O Fisober busca conquistar España esta fin de semana

Como fixera para intentar acadar o título de liga (con rotundo éxito), a ex xogadora vimiancesa Andrea Sendón vén de preparar este vídeo para motivar ás mozas soneiráns de cara ao Campeonato de España. I é que o Fisober C. Vimianzo disputara esta fin de semana o Campeonato de España de clubs de fútbol sala representando a Galicia.
Un Campionato que lamentablemente para elas se celebra na Coruña (co que prestan estas viaxes por España adiante en equipo...) Pero así e todos, a expedición vimiancesa se aloxará no Hotel Riazor ao longo da fin de semana. Esta é a convocatoria dos técnicos Iván Chans (Vimianzo), Luis Sambad e Fran Toba (Muxía):
- Porteiras: Paula Lema (Vimianzo) e Eva Lema (Muxía)
- Xogadoras: Ana Mouzo e Noelia García (Vimianzo), Patri Romaní, Barca Toba e Nuria Paz (Muxia), Ylenia Rodríguez (Corcubión), Alba Cambeiro (Carnota), Myrella Ventura (Ponteceso), Olalla Veres (Corme) e Elsa Souto (Sofán)
Campionato
Os partidos disputaranse no Pavillón dos Rosales e o equipo da Costa da Morte esta encadrado no Grupo 2 xunto co campión do Pais Vasco e o campión de Extremadura, no Grupo 1 están o campeón de Valencia (L´Alcora), o campión de Castela León (CD Unión Tudela) e o campión de Castela la Mancha (Villa – Alba FSF)
Os horarios dos partidos son os seguintes:
- Viernes 15 ás 19:00 h: Fisober C. Vimianzo vs Berezi 99 (Pais Vasco)
- Sábado 16 ás 11:30: CF Emeritense vs Perdedor do partido do venres.
- Sábado ás 19:00 h: CF Emeritense vs Vencedor do partido do venres.
- Domingo 17 ás 10:00 h no Palacio de Deportes de Riazor: Final.
#AleFisoberAle!!!
Crónicas da campaña 2011-2012
- O Fisober segue facendo historia e está a un só paso da Copa Autonómica.
- O Fisober deixa o pase á final da Copa para a volta e as infantís de Ponteceso soben ao podio provincial.
- O Fisober pasa a semis da Copa Autonómica a pesar da relaxación.
- 4 pontecesás á Selección Coruñesa de FS mentres o Fisober comeza a Copa.
- O Fisober comeza a Copa.
- Festa do fútbol feminino en Vimianzo.
- Patri Romaní á Selección Galega de Fútbol Sala.
- O Fisober fai historia.
- O Fisober acariña o ceo.
- O Fisober achégase á gloria.
- O Fisober supera, de vermello, as súas Meigas.
- O Fisober segue líder.
- Non descansa o Fisober.
- O Fisober segue implacable na Liga Autonómica.
- O Fisober B supera de novo ao Concello de Ponteceso FSF.
- O Fisober segue líder en Autonómica e A Salina vence ao Ponteceso na Provincial.
- O Fisober tamén gaña sufrindo e mantén o liderato da Liga Autonómica.
- O Ponteceso FSF consegue a súa primeira vitoria da temporada na Liga Provincial.
- O Fisober, campión de inverno da Liga Autonómica.
- O Fisober remata o ano líder da Liga Autonómica mentres en Camariñas se volca co FS.
- Ponte de derbis no fútbol sala costeiro.
- Unha primeira metade para esquecer rompe a racha do Fisober.
- O Fisober xa é líder en solitario tras unha remontada de cine.
- O Fisober segue facendo historia na Liga Autonómica.
- O Fisober non deixa o mando da Liga Autonómica.
- O Fisober no máis alto da Liga Autonómica.
- Un gol de Barca e a gran actuación de Eva na portería bastaron para superar ao Sada.
- Comezou a Liga Provincial con derbi e derrota vimiancesa.
- O Fisober celebra con vitoria do debut de Nuria Paz.
- O Fisober non puido co campión de Liga.
- O Fisober comeza o curso cunha vitoria apretada.
Máis novas
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).
- Nota de prensa do Fisober da man de Fran Toba.
