goles: 0-1, min.43: Luís Lojo de cabeza tras outra xogada a balón parado; 0-2, min.46: Pablo de gran remate de cabeza a unha gran falta botada por Borja.
Soubo aproveitar o seu momento o Dumbría de Juan Purrúa e Joaquín Quintáns para sumar a súa segunda vitoria consecutiva. Arrincaba a primeira metade con bastante imprecisións, nun campo con moita auga e cun Ourense moi forte que non permitía combinar aos dumbrieses. Así e todo os dous tiñan medo a perder e non houbo apenas ocasións. A medida que pasaban os minutos foron dominando máis.
Nada máis saír segunda metade, en 5 minutos sentenciu a balón parado o cadro dumbriés. Un remate de cabeza de Luís Lojo e outro salto impresionante de Pablo daban unha vantaxe imposible de remontar para os locais que se viñeron abaixo, quedando a mercé do dominio total do Dumbría, que pechou o partido cunha xusta vitoria.A ver se consegue enlazar 3 vitorias seguidas.
Liga Galega Cadete, xornada 6
- >Compostela - Xallas StComba (0-1).
- XSC: Rubén, Rubén Suárez (Brais), Alberto, Pablo, R, Carlos Baio, Raúl, Manuel (Guillín), Carlos Rieiro, Juan Lois (Heitor) e Grille (Mosteiro).
- Gol: 0-1, min.18: Grille.
Xusto e sufrido triunfo do XSC de Corredoira no terreo de xogo da SD Compostela, nun partido marcado polo forte vento. Na primeira metade, co vento a favor, os xalleiros gozaron de boas oportunidades para conseguir unha maior vantaxe que o 0-1 materializado por Grille, pero unha vez máis as súas atacantes non viron porta. O seu dominio foi absoluto, cun Compostela incapaz de superar a presión e o traballo dos verdenaranjas.
Na segunda metade, o Compos adiantou un pouco as súas liñas, intentando aproveitar o aire a favor, pero foi o XSC o que contou coas mellores ocasións de gol, sobre todo nun man a man de Carlos Rieiro que non acertou ante o meta local.
O bo labor de contención dos visitantes fixo que o Compostela non gozase de ningunha ocasión clara e a súa mellor oportunidade foi un lanzamento que detivo sen maiores problemas o meta Rubén.
Ao final, un merecido triunfo do Xallas de Santa Comba que suma a primeira vitoria da tempada ante un rival que segue na última praza da clasificación.
Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría, xornada 6
- Resultado: Orillamar - Dumbría (3-0)
- DUMBRÍA: Juan (Breo, min.60), Xan (Sestayo, min.70), Samuel, Toni, Sergio, Ezequiel (Sebas min.55), Adrián, Brais Fdez, Hugo (Berto, min.41); Alex (Brais Mtnez, min.55) e Brais Tajes.
Madrugón de domingo para o Dumbría, e derrota na Coruña fronte a un Orillamar que tivo mais efectividade nas suas accions de ataque, aínda que no búmero de ocasións o partido estivo igualado. Durante o primeiro tempo era tal, que apenas os porteiros tiveran que intervir. Tan só o cancerbeiro coruñes tivo que responder cunha boa estirada, a unha falta ben lanzada por Adrian. O Orilla creou incertidume nun corner que se paseou por toda a área sin que atacantes nin defensores foran quen de convertirla nin neutralizala.
Mediado o primeiro acto, o Dumbría asentouse, cun Brais Fdez dono do tempo do partido e encontrando nas chegadas de Brais Tajes a profundidade necesaria para poder marcar. Cando mellor parecia estar o equipo costeiro, a falta de 6 min para o descanso, unha perda de balón visitante no seu campo, propiciou unha rápida combinación dos puntas coruñeses, e o seu 1° gol. O partido chegou o descanso coa sensación de que o Orilla conseguira demasiado botín.
Na reanudación, Conde e Huelvis adiantaron a posicion de Xan, na búsqueda de maior creatividade cerca da área rival. O partido seguía na tendencia de igualdade, ainda que os locais se defendian mais e buscaban roubar e salir. Asi chegaba o 2°. Roubo no medio, conducción rápida e, o punta local, aproveitábase dunha posicion moi dubidosa dentro da área para darlle maior renda.
Pero non parecia definitiva, porque o Dumbría estirouse. Adrián creaba perigo en cada acción e varios tiros rondaron o marco do Orilla. A mellor ocasión saiu dunha magnífica arrancada de Brais Mtnez, que deixou atrás a zaga azul, e só diante do porteiro, optou polo tiro antes que polo pase e no man a man ganou o porteiro. Na contra consiguiente, caiu o terceiro local, e a remontada que parecia posible, converteuse en imposible.
Crónicas das Ligas Autonómicas – Aluminios Dumbría
- X.5: Dúas vitorias que puideron sen tres.
- X.4: Merecendo máis.
- X.3: Mala sorte.
- X.2: Primeiros puntos, pero faltan os goles.
- X.1: 3 severas derrotas pero boas sensacións.
Máis información
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Altas e Baixas do #FútboldaCosta 2014/2015.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Crónicas da semana
- 3ª Autonómica: O Ameixenda tamén gaña sufrindo.
- 2ª Autonómica: O Castriz aproveita os líos dos rivais.
- 1ª Autonómica: Os líderes da 1ª son da Costa.
- Preferente: O Dumbría despega e o XSC aterra.
- Análise e resultados desta xornada de anticiclón no Fútbol da Costa.
Novas relacionadas
- 5 xornadas e xa temos o primeiro relevo nos bancos do Fútbol da Costa.
- Da carta de liberdade nas categorías inferiores.
- Farase finalmente o Curso de Adestradores Nivel 1 en Carballo.
- A Escola de Tecnificación do At. Madrid volve abrir as súas portas.
- Os clubs poden cambiar os horarios nas categorias inferiores sen avisar ao rival.
- Lista dos pichichis da Costa.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).